Venres. 01.03.2024
El tiempo

5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid

5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid

O pasado sábado 6 finalizaba en Valladolid o Campionato de España de Seleccións Autonómicas coa participación de 5 xogadores do Voleibol Dumbría formando parte da Selección Galega infantil e cadete masculina.

E analizando o papel dos nosos, non puido ser máis positiva a experiencia.

Gran papel dos cadetes costeiros

Trio de costeiros coa Seleccion Galega Cadete: Manuel Marcote, Gabi e Javi

Compre destacar a labor do equipo cadete, no que militaban Javier Domínguez, Manuel Marcote e Gabriel Trillo, finalizou nunha brillante 5ª posición.
E un veterano ademais nas filas galegas, o oposto corcubionés Javier Domínguez que acudía ao seu terceiro Campionato de España e facíao nunha nova posición para el, xa que ata o momento sempre o fixo xogando de central. Aínda que empezou un pouco flojo o torneo, finalizou cuns bos números e sendo unha peza crave no combinado galego. Deste xeito despedíase da Selección Galega, xa que para o ano que vén pasa a categoría xuvenil, na que xa non hai Campionatos de España de Seleccións.
O colocador Manuel Marcote repetía nun Campionato de España pero esta vez co obxectivo de adapatarse a unha nova categoría e acumular minutos e experiencia para o do ano que vén, no que sen dúbida será unha peza fundamental no combinado galego. Aínda que empezou xogando pouco finalizou o torneo disputando a maioría dos sets nos últimos partidos que disputou o equipo galego.
Para rematar, o central Gabriel Trillo debutaba coa Selección Galega nun Campionato de España no seu primeiro ano como xogador de voleibol. Pese á súa mocidade Gabi é un dos xogadores máis altos de Galicia e nel están depositadas moitas esperanzas de face ao futuro. Do mesmo xeito que Manuel a súa participación no torneo foi de menos a máis e acabou xogando como titular os dous últimos partidos do torneo co obxectivo de coller experiencia para a próxima tempada na que sen dúbida repetirá no combinado galego.

Seleccion Galega de Volei cadete

Os infantís, 8º

Os infantis Marco e Unai coa Seleccion Galega Infantil de Volei

Pola sua banda, a Selección Galega infantil na que militaban os xogadores do Manuela Rial, Unai Larrañaga e Marco Lado finalizaba o torneo en 8ª posición. A clave estivo no partido ante Cataluña, xa que unha vitoria por 3-1 clasificábaos para semifinais, e tras ir gañando 2-1 perdían 2-3.

Unai Larrañaga empezou xogando de oposto pero acabaría o torneo xogando como receptor titular do combinado galego. Era a súa primeira participación nun Campionato de España aínda que non coa Selección Galega infantil, xa que o ano pasado aínda sendo alevín, participou no prestixioso torneo Arturo Cortés en Lloret do Mar.

O central Marco Lado pechou a tempada da súa debut no voleibol nin máis nin menos que sendo o central titular da Selección Galega nun Campionato de España, e realizando uns magníficos números tanto en ataque como en bloqueo.

Seleccion Galega Infantil de Volei

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios