Alertan sobre o risco de destrozar o Esteiro do Anllóns e propoñen alternativas económicas á mina de Corcoesto


Pode que o marabilloso espectáculo do Esteiro do Anllóns estea ne perigo. Iso o que denuncia a Sociedade Galega de Historia Natural no seu último comunicado sobre a mina de ouro de Corcoesto. I é que o debate xa está nas rúas, a pesar dos intentos das administracións por agochalos, e as Plataformas conservacionistas propoñen alternativas de emprego, considerando que o proxecto mineiro non evitará o despoboamento do rural costeiro.
Que Corcoesto non sexa o segundo Aznalcollar
No 1998, a rotura da balsa de residuos mineiros de Aznalcóllar, preto de Sevilla, provocaba unha gran catástrofe medioambiental no río Guadiamar, cun verquido de 2 millóns de m3 de lodos e 4 millóns de m3 de augas ácedas. Precisamente dende a SGHN consideran que a Xunta non tomou en consideración na polémica Declaración de Impacto Ambiental este posible risco de rotura da balsa mineira.
A SGNH denuncia que a balsa de residuos de Corcoesto será 3 veces maior que a de Aznalcóllar, polo que en Corcoesto habería un risco potencial dun verquido que duplícase en volume ao de Aznalcóllar e xerase unha onda de lodos e augas tóxicas considerablemente máis alta e máis rápida e, polo tanto, máis destructiva, superando as ondas os 4 metros de altura.
Polo tanto, se rebentase a balsa de Corcoesto estando chea podería provocar unha enchente entre dúas e catro veces maior que a máis grande das enchentes rexistradas na bacía do Anllóns nos últimos dous séculos. Ademais, unhas 17 toneladas de lodos cubrirían varios metros de todo o Esteiro.

Alterantivas de emprego ao Proxecto Mineiro
Xa escoitamos as propostas enfocadas ao turismo que enviaba a Plataforma Salvemos Cabana. Hoxe a Plataforma en Defensa de Corcoesto asegura que "o proxecto mineiro non evitará o despoboamento da Comarca de Bergantiños", e propón "alternativas de emprego".
A entidade recorda o "fracaso Polígono Industrial de Nantón" e consideran que "os 271 postos de traballo que se recollen no proxecto da empresa mineira non se xustifican debidamente, de maneira que non se sabe cal vai ser a duración no tempo de cada un deles e moito menos que estes postos (a meirande parte de alta cualificación técnica) vaian a ser cubertos por veciños e veciñas da zona".
"Nós entendemos que, a medio prazo, o impacto socioeconómico vai ser negativo, xa que, unha vez rematadas as labores mineiras, a zona quedará totalmente degradada, e incluso no mellor dos supostos, os recursos primarios dos que vive agora (forestal, agrogandeiría, pesca, marisqueo) dificilmente poderán ser explotables, ao quedar as augas das que se nutren algunhas destas actividades contaminadas, tal e como se recolle no estudio do CSIC".
Apuntan datos de descenso de poboación: "Nos concellos afectados por proxectos mineiros, no período 2005-2010, o descenso de poboación estivo entre o 6,71% e o 7,84%. Nese mesmo período en Belmonte de Miranda, Asturias, o descenso de poboación foi do 15,31%".
E propoñen alterantivas ao emprego:
- Aproveitamento dos recursos hortofrutícolas.
- Centro de recuperación de especies autóctonas.
- Granxa vacuna de carne.
- Explotación dos recursos micolóxicos.
- Formación e rehabilitación de vivendas con criterios de bioconstrucción.
- Turismo rural.
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- Lorena en Verde: O espectáculo do estuario do Anllóns.
- 02-01-13: O debate sobre a minaría tóxica está aberto.
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa".
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notade prensa da Plataforma en Defensa de Corcoesto.