As protestas dos traballadores de XEAL ata a porta do Parlamento Galego

Desprazáronse este mércores os traballadores de XEAL ata Santiago de Compostela para berrar ben alto diante do Parlamento Galego, as premisas que veñen sacando a rúa varios anos: “Os Fornos non se pechan” ou “as nosas centrais non se venden” foron os cánticos que o grupo de traballadores realizou no marco das mobilizacións en rexeitamento ao segundo e ilegal ERTE imposto pola dirección, pero tamén para esixir á Xunta de Galicia que interveña, que faga algo ante o desmantelamento das fábricas. Unha parálise progresiva da actividade industrial que só pode levar cara uncamiño: á segregación.
De aí que o papel da Xunra sexa clave para esixir o Plan de Viabilidade que obriga as cláusulas de vinculación da concesión dexeración hidroeléctrica coa produción de ferroaliaxes e o consecuente mantemento dos postos de traballo nas fábricas de Cee e Dumbría.
Debate no Parlamento
A visita coincidiu coa pregunta presentada, no seo do Parlamento, polo BNG sobre o asunto. Un BNG, que pide á Xunta que exerza as súas competencias e que se comprometa a ratificar que non haberá segregación de actividades.
”O que debería ser un complexo industrial modélico “está en risco de desaparecer por causa das manobras do grupo de Villar Mir que leva anos tentando segregar as centrais da actividade industrial de ferroaleaxes e, por iso, ninguén entende que a xunta permitirse alegremente o cambio de titularidade da empresa e da explotación das centrais a un fondo americano vinculada con Ferroglobe, nin o persoal nin ninguén na Costa da Morte”, alegou na súa intervención o voceiro industrial do grupo.
Os deputados do BNG Ramón Fernández e Daniel Pérez cos traballadores de XEAL
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- 16-10-2020: Conflito XEAL: Outro venres máis na rúa.
- 10-10-2020: As mobilizacións dos traballadores de XEAL poñen o foco na Xunta.
- 07-10-2020: Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”.
- 02-10-2020: O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas.
- 25-09-2020: “O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”.
- 25-09-2020: Os traballadores de XEAL extenden ao Ézaro as súas protestas contra un ERTE "ilegal”.
- 22-09-2020: Os traballadores de XEAL volveron saír en rúa en contra do ERTE e do desmantelamento das fábricas .
- 18-09-2020: Os traballadores de XEAL retoman as mobilizacións.
- 17-09-2020: Os sindicatos critican o ERTE de XEAL e acusan á empresa de "facer inviable o centro de traballo" para conseguir a segregación.
- 17-09-2020: XEAL estende o ERTE ata febreiro de 2021.
- Xullo 2020: Os traballadores de XEAL volveron á rúa.
- Xullo 2020: Rematou o ERTE de XEAL pero a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade .
- 15-05-2020: O Comité demanda o ERTE de XEAL por consideralo “fraudulento”.
- 22-04-2020: O comité rexeita o ERTE de XEAL por consideralo "fraudulento”.
- 13-04-20: O Comité de XEAL pide aos alcaldes compromiso ante o ERTE.
- O Comité de XEAL denuncia que a dirección mantén traballando persoal de grupos de risco.
- 10-03-2020: XEAL explicou, cos traballadores na rúa, o seu plan de futuro aos rexedores da comarca.
- 05-03-2020: O comité de Ferroatlántica pídelle implicación real aos alcaldes e alcaldesas da comarca.
- 02-03-2020: O persoal de Ferroatlantica mantén o calendario de mobilizacións contra o desmantelamento das fábricas.
- 20-02-2020: O Comité de Ferroatlántica considera un acto progapandístico o cambio de nome.
- Febreiro 2020: Ferroatlántica ata cambia de nome.
- Febreiro 2020: Os traballadores de Ferroatlántica volveron concentrarse ás portas da fábrica de Brens.
- Febreiro 2020: As fábricas de Ferroatlántica están ao 30% da súa capacidade de fabricación.
- 02-02-2020: Unha nova concentración baixo a auga con triple obxectivo.
- Xaneiro 2020: 17 novos despedimentos caldean o amibiente para a nova concentración dos traballadores de Ferroatlántica.
- Xaneiro 2020: Os Traballadores de Ferroatlántica volven á rúa este venres.
- Xaneiro 2020: Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensivs.
- Decembro 2019: Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción.
- Decembro 19: Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas.
- Novembro 2019: Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH.