Máis de 1.000 explotacións agrogandeiras veranse afectadas pola mina de ouro de Corcoesto


Ou alomenos aslí o asegura o Sindicato Labrego Galego nun comunicado que envía hoxe, no que "rexeita o proxecto mineiro de Corcoesto por poñer en perigo a continuidade dun milleiro de explotacións agrogandeiras na zona".
A entidade fixo balanzo cos datos obtidos do Instituto Galego de Estatística do 2009, referentes ao número de UTAs (unidades de traballo agrícola por ano) nas explotacións agrogandeiras de Cabana (404), Coristanco (596) e Ponteceso (349), con máis de 1.350 postos de traballo reais. Así, son máis de 1.000 as que sufrirían un "irreversible impacto" da mina de ceo aberto.
Tal e como teñen denunciado organizacións ecoloxistas, a actividade mineira para extraer ouro en Corcoesto suporía, "durante os dez anos de explotación prevista: a expropiación ou adquisición directa de 773 hectáreas de terras, o consumo de 2.800 millóns de litros de auga, a xeración de máis de 17 millóns de toneladas métricas de refugallos tóxicos, ou a utilización de unha tonelada e media de cianuro de sodio cada día".
A isto habería que "engadir o impacto medioambiental que causarían as voaduras (238 por ano), que poden esparexer partículas contaminantes nun radio de trinta quilómetros".
Así, consideran evidente que "todo isto supón unha seria ameaza para a actividade agrogandeira da bisbarra que, como moitas outras do rural galego, ten boa parte do seu peso económico baseado nos sectores primarios. Lembran ademais que os terreos afectados "están incluídos na subzona de Bergantiños da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia".
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- 09-01-13: AGE insta á Xunta a facer un Plan Económico alternativo á mina de ouro de Corcoesto.
- 04-01-13: Alertan sobre o risco de destrozar o Esteiro do Anllóns e propoñen alternativas económicas á mina de Corcoesto
- 02-01-13: O debate sobre a minaría tóxica está aberto.
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa".
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notade prensa dae AGE.