Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige

Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige
Pedro Trepat é o avogado de Nunca Máis no Xuizo do Prestige

Parece que non serán polos mesmos motivos pero a sentenza do Prestige non gusta a ninguén. Nin se quera ao goberno central, nin á Xunta, que en calquera caso sacaron peito entendendo que a sentenza ratifica a súa "boa conduta" naqueles tráxicos días.

O caso é que o Goberno vai presentar un recurso para "atacar" a absolución do capitán do buque e buscar que haxa responsabilidades civís polo desastre. Unha manobra que dende o PSOE califican de "recursiño". A idea, e ata parece razonable, é recuperar parte dos millóns de euros que custou combater a catástrofe.

A que parece que van presentar unha denuncia importante será a Plataforma Nunca Máis, que chegará ata o tribunal europeo de Estrasburgo para "denunciar a aldraxe do Prestige". Van presentar recurso de casación perante o Supremo español pola sentenza da Audiencia da Coruña que deixa sen culpables á meirande catástrofe ecolóxica da historia recente de Europa.

Nunca Máis entende que "as responsabilidades dunha catástrofe ecolóxica que puxo en perigo a saúde dos cidadáns e do ambiente nas costas de tres estados europeos (e a consecuente vulneración dos dereiros á saúde e a un ambiente san de milleiros de persoas) deben ser dirimidas no Tribunal de Xustiza de Estrasburgo".

Seguemento especial do Prestige

Artigos relacionados co Prestige

Fonte

Fonte

Comentarios