Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Veciños de Corcoesto denuncian á Mina por danos nos seus montes

Veciños de Corcoesto denuncian á Mina por danos nos seus montes

Veciños de Corcoesto veñen presentar unha denuncia polos danos realizados nas súas parcelas de monte afectado, por parte da empresa Mineira ante as Autoridades da Garda Civil, que se persoaron nos montes afectados para constatar os feitos e tomar as imaxes que acompañan as dilixencias da infracción penal contra Mineira de Corcoesto.

O primeiro contacto dos afectados coa empresa Mineira a raíz destas prácticas foi para requerila a que se retirasen unhas cintas de demarcación dentro de tres montes da súa propiedade no lugar de Baralláns, no linde das concesións mineiras, das que tiveron constancia no pasado mes de decembro. A empresa Mineira, segundo denuncia a Plataforma en Defensa de Corcoesto, "non só fixo caso omiso deste primeiro requerimento, senón que a maiores colocaron con posterioridade e descoñécese se tamén con nocturnidade, unhas estacas con inscripcións para a súa posterior identificación dentro das mesmas propiedades".

Ao segundo requerimento telefónico dos afectados aos representantes da empresa Mineira para a reposición do dano, "a resposta foi instar aos propietarios a facelo eles mesmos, ou tomar as medidas pertinentes", denuncian.

Recordan que "Mineira de Corcoesto debe contar co permiso por parte dos propietarios dos montes afectados previo á ocupación ou á utilización dos seus bens". E explican que veñen realizando estas prácticas para toda clase de actividades de investigación, catas...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios