Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O debate sobre a minaría tóxica está aberto

O debate sobre a minaría tóxica está aberto
Conferencia sobre minaria toxica en Carballo

Xa está na mesa de debate. O proxecto da mina de ouro de Corcoesto está en boca de todos e os foros son cada vez máis abertos. O pasado sábado Carballo acollía a primeira dunha longa sesión de charlas polos concellos da zona así como os centros de ensino, un gran xeito de levar a información a xente que os medios non queren contar.

No evento, celebrado o sábado pola tarde no Pazo Municipal de Cultura de Carballo e organizado por veciños de Bergantiños de maneira informativa e apolítica, tratáronse temas relativos aos valores naturais da bisbarra, a historia do ouro en terras galegas e os impactos das novas tecnoloxías mineiras de explotación a ceo aberto no medio ambiente e na saúde das persoas.

Unhas 40 persoas acudiron á sesión, celebrada baixo o título de "Ouro Impuro" e estructurada en tres partes diferenciadas. A primeira foi un achegamento a algúns dos valores que definen á Costa da Morte coma un dos puntos senlleiros da natureza en Galicia. A continuación, fíxose unha evolución das tecnoloxías mineiras do ouro dende épocas antigas ata a actualidade, profundizando na chegada da minaría a ceo aberto e os procedimentos empregados pola industria.
Así, foron tratados temas como o emprego de cianuro de sodio nas explotacións mineiras, o impacto das xigavoaduras, ou os problemas derivados da drenaxe ácida de mina e os metais pesados coma o arsénico na saúde do entorno e das persoas.

Finalmente, foi proxectada unha reportaxe sobre a chamada 'febre do ouro' en Asturias, antes de dar paso a unha rolda de preguntas por parte dos asistentes.

O proxecto da mina de ouro de Corcoesto

Ao final da conferencia e durante o turno de preguntas, foron tema destacado os posibles problemas que podería orixinar na zona a mina de Corcoesto en Cabana de Bergantiños, especialmente porque o proxecto mineiro da canadense Edgewater Exploration non contempla un seguro de resposabilidade que cubra económicamente de maneira integral o pior accidente posible, e os camións de transporte de cianuro, sustancia altamente tóxica, teñen que pasar polo concello carballés para satisfacer a elevada demanda que necesitaría a mina durante a súa vida útil de operación, de 1'49 toneladas métricas por día.

Asimesmo, tratáronse os impactos sobre a saúde das personas deste tipo de explotacións mineiras, presentando datos concluíntes de estudos médicos, nas rexións de Catamarca na Arxentina ou de Guerrero en México, onde as tasas de diversos tipos de cancro (especialmente de pulmón e de mama), disparáronse tras a instalación de complexos mineiros semellantes aos que se queren instalar en Corcoesto.

Cómpre lembrar que ademais de Corcoesto, Zas e Santa Comba tamén están amenazados con proxectos mineiros a ceo aberto. E sobre o ouro de Santa Comba, esta é unha das mellores pezas de ouro galego antigo. Ten 4000 anos de antigüidade en pertence a chamado "Tesouro de Cícere", atopado en Santa Comba e hoxe exposto na Coruña no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón.

Tesouro de Cícere atopado en Santa Comba

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notade prensa da Plataforma en Defensa de Corcoesto.

Comentarios