Sábado. 05.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O San Lorenzo non frea

2ª Autonómica: O San Lorenzo non frea
Imaxe do Outes-Montelouro-Foto-Xose Sendon Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Segue sendo o San Lorenzo o protagonista trala 12ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. I é que son xa 10 vitorias e 1 empate nos últimos 11 partidos, despois da derrota da primeira xornada, as que leva o equipo de Pedro Gómez, mantendo a vantaxe de 4 puntos sobre un Zas que leva tamén un gran primeiro treito de campaña. Os zaenses sufriron para superar ao Fisterra en Ara Solis, e con 9 vitorias e 3 derrotas se mantén no posto de promoción.

O Castriz non puido manter o ritmo pois se atopou cun gran Baíñas, en clara melloría e que xa asoma a cabeza entre os de arriba. I é que en 3 puntos atopamos a 5 equipos: O Buño, o segundo máis goleador da categoría (despois do líder), que vencía na Grixa con autoridade; o Outes, que segue a facer bo fútbol pero sufría para superar a tela do Montelouro; o Mazaricos, que volvía gañar ao Camariñas, o Volantes, que protagonizaba un igualado empate ante o Cee; e o propio cadro vimiancés.

Por abaixo, Montelouro e Camelle seguen pecando de inocentes arriba, pero ollo que o Ponteceso, sumaba un empate e segue mellorando, pero só ten 8 puntos. Camariñas e Carnota, con 11, tamén están en perigo.


Camelle - Seaia (0-1)

  • CAMELLE: Felisiano, Sikario del Amor, Arnosi jr (Felipe Laxe), Valiña, Muxisco, Macho, Dido, Tedín, Mario, Tajes e Tonsón (Brais).
  • SEAIA: Jesús, Adrián, Vistas, Avelino (Lesi, min.75), Ángel, Miguel, Felipe, Nando, Camilo, Eme (Manu, min.70)e Richard (Juni, min.60).
  • Gol: 0-1, min.50: Camilo.

Duro partido nun campo do Rodeiro que vai sufrindo as consecuencias do inverno. Apenas se podía xogar e ambos conxuntos tivo que tirar de balón arriba, nun choque de moita brega, sen dominio claro por ningún lado, e con chegadas en saídas á contra.

O cadro camellán estivo algo máis presente en campo contrario, cun Seaia que estivo acertado e marcou nunha das súas saídas. Foi nese comezo da segunda, cando mellor xogaba o cadro malpicán, cando Camilo os adiantaba. Pero o Camelle foise arriba, puidendo merecer un empate, por ocasións nesa última media hora, pero lle está costando un mundo facer un gol aos de Varu. Un Camelle que ademais segue tendo moitas baixas, e esta xornada tivo que meter a Felisiano baixo paus, e iso que tivo a nova ficha de Brais,.


Volantes - Cee (2-2)

  • VOLANTES: Marcos, Juan, Maikel (Brea), Mayu, Miguel, Pardelo (Mingos), Picho (Suso), Óscar (Edu), Espi, Brais e Ivi (Javi).
  • CEE: Parroto, Jacobo, Tebo, Aitor, Senlle (Yago, min.74), Carlos Leis (Maikel, min.77), Josiño, Piquero (Borja, min.90), Hidalgo, Leo (Ismael, min.65) e Andrés (Lamela, min.65).
  • Goles: 0-1, min.55: Leo a pase de Hidalgo; 1-1, min.65: Brais dende fóra da área; 2-1, min.70: Mayu a centro de Edu; 2-2, min.90: Isma de penalti cometido sobre el mesmo.
  • Expulsión: o local Juan no min.90 cando fai o penalti sobre Isma; e o porteiro ceense Parroto.

Bo partido no Eleuterio Balayo, entre dous bos equipos, algo cautos, que protagonizaron un choque moi disputado, comezando os dous gardando ben as costas e buscando as contras. A primeita metade foi de moito respecto, tan igualada como intensa pero sen ocasións. A única ocasión chegou da man do ceense Andrés que rematou alto no ecuador.

Cambiou o conto na segunda, e o partido volveuse máis visotos. O Volantes apretaba arriba e o Cee saía moi afiado. Nunha desas contras chegaba o primeiro, tras un pase xenial de Hidalgo que deixa só a Leo diante do porteiro, dríblao e marca.

A partir de aí o dominio local foi aínda máis claro, pero noutra contra Lamela tivo o 0-2, pero foi Brais o que empataba dende fóra da área despois dun saque de banda mal defendido polos ceenses. E pouco despois, co Volantes envalentonado, Mayu, a centro de Edu, metía ao cadro laranxa por diante, nunha xogada na que os visitantes pediron falta sobre Lamela. E cando parecía que o partido estaba sentenciado, unha xogada entre Isma e Lamela, fanlle penalti a Isma que el mismo marca para asinar un empate.

Porteño - Buño (2-4)

Imaxe do Porteño-Buño-Foto-Porteño
  • PORTEÑO: Bonano (Brais, min.80), Pejo, Curra, Manuel, Caamaño, Iago (Óscar, min.46), Roi, Cristian (Wii, min.65), Cachi (Gabi, min.62), Meu Lar e Jose (Marcos, min.55).
  • BUÑO: Toni, Eloy, Diego, Matías, Ángel, Uru, Emilio (Dani, min.50), Jorge Calvete, Neucha (David Dourado, min.70), Jorge Pombo (Miguel, min.80) e Juan (Casais, min.80).
  • Goles: 1-0, min.44: Matías en propia meta; 1-1, min.50: Eloy; 1-2, min.52: Matías; 1-3 min.60: Diego; 2-3, min.75: en propia meta; 2-4, min.80: Jorge Pombo.

Condicionou o estado da Grixa o partido, e as xogadas a balón parado convertíronse en fundamentais. A primeira metade foi moi igualada, con varias chegadas do cadro visitante pero era o Porteño o que se adiantaba cun gol en propio ao fío do descanso.

Na segunda saíu o Buño tan forte como neste primeiro terzo de campaña. En apenas un par de minutos daban a volta ao marcador os de Chema Rivadulla, o Porteño se puido meter no partido co segundo gol en propia da tarde, pero os visitantes sentenciaban preto do final..


San Lorenzo - Cabana (4-2)

  • SAN LORENZO: Diego, Javi Puñal, Adrián Varela, Pablo, Rudy (David, min.60), Schuster, Adrián Fraga (Anxo, min.70), Javi Pensado (Joaquín, min.78), Fuentefría (Cañi, min.88), Parafita e Juni.
  • CABANA: Añón, Raúl, Charly (Ismael), Pepe (Dani Mato), Iván de Treos (Eloy), Diego (Manu Guillamet), Miku, Josiño, Manolo do Cruceiro (Fernando), Iván Mato e Berti.
  • Goles: 1-0, min.28: Juni; 2-0, min.30: Juni noutra xogada ao espazo; 3-0, min.40: Javi Pensado de penalti; 3-1, min.50: Josiño; 4-1, min.52: Fuentefría; 4-2, min.75: Josiño.

Nova vitoria do San Lorenzo, e van moitas. O cadro local case que sentenciou o choque na primeira metade, cun 3-0 se cadra demasiado amplo a pesar de que si foi superior a un Cabana algo amilanado pero que tamén chegou.

Pero respondeu o cadro de Periscal na segunda, intentando remontar os 3 goles. Josiño recurtaba pronto pero Fuentefría botaba un xerro da súa auga e o Cabana víñase abaixo de novo. Volveu recuperar o fío o Cabana, ante un San Lorenzo de Pedro Gómez ao que se lle fixo algo longo o choque, pois a pesar do longo plantel co que conta, tiña 7 baixas importantes. A última media hora foi dos cabaneses, que competiron e correron como “jabatos”. recurtaron un tanto e algún outro puido caer, pero os locais nunca viron perigrar a vitoria.


Fisterra - Zas (0-2)

  • FISTERRA: Norberto, Piti, Manuel Cartamil, Julito, Juan (Eddy, min.75), Santi, Roa, Guardiola (Asier, min.85), Pablo Lestón (Adrián, min.80), Aitor e Yeray (Breixo, min.46).
  • ZAS: Anxo, Martín, Pereiro (Fabián, min.73), Oli, Vecino, Isma (Samu, min.60), Peque, Dani (Canedo, min.46), David Blanco, Rubio e Álex (Abel, min.63).
  • Goles: 0-1, min.44: David Blanco de penalti; 0-2, min.46: Rubio tras unha xogada trenzada con Alex e David Blanco que deixa pasar.
  • Expulsión: os fisterráns Manuel Cartamil no min.44 e o míster Nacho no descanso. O colexiado parou o partido tras sinalar penalti e expulsión de Cartamil, e mesmo houbo que chamar á Garda Civil.

Primeira metade igualada, con dúas ocasións, unha por bando, un tiro de Roa ao puau e un tiro zaense que salva un defensa con Norberto batido. Chegaba o min.44 e a polémica. Un empurrón leve de Cartamil dentro da área era interpretado polo colexiado como penalti e expulsión. Unha decisión que non gustou na bancada e o colexiado acabou pedindo que chegase a Garda Civil.

Arrincaba a segunda metade co Fisterra cun home menos, e na primeira xogada caeu o 0-2, un mazazo para os fisterráns, que malia dominar territorialmente non puideron coa boa defensa zaense, a menos goleada da Liga xunto á do Malpica, ambos con 10 goles encaixados.


Baíñas - Castriz (2-1)

  • BAÍÑAS: Sergio, Samuel, Rodri, Luís, Martín, Vilas, Mario, Eloy, Braulio (Cristian, min.75), Javi (Marcos, min.90), Tasky (Héctor, min.87).
  • CASTRIZ: Diego, Martín, Álex, Dani Martínez (Topo), David Velo, Agra, Bruno, Uruguayo, Bolón, Chinda e Luís.
  • Goles: 0.1, min.20: Agra nun barullo; 1-1, mim.50: Luís de penalti; 2-1, min.70: Luís.

Partido feo pero tremendamente igualado e disputado, que puido caer para os dous lados, no Municipal vimiancés. Dous bos equipos pero que tiveron que abusar do balón aéreo en demasía, cun Baíñas algo máis incisivo, facendo, iso si, o mello partido da tempada e demostrando o equipo de Mario de José que o que equipo vai a máis.

Comezaba o Castriz poñéndose por diante, cun balón que cazaba Agra na área. Javi Suárez e Eloy puideron empatar para os locais pero a defensa xalleira estava firme.

Na segunda parte seguía o partido como na primeira parte, con moito balón longo, e na primeira chegada o colexiado sinalaba o punto de penalti ante as protestas visitantes por considerar que foi fóra da área. Luís non fallaba, e pouco despois cun tiro que se envelena, marca o segundo, e decanta un partido que puido caer dos dous bandos, ou rematar nun máis xusto empate.


Ponteceso - Carnota (1-1)

Ponteceso e Carnota nun Pinguel pingando-Foto-SD
  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo, Javi Peón, Moscoso, Dani Valle, Mendieta, Alberto Recarey, Martín Puente, Dieguito (Youssef, min.70), Christian Martinez e Brais (Pablo Pailos, min.80).
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Raúl (Pablo Pichín), Nico, Iván (Pablo Beiro), Manuel Luís (Berni), Michel e Pumuky.
  • Goles: 1-0, min.5: Moscoso tras un córner; 1-1, min.55: Manuel Luís tras varios rexeites.

Partido pasado por auga no Pinguel, que rematou cun xusto empate. O Ponteceso saíu polo partido e de contado Moscoso marcaba de cabeza nun córner. Seguiu chegando o Ponteceso no primeiro tempo, pero Luís estivo moi seguro.

Mellorou a imaxe o Carnota na segunda, metendo no seu campo aos pontecesáns. Pronto, tras un barullo, Manuel Luís anotaba o empate, quedando o Carnota máis metido arriba. Pero sacou varias contras perigosas o cadro local, por medio de Dieguito, Puente ou Mendieta, que puideron acabar rompendo un partido que rematou en táboas.

Imaxe do Ponteceso-Carnota-Foto-SD

Mazaricos - Camariñas (3-1)

  • MAZARICOS: Pejo (Samuel), Miguel (Ferreiro), Chico, Matías, Ramón (José Ángel), Ricardo, Pereiro, Estéfano, Dacvid, Chenel e Cabrexo (Coxo).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Iago, Martín, Denis, Moriño, David (Martín Mende, min.70), Sergi (Piti, min.45), Ismael, Javi, Denis e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.20: Ricardo a un córner de Estéfano; 2-0, min.65: Ramón tras un saque de córner de Estéfano; 3-0, min.73: Pereiro dende a frontal; 3-1, min.77: Yuyo.

Nova vitoria do Mazaricos ante un Camariñas que segue sufrindo moitas baixas, e en defensa. Os amarelos foron algo mellores, non tanto como o 3-0 que campaba no marcador no minuto 70, pero si o seu acerto e oficio nas xogadas a balón parado foron claves nos tres goles.

Non foi un bo partido, o vento sopraba demasiado, pero o Mazaricos estivo mellor defensivamente, e en ataque acertaron as poucas das que dispuxeron.


Outes - Montelouro (2-0)

Outes e Montelouro no Cunchido-Foto-Xose Sendon
  • OUTES: Gato, Rafa, Saúl, Róber, Chúa, Martín, Chía (Poke), Fabio (Mario), Elías (Santi Xuv), Piki (Babu) e Jura (Iago).
  • MONTELOURO: Isma, Teo, Abel, Pedro (César, min.78), Geico, Dani, Riki, Edu (Pepe, min.78), Pesi (David, min.58), Dani Deza i Edu Balsa.
  • Goles: 1-0, min.60: Róber; 2-0, min.70: Elías.
Outes-Montelouro-Foto-Xose Sendon

Custoulle romper aos da Serra a liña defensiva que trazou Jurjo para visitar o Cunchido. Os locais tiveron o control do balón e tiveron máis ocasións, pero a vitoria tivo que chegar tras dous córners na segunda metade, despois de fallar varias ocasións, pero tamén parte dos loureáns, que puideron romper o partido no primeiro tempo con algunha contra perigosa.

Debut da nova fichaxe Mario Roo co Outes ante o Louro

Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios