1ª Autonómica: Tres vitorias por arriba e tres derrotas por abaixo
Temos separada a Costa na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Por arriba, con Sofán e Baio coma motos, 1º e 2º destacados, parece que o Malpica quere unirse á zona noble. 3 vitorias para ambos mantendo a boa liña das últimas xornadas. Impresionante está a SD Sofán no alto da táboa, con 4 puntos sobre o Baio. Nada menos que 6 vitorias seguidas do cadro carballés.
Sen embargo, os de abaixo seguen empeñados en sufrir. O Soneira, xa con Manolito por fin no banco, encadea 3 partidos sen gañar e se enquilosa aí abaixo. Cae o Corme ao descenso tras 7 partidos sen gañar, e iso que onte caía tras 85 minutos en campo contrario. A Esteirana, tras unha reacción importante, caía por segunda semana seguida, e se mantén tamén en descenso, pero a só 5 da salvación.
Corme - Sigüeiro (0-1)
- CORME: Suso, Pandi, Dani Cousillas, Alejandro, Adolfo, Sergio (Joshua, min.80), Adrián Doldán, Toniño (Jose, min.77), Brais, Lucas e Alejo.
- Gol: 0-1, min.5.
Non puido o Corme remontar o gol inicial dos santiagueses tras 85 minutos de dominio. As baixas e, sobre todo, a liña descendente do equipo no último mes e medio, agarrotaron aos cormeláns, que non foron quen de facer o seu fútbol con comodidade. Parecía que a semana pasada, co empate en Bertamiráns tras remontar un 3-0 ao descanso, cambiaría a liña do cadro azulón, pero onte sumaba o seu 7º partido sen gañar.
Así e todo pareceu imposible que os de Lentejo perderan o partido de onte, despois de 85 minutos e campo contrario, tendo ademais innumerables ocasións. Iso si, o físico está sendo clave, e a estas alturas o número de adestramentos (por Corme é imposible adestrar pouco máis que os venres) xa se vai notando.
Bertamiráns B - Soneira (1-0)
- SONEIRA: Anxo, Mouzo, Fran de Urroa, Maikel, Sandelo (Richi, min.60), Mayor, De la Sierra (Albeto, min.75), Cristian Figueroa, Basti, Javi e Nazo.
- Gol: 1-0, min.30.
Partido de empate pero nin con esas. O Soneira non ten sorte este curso e os choques igualados sempre caen do lado contrario. A primeira metade foi sen ocasións, con tímidos achegamentos que non inquedaban aos porteiros. O gol local chegaba á media hora, cun balón ao borde da área cun tiro raso que batiu a Anxo.
Os de Manolito, que debutaba por fin no banco tendo baixas importantes como Triñanes, Pichi ou Chans, estiveron moito máis presentes na segunda metade, sempre en campo contrario, pero non foron quen de chegar a meter o empate. Tentábao pola banda, con córners e saques de banda, pero o balón paseábase e sempre chegaba un pé local para despexar. Un equipo local que non chegou á área soneirá en toda a segunda metade.
As mellores para empatar, estiveron nas botas de Figueroa e Nazo, pero os seus frouzos remates foron ben despexados a córner polo meta local.
Flavia - Esteirana (2-1)
- ESTEIRANA: Fabio, Code, Serrano, Chispi, Álex, Saúl (Pablo Rama, min.62), Pesco (Kike, min.62), Maseiras (Bolo, min.50), Sui, Andel (Adrián Louro, min.70) e Róber Pladur.
- Goles: 0-1, min.16: Pesco aproveita para remachar a gol unha entrega en fallo do porteiro; 1-1, min.40: Disparo desde a frontal que entra na porta tras petar nun defensa; 2-1, min.46: Contra perigosa, centro atrás e gol.
Partido bronco e de moito xogo directo en Padrón debido ao male estado do céspede natural que foi empeorando durante o encontro.
Comezou creando perigo a Esteirana e adiantándose co gol de Pesco nunha entraga fallida do porteiro. Despois un gol anulado ao Flavia por fóra de xogo e na seguinte acción pase atrás de Álex que pesco remata por encima do longueiro. Case no final da primeira unha xogada embarullada remata cun tiro a porta desvío dun defensa que pon o empate.
Tralo descanso e na primeira xogada era o Flavia o que se metía por diante nunha contra ben executada. Con coraxe tirou para arriba a Esteirana e un longueiro tras saque de falta de Kike e un remate de cabeza de Serrana foron as ocasión máis claras. Tamén o equipo local contou con certas ocasións para rematar o partido.
Baio - Lesende (3-1)
- BAIO: Dani, Fachal, Jose, Porto (Ramón, min.85), Eloy, Brais (Norber, min.80), Bieito, Rubio (Canay, min.74), Martín (Alberto, min.60), Christian e MC.
- Goles: 1-0, min.28: Bieito; 2-0, min.65: MC; 2-1, min.70; 3-1, min.75: Bieito.
Bonito detalle antes de comezar o partido no Platas Reinoso, cos dous equipos rememorando o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra este martes 25 de novembro.
Fantástico este Baio de Félix que non lle perde a cara á competición e que segue, con ansia, a estela do Sofán. Caía dous partidos pero volve recuperarse con dúas vitorias seguidas o equipo baiés. Non o tivo fácil onte, aínda o Lesende viña pola zona media-baixa. Pero o Baio dominou o choque de principio a fin.
Bieito, protagonista con dous goles, abría o marcador á media hora, nunha primeira metade con moito respecto. Comezaba a segunda e aos 20 minutos, MC, que xa leva 7, anotaba outro tanto no seu haber. Reaccionaba o Lesende que se metía no partido pero de contado Bieto ampliaba de novo a renda finiquitando o partido.
Malpica - Agolada (2-1)
- MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Pablo Díaz, Alemán, Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro, Cheo, Cololo e Rodrigo (M. Maradona, min.59).
- Goles: 0-1, min.3; 1-1, min.60: Cololo en xogada persoal; 2-1, min.70: M. Maradona aproveita unha deixada de Cololo tras unha gran xogada de Cheo.
Sufrida vitoria do Malpica ante un correoso Agolada, que se atopaba cun gol tempraneiro que lle permitía meterse atrás e gardala roupa. O Malpica tivo que asumir pronto o mando, ante un Agolada que buscaba por arriba ao seu alto dianteiro. Un tempo para cada equipo e coincidindo na mitade en que xogaban a favor de vento. O Malpica tivo enfrente a un dos equipos mais competitivos do grupo, con dous dianteiros, o grandullón Pablo e o pichichi da categoría Aitor, que demostraron a sua valía.
Na primeira mitade foi o Agolada quen creou mais perigro, adiantándose no marcador e estando a piques de marcar o segundo. Na segunda o Malpica saiu decidido a remontar, o cual logrou, mais tivo un tiro ao pao de Baba en brilante xogada.
Tivo 3 ocasións o Malpica na primeira, unha falta de Cololo, un posible penalti sobre Cheo, e un tiro de Fernado Varela dende o borda da área. Saíu máis forte na segunda o cadro de Baña e tras dous avisos de Cheo e Baba, Cololo agarraba un balón longo, batíase con dous defensas e sacaba un tiro cruzado que se convertía no empate. Non se conforomou o Malpica, que tiña ao Agolada no seu campo, e M. Maradona, tras unha gran xogada de Cheo, asinaba o gol da vitoria. Desde o min. 70, en que se marcou o 2-1, o Agolada voltou a tentar achegarse a portería de Pombo con varias ocasións. Os siareiros malpicáns acabaron pedindo o tempo.
Amio - Sofán (1-2)
- SOFÁN: Bugy, Sito, Félix, Rubén, Marcos, Martín, Míchel, Leilán, Bertín, Méndez e Iván Rojo.
- Goles: 0-1, min.40: Leilán a centro de Iván Rojo; 0-2, min.55: Raúl nunha perfecta contra; 1-2, min.88.
Gran vitoria deste Sofán que segue facendo historia no seu primeiro ano na categoría. Onte gañaba en Santiago, onde competía por primeira vez na súa historia.
Arrincaba o partido mollando, moi aburrido, sen ocasións e apenas cunha ocasión a balón parado dos locais. E na primeira chegada dos carballeses, gol de Leilán.
Arrincaba a segunda metade coa SD moito máis metida no partido, e Bertín vía como o colexiado lle anulaba un tanto, pero pronto, Raúl fusilaba ao porteiro nunha contra de libro.
Parecía sentenciado o choque pero o Amio non deu o partido por perdido, pero só era quen de recurtar apenas a un minuto dos 90, polo que a reacción quedou en intento.
Crónicas da 1ª
- X.11: O Sofán non cede nin co Malpica.
- X.10: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme.
- X.9: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme.
- X.8: O Baio é moito líder.
- X.7: Os líderes da 1ª son da Costa.
- X.6: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán.
- X.5: Trío de cabeza con susto.
- X.4: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- X.3: 3 costeiros no grupo de arriba.
- X.2: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi.
- X.1: A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Preferente: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- Os 80 resultados e a análise da xornada do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- Un repaso a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa.
- Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colaboran Oscar Basalo, Isma, Wash Calvo, Santi Soneira, Luís Porto e SD Sofán.