mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda deportiva dunha fin de semana futboleira e ciclista na Costa da Morte

Axenda deportiva dunha fin de semana futboleira e ciclista na Costa da Morte

Sen lugar a dúbidas, a proba do Desafío do Atlántico é a cita deportiva da fin de semana. Mañá sábado, 314 ciclistas sairán do Conco para percorrer toda a bisbarra e seguir espallando o ciclismo ao tempo que promociona turisticamente a Costa da Morte.

Pero antes, analizamos a fin de semana futboleira, que chega tamén con cousas moi importantes. Se ben tendes todas as táboas en www.copadacosta.com, resumimos aquí o que se nos vén enriba. Probablemente a cita máis importante será a volta da final da fase de ascenso á Liga da Costa entre a SD Camelle e a UD Cerqueda, da que xa podemos ler a Previa de David Castro. O que gañe será equipo da Liga da Costa.
Tamén o Baio ten unha final, aínda non defintiva, pero non pode fallar se non quere quedar descolgado. Recibe o domingo ao Agolada no Platas Reinoso, e unha derrota podería deixalo moi tocado, pero unha vitoria o metería de cheo na loita por unha das dúas prazas de ascenso.

Pero antes, toca Copa da Costa, a volta duns descafeinados Cuartos de final. I é que precisamente a participación dos Baio e Cerqueda deixan dúas eliminatorias practicamente sentenciadas. O XSC xa ten os dous pés nas semis tralo 8-0 da ida cos baieses, mentres que o Malpica leva un 0-1 da ida, e ademais os cerquedáns chegarán moi cansos da finalísima da Fase. Polo menos quédannos dous choque moi tensos tralos empates da ida: Dumbría- Sofan e Soneira-Camariñas, nos que de seguro os pequenos porán en apreto aos dous equipos de Preferente.

E de Copa tamén están os Veteranos, co arranque das Semifinais. Tras uns cuartos con ata dúas prórrogas, as semis chegan moi igualadas. O Muros, recén ascendido, quere dar a sorpresa ante un gran Coristanco que remataba a liga regular 4º. Na outra semifinal, o Baio tras unha tempada irregular, quere superar a todo un Cabana, 3º na Liga e con opcións ata o final.

Quédannos ademais unhas complicadas voltas das semifinais das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenís, Cadetes e Infantís tralas 5 derrotas dos choques de ida. Co Cabana xuvenil e Cee cadete xa practicamente eliminados salvo milagre, os equipos xuvenil e infantil do XSC e os cadetes da Esteirana aínda manteñen a esperanza de poder pasar rolda e loitar na final por un posto nas competicións autonómicas. Os xuvenís xalleiros caían 0-1 na casa, pero non dan a eliminatoria por perdida. Os esteiráns perderon 1-0 na Coruña pero confían en que o Xosé Luís Vara Oliveira sexa un fortón. Ademais, os infantís xalleiros teñen moitas posibilidades de remontar en Castriz.

Copa da Costa, volta dos Cuartos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, 4ª xornada


Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, volta da final

1-0Cerqueda - CamelleSáb. 18.00

Copa da Costa de Veteranos


Fase de Ascenso ás Ligas Galegas, volta das semifinais


Desafío do Atlántico

Este sábado, o gran Desafío do Atlántico percorrerá a bisbarra

A saída neutralizada dos 314 ciclistas serás ás 10:00h da mañá do Conco. Podedes ver a ruta para saber cando pasan por preto da vosa casa pois, de Dumbría van cara Lires, de Lires a Fisterra, de Fisterra volven por Cee e Corcubión e soben ata o encoro de Santa Uxía para baixar por Carnota e subir de novo ata o Ézaro, para afrontar sobre as 16:00h a esperada subida ao Mirador.

Non vos perdades ao pelotón!!


Torneo de Balomnán Xallas

Exhibicion Arte e Movemento 2013

O domingo 9 de xuño, no pavillon polideportivo de Cee, a partir das 16:30h, o Club Taekwondo Arte e Movemento únese como tódolos anos para ofrecer un espectáculo de 4 h. a todo o aquel que queira asistir, xa que a entrada será gratuita.
Unha cita cos máis pequenos, nesta ocasión dende os 4 anos de idade e tamen adultos. A primeira edicion foi no ano 2000 no pabillón de Corcubión, e 13 anos máis tarde seguen traballando para poder ofrecer cada ano unha exhibición máis espectacular.

Participan 370 alumnos de Arte e Movemento. Os 208 bailarins, 162 de taekwondo, pertencen as Escolas deportivas do concello de Carnota, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Muxia. Os cursos impartidos na Asociacion Adro de Baio e na ANPA Uxio de Cee, e os alumnos da escola Arte e Movemento en Cee.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios