Axenda deportiva da última fin de semana do 2012


Última fin de semana do 2012 e o fútbol modesto xoga o completo a pesar de que o fútbol profesional necesite adiantar a xornada para ter máis vacacións... Pero en fin, centrémonos nas nosas Ligas da Costa, que nesta fin de semana terán dous derbis sabatinos como protagonistas.
Na Preferente, Fontela acollerá un XSC-Soneira importante máis para os locais, unha vez que precisan os 3 puntos para seguir na loita, mentres que o Soneira vai pechar, si ou si, o ano nunha cómoda posición. Mentres o Dumbría terá unha complicada saída a Monforte pero quere pechar este bo ano cun bo sabor de boca.
O outro derbi chega na 1ª, e será en Ara Solis o sábado. O Fisterra, tras un empurrón nas últimas xornadas, recibe a un Malpica que só lle leva 4 puntos polo que unha vitoria deixaría aos de Juan Jesús pegados aos de Baña no medio da táboa. Ademais, o Ponteceso, moi necesitado, terá unha proba de lume e non pode perdoar ante o pechacancelas, o Flavia. Mentres o Camariñas, o terá máis difícil coa visita do Arzúa, 5º na táboa.
Na 2ª haberá dous partidazos que non se poden perder. O Baio recibe o sábado ao Corme, nunha ocasión para os azuis de coller por fin o tren do ascenso. Pero ademais, o domingo, o líder, a Esteirana, recibe a un Sofán que non pode deixar escapar máis aos de arriba.
En 3ª non haberá enfrontamentos directos pero os de arriba non queren perder corda e manter o pulso.
Nas Ligas Xuvenís toca a penúltima xornada (vaia calendario que deixa a última xornada de Liga descolgada en xaneiro...) e pode que todo quede perfilado ao final de ano. No sur, o Cee mirará o partido matutino en Ara Solis pois só lle vale unha derrota fisterrá ante o Dumbría, e non fallar pola tarde ante a Esteirana, para meterse entre os 3 primeiros. Polo Norte, case que con todo xa mascado, o Baio pode recortar ao Malpica pero parecen insuficientes para superalo na 3ª praza.
Preferente, xornada 18
Xallas StComba | 22/12 - 16:00 | Soneira S.D. |
C. Lemos | 23/12 - 16:00 | C.F. Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 17
S.D. Fisterra | 22/12 - 16:00 | S.C.D. Malpica |
Ponteceso S.D. | 23/12 - 16:00 | Flavia S.D. |
Camariñas F.C. | 23/12 - 16:30 | CSD Arzúa |
2ª Autonómica, xornada 17
U.D. Corcubión | 22/12 - 16:00 | Volantes F.C. |
C.D. Baio | 22/12 - 16:00 | Corme C.F. |
Mazaricos C.F. | 22/12 - 16:00 | U.D. Montelouro |
U.C. Cee | 23/12 - 16:00 | S.D. Castriz |
S.D.San Lorenzo | 23/12 - 16:00 | Outes C.F. |
Dumbría C.F. B | 23/12 - 16:00 | U.D. Carnota |
S.D. Esteirana | 23/12 - 16:00 | S.D. Sofán |
Muros S.D. | 23/12 - 16:00 | Sp. Zas |
Buño S.D. | 23/12 - 17:00 | Cabana S.D. |
3ª Autonómica, xornada 17
S.D. Ameixenda | 22/12 - 16:00 | C.D. Nantón |
C.F. Castrelo | 22/12 - 16:15 | Soneira S.D. B |
Indep. Carballo | 22/12 - 17:00 | S.D. Alcaián |
C.D. Baíñas | 23/12 - 16:00 | Porteño C.F. |
Lira C.F. | 23/12 - 16:00 | S.D. Laxe |
S.D. Fisterra B | 23/12 - 16:00 | Xaviña F.C. |
Muxía | 23/12 - 16:00 | U.D. Cerqueda |
S.D. Coristanco | 23/12 - 16:15 | Camelle S.D. |
- Descansa Corcoesto.
- Coristanco-Camelle alteran a orde polo estado do Rodeiro.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 17
S.D. Fisterra | 22/12 - 12:00 | C.F. Dumbría |
Mazaricos C.F. | 22/12 - 12:00 | Soneira S.D. |
Outes C.F. | 22/12 - 16:00 | U.D. Corcubión |
Muros S.D. | 22/12 - 16:00 | Xallas StComba |
U.C. Cee | 22/12 - 18:00 | S.D. Esteirana |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 17
Corme C.F. | 22/12 - 11:30 | Cabana S.D. |
Ponteceso S.D. | 22/12 - 16:00 | Muxía C.F. |
S.D. Laxe | 22/12 - 16:00 | Camariñas F.C. |
Sp. Zas | 22/12 - 16:00 | S.D. Coristanco |
C.D. Baio | 22/12 - 18:15 | S.C.D. Malpica |
Liga Galega Cadete, xornada 16
Montañeros B | 22/12 - 12:00 | Bergantiños C.F |
R.C.Deportivo B | 22/12 - 18:30 | C.F. Dumbría |
C.F. Dumbría | 22/12 - 11:00 | Orillamar S.D. |
Bergantiños C.F. | 22/12 - 12:0 | 0 C.D. Foz |
1ª Cadete, xornada 9
Muxía C.F. | 22/12 - 10:30 | Xallas StComba |
S.D. Coristanco | 22/12 - 10:30 | Cabana S.D. |
S.D. Esteirana | 22/12 - 10:30 | E.F. Concello de Carnota |
Outes C.F. | 22/12 - 11:30 | Porteño C.F. |
Muros S.D. | 22/12 - 12:00 | Ponteceso S.D. |
U.C. Cee | 22/12 - 12:00 | C.D. Baio |
Sp. Zas | 23/12 - 10:00 | S.D. Fisterra |
1ª Infantil, xornada 13
Xallas StComba | 21/12 - 18:30 | (Aprz) E.D. Os Miudos |
Soneira | 23/12 - 10:00 | Bergantiños |
Castriz | 23/12 - 11:00 | Baio |
Coristanco | 23/12 - 11:00 | Zas |
San Román | 23/12 - 12:00 | Nantón |
Xv. Bergantiños | 23/12 - 11:00 | Ponteceso |
Bértoa | 23/12 - 11:00 | Corcubión Vet. |
San Lorenzo | 23/12 - 11:00 | Camariñas |
Cabana | 23/12 - 11:00 | Vimianzo |
2ª División
Sofán | 23/12 - 10:00 | Poniente |
Agualada | 23/12 - 11:00 | Laxe |
Cerqueda | 23/12 - 11:00 | Muros |
Corcoesto | 23/12 - 11:00 | Corme C.F. |
Porteño | 22/12 - 16:30 | At. Milagrosa |
Camelle | 23/12 - 11:00 | Buño |
Dep. Carballo | 23/12 - 11:00 | Leiloio |
- Descansa Malpica.
Fútbol Sala
Este sábado rematara un ano histórico para o Fisober FSF. O equipo de Nacional despedirá o 2013 contra o 6º clasificado, o Ordizia KE que avantaxa as da Costa en tres puntos.
- 2ª División:
- Fisober FSF - Ordizia (Guipuzcoa): Sábado 17:00h no Pavillón de Vimianzo.
Liga Provincial:
- Ponteceso - Fisober B: Sábado ás 17:00h no Pavillón de Ponteceso.
- Esteirana - Viaxes Amarelle F.S.: sábado 22/12/2012 ás 20:00 no Pabellon Jose Lago.
Xadrez
Esta fin de semana terá lugar o 5º Torneo do Circuito de Xadrez, o sábado ás 16:00h en Camariñas.
Volei
Este sabado 22 comenza a segunda volta cunha viaxe a Monforte:
- 11:30h – Infantil femenino: Pinguela – Manuela Rial.
- 13:00h – Cadete femenino: Pinguela – Voleibol Dumbría.
Balonmán
1ª Autonómica Masculina: O 12 de xaneiro comeza a fase polo Título de Primeira división Autonómica de Balonmán.
- 1ª Estatal: Logo de romper ante o Lavadores unha racha particular negativa que xa ía por dúas tempadas, lle queda ao Calvo iniciar a segunda volta o vindeiro sábado, tamén no vila de Noia ás 18:00, ante o Cangas nun importantísimo partido xa que logo virá un prolongado parón motivado polo Campionato do Mundo de Balonmán que se celebra en España e que fará que os carballeses non compitan máis ata o 2 de febreiro.
Máis información
Crónicas da semana
- Parte de sancións con visos xuvenís.
- Xuvenís: Aínda queda emoción no sur.
- 3ª Autonómica: Os de arriba xa sofren e o resto loitan por entrar entre os 6 primeiros.
- 2ª Autonómica: O Baio supera ao Sofán.
- 1ª Autonómica: Mala xornada para os nosos.
- Preferente: O XSC métese no podio.
- Resultados da penúltima xornada do 2012.
Artigos deportivos
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con Dani Rosalía.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).