Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Traballadores de Ferroatlántica uníronse á loita común das industrias electrointensivas

Traballadores de Ferroatlantica manifestandose en Santiago
Traballadores de Ferroatlantica manifestandose en Santiago
Traballadores de Ferroatlántica uníronse á loita común das industrias electrointensivas

Ata Santiago desprazáronse un importante número de traballadores das fábricas de Brens e Dumbría, para unir forzas co resto de traballadores das industrias electrointensivas de Galicia. Xunto a eles, os de Alcoa Coruña; Ferroatlántica Sabón; Alcoa San Cibrao e Celsa Atlantic participaron nunha manifestación pola dura crise que está atravesando o sector siderúrxico e en protesta pola inacción en materia de política industrial do goberno central e da Xunta. Unh manifestación que remataba en San Caetano, onde se producía ao mesmo tempo unha reunión entre os presidentes dos respectivos comités e o conselleiro de Industria, Francisco Conde.

Unha reunión na que os representantes dos traballadores lle transmitiron a urxente necesidade de que o estatuto electrointensivo se aplique e se mellore canto antes porque “a industria está en risco”, explícanos Juan Villar, da CGT. “España en si está nunha illa enerxetica e é prioritario ter enlaces con Europa para así poder mercar noutros países a enerxia, e mentres se terá que bonificar a industria española para así poder ser competitivos co resto dos países europeos”, valora.

Solicitaron facer un fronte común político a nivel estatal para facer forza en Europa.

Os membros da CIG reincidiron na necesidade dunha “tarifa eléctrica competitiva para a industria electrointensiva e exixiron que se garantan todos os postos de traballo”.

Traballadores de Ferroatlantica na manifestacion por unha industria electrointensiva competitiva

Manifestacion pola industria electrointensiva

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios