Os traballadores de Ferroatlántica unen forzas e trasladan as súas loitas ás cidades

Este vindeiro luns 20 de maio, os traballadores das empresas electrointensivas do país (Alcoa Coruña e San Cibrao, Ferroatlñantica Sabón e Cee-Dumbría, e Celsa Atlantic) unen as súas loitas nunha concentración diante das Consellerías da Xunta de Galicia. San Caetano recibirá a visita de milleiros de traballadores de todo o país a partir das 11:00h, nunha cita na que Xuntos piden unha “Tarifa Eléctrica competitiva para a industria electrointensiva”.
Escoitaranse, seguro, cánticos de “Solución enerxética Xa!” e “Na defensa dos postos de traballo”.
Concentración por Ramos![Manifestacion por Rmoas da CIG Ferroatlantica]()
Paralelamente, a CIG-Industria realizará unha concentración este mércores ás 11:00h diante dos Xulgados da Coruña, na Rúa Monforte, coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento do compañeiro Ramos, traballador das centrais hidroeléctricas de Ferroatlántica a quen a dirección despediu por un comentario que fixo nunha rede social, fóra do ámbito da empresa. P
Para a central sindical esta medida é absolutamente desproporcionada e inxustificada e, en calquera caso, o escrito polo traballador enmárcase no seu dereito fundamental á liberdade de expresión, dereito que a empresa está a vulnerar coa súa decisión. Cómpre salientar que Ramos foi membro do comité e actualmente forma parte da sección sindical da CIG.
Novas do co conflito #Ferroatlántica
- 10-05-19: Traballadores de Ferroatlántica maniféstanse contra a posible “segregación encuberta” das fábricas e as centrais.
- 25-04-19: O Comité de Ferroatlántica denuncia que a empresa volve intentar a venda ilegal das Centrais Hidroeléctricas.
- 15-04-19: As mobilizacións volven a Ferroatlántica trala escisión das factorías do grupo.
- 01-04-19: Os traballadores de Ferroatlántica esperan unha posición moito máis firme da Xunta.
- 29-03-19: O desconcerto laboral cabrea aos traballadores de Ferroatlántica.
- 27-03-19: O Parlamento únese para defender aos traballadores de Ferroatlántica sen danar á empresa.
- 26-03-19: O mutismo de Ferroatlántica segue encendendo ao Comité.
- 13-03-19: O Comité de Ferroatlántica pídelle a López Madrid que veña a negociar o ERTE á Costa da Morte.
- 02-03-19: Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid.
- 28-02-19: Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica.
- 26-02-19: “Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE”.
- 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica.
- 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE.
- 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais.
- 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando.
- 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE.
- Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros.
- Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado.
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas