Sábado. 05.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Baio é moito líder

1ª Autonómica: O Baio é moito líder
O Baio pode co Corme-Foto-Santi Soneira

Moito líder é este Baio. Onte demostrou estar un punto por riba dun gran Corme, nun choque no que o mellor estado físico dos locais foi clave. Se o Corme queda con 11 puntos na 8ª praza, os baieses suman 19 puntos, dous máis que todo un Sofán espectacular, que sumaba a súa primeira vitoria fóra da casa, ata onte, o seu único debe neste impresionante comezo de campaña.

Pola zona baixa, as boas novas protagonizounas o Malpica que, con caras novas, sumaba a primeira vitoria da tempada, que se ben non lle serve para saír dos postos de descenso, si que confirma a melloría do equipo dende a chegada de Baña.

Non sumou o Soneira en Piloño a pesar de merecer moito máis, nin tampouco a Esteirana, que aínda non coñece a vitoria esta campaña.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 8


Baio - Corme (3-0)

11 do Baio ante o Corme-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani, Jose (Santi Díaz, min.73), Porto, Mario, Eloy, Fachal (Brais, min.57), Bieito, Martín (Yago, min.63), Alberto (Saleta, min.78), Christian e MC.
11 do Corme en Baio-Foto-Santi Soneira
  • CORME: Suso, Adolfo, Dani (Jesús, min.60), Pandi, Alejandro, Brais (Brais Torrado, min.87), Diego, Juan Chans, Lucas (Antoniño, min.82), Toniño (Joshua, min.75) e Alejo.
  • Goles: 1-0, min.39: Fachal remata un centro de MC tras un balón que non despexa a córner a defensa; 2-0, min.63: MC de vaselina tras roubar un pase a Suso; 3-0, min.79: MC.
Baio e Corme-Foto-Santi Soneira Capis do Baio e Corme-Foto-Santi Soneira

Venciu o líder, o poderoso Baio, que demostrou estar fisicamente un punto por riba do Corme, i é que os adestramentos se teñen que notar. Ademais, está tendo menos sorte o Corme, que ao principio de tempada, tanto arriba como abaixo, e de feito, se fallou un par de ocasións na primeira metade, os dous primeiros goles baieses foron evitables.

Quedaban apenas 5 para o descanso cando despois dun córner o balón vaise cara a liña de fondo e un defensa, no canto de despexar permite que MC chegue e meta de novo o balón á ola, que remachaba Fachal para facer o 1-0.

Presinou o Corme na segunda, chegando algo máis, e a base de fútbol e fe tivo ao Baio 15 minutos contra as cordas. Pero MC sentenciaba o partido nun novo erro cormelán. Suso intentaba pasarlle o balón a un compañeiro, pero o balón quedaba curto e MC segundo lle viña colocou o balón cunha fermosa vaselina na porta cormelá.

Acabou aí o partido, pero MC tivo tempo para facer o seu segundo da tarde e 5º da tempada.

MC pelexa con Pandi-Foto-Santi Soneira

Unión - Sofán (0-1)

Raul controla no Union-Sofan-Foto-SD
  • SOFÁN: Bugy, Sito, Javi Souto, Félix Garrote, Rubén, Martín, Míchel, Iván Rojo (Cristian Mendez, min.89), Bertín (Seo, min.80), Leilán (Chechu, min.75) e Raúl (Luís, min.70).
  • Gol: 0-1, min.41: Raúl remata de cabeza adiantándose á defensa un centro de Martín.
Raul fallou dende os 11 metros-Foto-SD

Por fin o Sofán consegue unha vitoria lonxe do Carral, despois desta traballado e merecido en Rianxo. Os carballeses levou o peso do partido, tivo as mellores ocasións e soubo recuar na segunda para manter o resultado con firmeza.

Mandou dende o comezo o cadro de Josito, tendo a posesión, ante un replegado Unión que só buscaba as contras. Tivo o gol Raúl pero o meta local lle facía un paradón a un penalti. Pero resarciuse e a 5 para o final, meteu a cabeza a un centro de Martín facendo subir o 0-1 ao marcador.

Máis trabado foi o segundo tempo. Os carballeses souberon nadar e gardala roupa, e mantiveron ao cadro local lonxe da meta de Bugy. De feito, o meta da SD só tivo que empregarse nunha doble ocasión, na que respondeu como os grandes.

Cómpre resaltar o debut do extremo dereito carballés Chechu.


Piloño - Soneira (2-0)

Pilono-Soneira-Foto-Oscar Basalo
  • SONEIRA: Anxo, Pichi, Fran de Urroa, Mayor (Chans, min.62), Maikel, Sandelo (Figueroa, min.55), De la Sierra, Richi, Basti, Javito (Brais Triñanes, min.68)e Nazo.
  • Goles: 1-0, min.20: nun man a man con Anxo; 2-0, min.75: nunha contra.
Pilono-Soneira-Foto-Oscar Basalo Volveu de baleiro o equipo de José Ángel e Basalo de Piloño. E iso que comezaba forte o Soneira, con dúas accións de Javito que salvou milagrosamente o meta local cando cantaban gol os costeiros. Tardou en chegar o Piloño ata o min.20 pero na súa primeira ocasión, Anxo non pode salvar o man a man. Un Anxo que salvaría pouco despois o segundo tiro lonxano sen complicacións. Puido Javito empatar o choque ao fío do descanso pero o seu tiro tras unha boa internada saíu demasiado cruzado.
Remataba así, a primeira metade, co inxusto marcado tralas boas ocasións visitantes e o gol na practicamente única chegada dos locais.

Asumiu o control do balón o Soneira na segunda, pero non podía adentrarse na rede tecida pola defensa local.. Cos cambios conseguiu máis profundidade, pero cando mellor estaba o cadro soneirán, achuchando arriba, nunha contra matou o partido.

Villestro - Esteirana (2-1)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Sui, Uru (Pabliño, min.63), Álex, Saúl (Juan, min.65), Andel (Pesco, min.65), Maseiras (Bolo, min.87), Simón, Adrián e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.2; 1-1, min.60: Róber Pladur de cabeza. 2-1, min.87.

Non deu consumado un resultado positivo a Esteirana nun campo que se lle dá ben, pois xa gañou a tempada pasada nel, contando ademais cunha masiva afluencia de siareiros blaugranas. Nesta ocasión non puido traer nada positivo e como todos os equipos de abaixo está en dinámica negativa e pequenos erros condena ós da ría a pechar a clasificación de 1ª Rexional.

Os locais aproveitaron iso dos goles psicolóxicos e bastoulles para levarse os tres puntos, pois marcaron no minuto 1 e no 87 e despois os de Esteiro levaron o peso todo do partido, poñendo o xogo e as ocasións. Incluso un gol anulado na primeira, outra de Simón tras rexeite e unha falta de Andel foron as máis claras. Na segunda metade foron os visitantes a polo partido e non acertaron de cara a porta, agás no 60' que marca Rober dun bo cabezazo tras centro. Sí o fixo a balón parado e contra o final o final o Villestro matando as ilusións dos da costa. Xa no desconto un man a man de Álex é sacado con acerto polo porteiro impedindo así o empate da Esteirana.

Non tivo sorte o cadro esteirán que esta semana perdía ademais a MJ, Manu Trillo, meta en idade xuvenil que xogaba cos dous equipos.


Flavia - Malpica (1-2)

Flavia-Malpica-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Pablo Díaz, Mario Alberto, Juanjo Rabuñal, Alemán, Joel Pereiro, M. Maradona (Petís, min.91), Cololo, Diego Alonso (Rodrigo, min.72), Kevin (Cheo, min.64).
  • Goles: 1-0, min.71; 1-1, min.75: Cololo remacha tras un balón peiteado por Cheo; 1-2, min.90: Rodrigo tras pase de Cheo.
Flavia-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Caras novas no equipo de Baña e a primeira vitoria da temporada. O herculino Cololo, volve ao Fútbol costeiro, xa pasara polo Carnota entre outros, para aportar veteranía ao ataque malpicán. Ao igual que Cheo, que voltaba despois dunha temporada fóra por traballo.

Foi nun choque moi tenso, de moito xogo no medio do campo e apenas ocasións de gol. Un partido de toma e daca, sen espazos e con moita intensidade, característica que vén diferenciando ao equipo de Baña.

Non se movería o marcador ata os últimos 20 minutos, cando chegan as primeiras ocasións. Pegaba o Flavia primeiro, cun aviso que paraba Pombo, non pudo evitar que os de Padrón meteran a segunda delas de cabeza tras unha xogada a balón parado. E pouco despois, e tamén en xogada de estratexia, Cololo estreábase tras un balón que templa Cheo a centro de Adrián. O equipo padronés foise arriba, foi polo partido, e cando máis volcado estaba, xa no 90, unha contra enviada por Joel era finalizada por Rodrigo para quedar con 3 puntos vitais que deixan ao Malpica con 6.

Agora o Malpica afronta tres complicados derbis costeiros consecutivos, o Baio en Pedra Queimada, o Corme no Cairo e o Sofán no Carral.

Cololo e Cheo co Malpica-Fotos-Wash Calvo

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios