Mércores. 27.10.2021
El tiempo

4 pontecesás á Selección Coruñesa de FS mentres o Fisober comeza a Copa

4 pontecesás á Selección Coruñesa de FS mentres o Fisober comeza a Copa

4 Xogadoras de A.D. Vila de Pondal - Concello de Ponteceso F.S.F foron convocadas esta pasada fin de semana para participar coa Selección Coruñesa Cadete. Así as Ana Fuentes, Rocío villar, Lara Varela e Zeltia Bello participaron coa Coruñesa no Campionato Galego de Seleccións Cadetes celebrado en Santiago e no que as representantes de Vigo foron as grandes dominadoras desta competicion.

Ana de 15 anos e Rocío de 16, son xogadoras cadetes que pertencen o equipo de provincial do Concello de Ponteceso FSF, mentras que Lara e Zeltia, ambas de 13 anos, teñen máis mérito todavía posto que son xogadoras aínda infantís de 1º ano que petencen o equipo infantil do clube que disputa a liga de Costa Bergantiñán e que recentemente acaban de conseguir o 3º posto no campionato provincial de fútbol sala infantil que se disputou este pasado fin de semana no pavillón de Monte Alto na Coruña.

Copa de FS

Entrementres xa se disputa a Copa Autonómica e Provincial, cos equipos do Fisober en liza. Bueno, o filial xa dixo adeus á competición tras caer co Viaxes Amarelle B, mentres que o A encarrilou o pase vencendo fóra da casa.

Copa Provincial

  • Resultado: CONCELLO DE GUNTÍN - FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO” (2-3)
  • FISOBER: Eva, Patri, Ana, Olalla e Barca; tamén xogaron: Noelia, Ylenia e Myrella.
  • Goles: 0-1 En propia porta tras tiro de Barca, (descanso), 0-2 Barca, 1-2 María José, 1-3 Patri, 2-3 María José.

Partido de ida dos cuartos de final da Copa de Autonómica disputado este sábado en Guntín que xa se supoñía compricado debido o mes de parón pero no que o Fisober arrancou unha merecida e traballada vitoria.
Aos seis minutos unha combinación de todo o equipo rematou cun pase de Patri para Barca e despois do lanzamento desta o balón rebotaba nunha xogadora local e subía o 0 a 1. As locais respostaron cun par de ocasións ben desbaratadas pola porteira visitante Eva. Os nove minutos a local María del Carmen combinou con Noe quen cabeceou o longueiro. O cal respostou o Fisober cunha combinación de Ana e Noelia que parou Yessica. Unha Yessica que freou unha nova ocasión de Noelia, e outra casi de seguido a Ylenia despois dun pase de Myrella. Pouco despois tampouco era quen de conseguir o gol Patri.
Chegándose os últimos cinco minutos desta primeira metade con dúas ocasións para as locais , primeiro para Lucía e pouco despois para Laura. No último minuto tiveron un novo arreón as locais pero Eva paraba os lanzamentos de Lucía e Patricia, chegandose o tempo de lecer coa victoria pola mínima das visitantes.

A segunda metade comenzou moito máis movida ca primeira e ahora era a local Paula a que tiña unha ocasión. A cal respostaron as visitantes Ana e Barca pero o balón non quixo entrar. O Fisober comenzaba a dominar o partido e os oito minutos e unha combinación entre unha moi entonada Olalla e Myrella remataba cun lanzamento desta última que se foi lambendo o pau.
Aos nove minutos de novo Olalla asistía para Barca quen tentaba sorprender de vaselina pero iaselle por pouco. Respostaron as locais por mediación de Noe. Aos once minutos Olalla pasaba para Myrella que facía un forte disparo que non era quen de atallar a porteira local e Barca atenta remachaba para o 0 a 2.
Pouco lle durou a ledicia as do Fisober xa que unha combinación entre Lorena e María José terminaba co gol desta última.

A falta de cinco para o final unha combianción de todas as xogadoras do Fisober remata cunha serie de paredes entre Barca e Patri para que esta última marque ca esquerda case sin angulo o un a tres. Os últimos minutos as locais achucharon o Fisober cando as baixas se foron sucedendo ata que María José de novo fixo o 2 a 3 definitivo. Aínda así Patri tivo unha ocasión no último minuto para ampliar o electrónico.


Copa Provincial

  • Resultado: VIAXES AMARELLE B – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” (5-4).
  • FISOBER B: Natalia, Patri, Noelia, Myrella e Ylenia ; tamén xogaron: María, Iria e Cris.
  • Goles: 1-0 María, 2-0 Cruz, 2-1 Myrella, 2-2 Noelia, 2-3 Noelia, 3-3 María, (descanso), 4-3 Cruz, 5-3 María, 5-4 Patri.

Na maña do domingo disputouse no Pavillón do Barrio das Flores da Coruña o partido de volta dos cuartos de final da Copa de Provincial, un partido que viña salvo miragre decidido co 3 a 10 para as de Amarelle B na ida disputada en Vimianzo o que propiciou un partido vistoso. O filial do Fisober chegou o partido cunha extrana mezcla de xogadoras debido as numerosas baixas que acumulaba e ata vio como a xogadora de campo Natalia formou na portería.

O partido non podía empezar de mellor maneira para as locais, xa que os tres minutos unha combinación entre Cruz e María remataba con gol desta última. E sóun minuto despois Cruz roubaba e marcaba o dous a cero en tan solo catro minutos. As visitantes comenzaron a carburar despois dos mazazos iniciais e os nove minutos combinaron Patri, Noelia e Myrella para que Noelia vira como Anabel despexaba o seu remate. E solo un minuto despois unha recuperación de Patri que enviaba a Myrella a cal facía o primeiro gol visitante. Aos doce minutos era Iria a que pasaba o balón a Noelia quen de media volta facía o dous a dous. O igual que para as locais dous goles case consecutivos empataban o encontro. Aos dezanove minutos unha combinación entre Patri e Noelia era de novo freada por Anabel. A resposta non se fixo esperar e Peke vía como Natalia enviaba a saque de esquina.

Camiño dos vintedous minutos un roubo na área de Patri quen cedeu para Noelia quen lle daba a volta o marcador de maneira momentánea facendo o dous a tres. Nos últimos minutos as locais voltaron a tomar o mando pero a debutante na portería Natalia desfacía as súas ocasións, e cando non era ela foi o longueiro o que a axudou. Pero no último minuto unha perda das visitantes era aproveitada de novo por María para devolver a igualada cando se chegaba o tempo de lecer.

A segunda metade comenzou como a primeira con ocasións para os dous equipos. A primeira foi unha combinación das visitantes Ylenia e Noelia para que esta enviase fora. E a resposta local foi o instante un balón longo que chegou a Cruz e desfacía a igualada. Co paso dos minutos as ocasións e o ritmo foron decrecendo por parte dos dous equipos. Os once minutos combinaron Myrella e Patri para que parase Anabel. Aos catorce foi de novo a local María a que facía o seu terceiro na conta particular e o quinto para o seu equipo.
A partir de este gol as xogadoras do Fisober fixeron un último esforzo na búsqueda de cando menos igualar o partido. Os dezanove minutos un roubo de Patri e o seu posterior tiro foi enviado por Anabel a saque de esquina. Non foi ata o último minuto cando Patri facía o definitivo cuarto gol para as visitantes pero xa non quedaba tempo para a igualada.

Destacar que as múltiples baixas das que dispuña o filial do Fisober obrigaron a xogadora de campo Natalia a ocupar a portería por primeira vez na súa vida onde fixo unha moi meritoria laboura.

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

comentarios