Sábado. 05.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Sofán non cede nin co Malpica

1ª Autonómica: O Sofán non cede nin co Malpica
Sofan-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Chegaba o Malpica envalentonado ao Carral, pero o campo segue a ser un fortín para o Sofán, e con algo de fortuna sumou unha nova vitoria que o afianza no liderato trala 11ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. 4 puntos sacan os carballeses ao 2º clasificado, de novo o Baio, que recuperaba a senda da vitoria (a do bo xogo non a perdera) en Sigüeiro.

Temos que baixar ata a 11ª posición para atopar ao seguinte equipo costeiro, o Soneira, que non pasaba do empate ante o pechacancelas deixando escapar unha boa oportunidade de escadar posicións, mentres espera pola chegada de Manolito ao banco. Quedan fóra do descenso, pero apurados, o Malpica, trala derrota no Carral, e o Corme, que vivíu o que pode ser un rexurdir. Levaban 5 derrotas consecutivas e o Agolada se puña 3-0 ao descanso, pero o cadro azulón tirou de garra e demostrou ser capaz de calquera cousa empatando o partido.

Non puido manter a liña das dúas últimas vitorias a Esteirana, que caía en casa ante o Puebla, 4º na táboa, quedando aínda nos postos de descenso.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Agolada - Corme (3-3)

Corme e Agolada-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Pandi, Dani Cousillas, Jesús, Adolfo, Joshua (Brais, min.68), Alejandro, Adrián Doldán, Juan Chans (Manu, min.15) (Antonio, min.80), Lucas e Alejo.
  • Goles: 1-0, min.4; 2-0, min.14: Pandi en propia meta; 3-0, min.30; 3-1, min.76: Pandi; 3-2, min.83: Alejo; 3-3, min.86: Alejo.
  • Lesións: Juan Chans.

Impresionante a remontada deste Corme que vivíu nun partido todas as emocións que pode ter o fútbol. Comezaba caendo, e ao descanso o marcador sinalaba un inxusto 3-0. Marcou de inicio o Agolada, e Alejo asinaba o empate pero o colexaido anulaba o tanto. Un gol en propia e unha xogada á media hora abrían distancias e deixaban ao descuberto as carencias que este Corme está tendo no último mes e medio, tras 5 derrotas consecutivas.

Pero todo cambiou na segunda. O descanso foi tétrico, aterrador, pero unha chispa xurdiu cando, a falta de 15 minutos, e tras un bo comezo da segunda, Pandi, que marcara en propia, metía ao Corme no partido. Envalentouse a marea azulona que en 5 minutos conseguia empatar o partido con dous goles de Alejo (7 xa no seu haber).

Algo cambiou en Corme neses 15 minutos, que dan ás para remontar o voo.


Esteirana - Puebla (1-3)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code (Uru, min.74), Serrano, Chispi, Álex, Saúl (Pesco, min.62), Maseiras (Tobío, min.83), Simón, Adrián (Andel, min.40), Pabliño (Kike, min.62) e Róber Pladur.
  • Goles: 0-1, min.10: Remate en semifallo que lle queda franca a outro compañeiro que pasa atrás e gol; 1-1, min.20: Simón desborda por banda tras un detalle técnico de Álex e cruza perfectamente sen deixala caer; 1-2, min.46: Fallo defensivo e o dianteiro que non perdona; 1-3, min.88: Contra ben finalizada polo equipo visitante.
  • Expulsión: Simón no 65' por protestar.
  • Lesións: Adrián con problema de pube.

Unha semana máis os fallos condean a un equipo esteirán que propón un fútbol gustoso pero sen obter resultados positivos. Desta foi un partido moi intenso e cargado de xogadas interesantes na primeira metade onde os visitantes se adiantaban gracias a unha xogada afortunada e respondáa a Esteirana apretando tódalas liñas e anotando en bonita xogada de Álex e Simón. No final Fabio sacaba co pé un remate a porta vacía que a postre sería o preludio do que ía acontecer.

Nada máis comezar a segunda parte gol psicolóxico e clave, aos 30" a Esteirana xa ía perdendo. Isto puxo nervioso aos xogadores locais que perderon a concentración e non foron quen de sobreporse a ese mazazo. Se a isto lle sumamos a expulsión de Simón por discutir co linier, resumimos a impotencia do equipo da ría neste treito do encontro. Un moi ordeado e completo Puebla non sufriu e a contra gozou de varias oportunidades.


Soneira - Silleda (1-1)

Partido do Soneira-Foto-Oscar Basalo
  • SONEIRA: Martín, Iván Chans, Fran de Urroa, Pichi, Alberto, Sandelo, De la Sierra, Mayor, Basti, Javito e Cristian Figueroa. Tamén: Nazo, Jose, Richi e Brais Mouzo.
  • Goles: 0-1, min.20; 1-1, min.55: Javito de tiro cruzado tras un córner.

Chegaba con moitas baixas o Soneira, entre elas, e ademais das de Anxo, Maikel ou Brais Triñanes, a do novo míster, Manolito, que por motivos laborais non se podía sentar no banco. Pero o cadro local comezaba tendo o balón e entrando ben polas bandas con Javito e Figueroa moi activos, ante un Silleda que saía en rápidas pero inocentes contras.

E conseguía meterse por diante o pechacancelas nun regalo da defensa soneirá. O gol sacou o mellor dos locais que fixeron grandes minutos de fútbol, con fermosas xogadas. Figueroa quedaba só diante do porteiro pero este despexaba a córner; Basti enviaba lambendo o longueiro pouco despois, pero non conseguían anular a renda visitante antes do descanso.

Saían Nazo e Brais Mouzo na segunda, este último voltaba tras dous meses perdidos por lesión. E a segunda foi un monólogo local, ante o autobús do Silleda. Pronto empataba Javito tras un córner, e as ocasión seguían chegando: un barullo na área tralo que Basti marra un gol cantado; un remate en propia ao posto dos visitantes, Basti cun bo remate de cabeza… moitas ocasións pero o gol da vitoria non daba chegado ante a falta de acerto. De feito, a piques estivo o Silleda de levar o partido tras unha contra xa co tempo cumplido que petou no poste da meta de Martín.


Sigüeiro - Baio (0-2)

Capis e colexiados no Sigueiro-Baio-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani, Fachal, Porto, Mario, Eloy, Brais, Bieito, Rubio (Jose, min.88), Alberto (Martín, min.64), Christian (Canay, min.71) e MC (Santi Díaz, min.90).
  • Goles: 1-0, min.62: MC remata unha acción clectiva; 0-2, min.95: Martín recibe no medio campo e á media volta bate ao porteiro local.
Siareiros baieses no Sigueiro-Baio-Foto-Santi Soneira Sigueiro-Baio contra a Violencia de Xenero-Foto-Santi Soneira

Tras dúas derrotas consecutivas, o Baio recuperou a senda do triunfo cunha gran vitoria en Sigüeiro. E facendo bo fútbol ademais. Os de Félix non deron opcións aos locais, que só facían dano a balón parado. Pola contra, os baieses tiñan o balón, combinaban e buscaban ben a meta local con paciencia.

Boa mostra foi o primeiro gol, de MC, como non, que xa leva 6, tras unha longa combinación de lado a lado, entrando polas dúas bandas ata que o coiro chega ao corazón da área, onde o pichichi baiés nunca perdoa.

Non sufríu o Baio pero si que se estiraba o equipo local lixeiramente na última media hora. Pero non tivo Dani demasiado traballo, e a guinda a puxo o eterno capitán, Martín, que cazaba un balón perdido no medio campo, e sen pensalo, á media volta, marcaba por riba do porteiro un verdadeiro golazo.

E aquí os goles da man de Santi Soneira:


Sofán - Malpica (1-0)

11 do Sofan ante o Malpica-Foto-Luis POrto
  • SOFÁN: Bugy; Sito, Marcos Pensado, Félix, Rubén, Míchel, Martín (Méndez, min.76), Eloy Boedo (Brais Barreiro, min.62), Raúl (Seo, min.88), Bertín e Iván Rojo (Santi, min.89).
11 do Malpica no Carral-Foto-Luis POrto
Comentarios