mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana

Axenda deportiva da fin de semana

Vai chegando o verán e a cantidade de encontros redúcese. Se ben o Soneira segue en Liga (esta será a última xornada) e Copa, e o Camariñas segue buscando o ascenso, o resto de equipos só manteñen o pulso na Copa da Costa.

Onte xa ollamos as sancións e soubemos os rivais de Dumbría e Cabana para ascender á Liga Galega Cadete. Pero non comezarán ata o vindeiro sábado 18. Os que so o farán serán o Santa Comba e o Corme a súa andadura na procura da Liga Galega Xuvenil. A Fase comeza esta fin de semana e terán dúas eliminatorias para saber se o ano que vén temos algún representante máis na Liga Galega Xuvenil.

Ademais, o Camariñas buscará en Carral este domingo ás 17:00h un resultado positivo que signifique o pase á semifinal, na que se enfronytará ao Narón B. A parroquia carnotá ademais apoia firmemente ao equipo de Manolín, pois o ascenso dos conserveiros significaría a permanencia na Liga da Costa dos de Lombáns.

A Copa afronta a volta a volta dos Oitavos. Uns Oitavos que chegan moi igualados. Se ben o Soneira collía vantaxe este martes cun 3-0 ante o Coristanco (a volta será hoxe venres), tan só o Dumbría e o Independiente colleron unha vantaxe importante. O Independiente con todo terá que remar e intentar aproveitar que o Camariñas ten a vista posta na Fase de Ascenso para manter a vantaxe da ida.

Reunión da SD Fisterra

A nova directiva da S.D. Finisterre, encabezada polo seu presidente Laureano Canosa, convoca a tódolos seus socios á asamblea xeral que terá lugar no salon de actos do concello de Fisterra o vindeiro venres 20 de maio ás 20:00 horas.

Preferente, xornada 42

S.de Compostela 22/05 - 17:00 Soneira

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica

Copa da Costa, Volta dos Oitavos

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

Copa da Costa de Veteranos, Ida das Semifinais

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Entrevistas QPC Deportes

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios