Menuda fin de semana de Fútbol da Costa. Xa chega a #CopadaCosta polo que teremos sesión doble, con sesións copeiras o venres e ligueiras durante a fin de semana. Xa saben que tendes os cadros da Copa actualizados en www.copadacosta.com (a través do Facebook “Fútbol da Costa” e do twitter @quepasanacosta iremos dando constancia do que acontece), mentres que as táboas ligueiras están sempre accesibles, co carrusel das grandes ligas en directo, en www.futboldacosta.com.
E ademais, estaremos atentos á estrea do novo equipo de Fútbol Sala Masculino Vila de Cee.
A Previa
Como dicimos, a fin de semana comeza coa Ida dos Oitavos da Copa, que chega con grandes partidos como o Sofán-Volantes, ou o Zas-Dumbría, o líder da Liga da Costa poderá poñerse as cousas complicadas ao actual campión. Esteirana e Corme mediranse pero co ollo posto na súa 1ª Autonómica. Xa na outra parte do cadro, o Cee-Baíñas será un bo partido, así como o Baio-Mazaricos ou o derbi sureño Carnota-Montelouro. Pero ollo co XSC-Soneira, pois ao cadro soneirán, sen apuros na Liga, gústanlle estas apostas fortes.
Xa na Preferente - Senra Sport, os irregulares cadros costeiros non poden fallar, sobre todo o Dumbría, ante unha Sarriana que vén por detrás e ante o cal unha derrota pode complicarlle as cousas. Ao XSC tamén le viría moi ben vencer en casa a un bo Arteixo.
Teremos, unha semana máis, derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Malpica, algo frouxo nas últimas xornadas pero con novo míster no banco, recibe a un Sofán que volve pelexar polos postos máis altos, e que espera ademais que a necesitada Esteirana faga a heroica na Pobra, e saque algo positivo da visita ao 3ª clasificado. Mentres, o cadro blaugrana espera que o Soneira se porte e venza en Silleda para poder saír da última praza. Ademais, o Baio quere seguir trala SD e non pode fallar ante o Sigüeiro, e o Corme pode seguir escapando de abaixo vencendo a outro rival directo da zona baixa, o Agolada.
Xornadón na Liga da Costa
Impresionante estará a xornada dominical na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Auténticos partidazos os que nos esperan, comezando polos dous choques no máis alto entre San Lorenzo (3º) e o líder Zas, con só 2 puntos de diferencia entre ambos. Pero é que no Cunchido enfróntanse o Outes (4º) contra o Castriz (2º), polo que a táboa pode dar un vuelco esta semana.
Pero hai moito máis, como un sempre intenso derbi Fisterra-Cee, o derbi muradán da categoría entre Volantes e Montelouro, co cadro loureán moi necesitado de puntos para seguri ca súa escalada. E precisamente pola zona baixa haberá outros dous choques claves. Porteño e Seaia se xogan moito na Grixa, mentres o Cabana non pode perder nate o pechacancelas Camelle.
Ademais, teremos boa xornada na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder descansa e o Ameixenda pretende recurtar distancias e amplialas cos perseguidores, pero terá que vencer nas Fontiñas. Por detrás o Coristanco quere seguir pelexando a praza de ascenso directo vencendo ao Laxe.
Finalísima nos Xuvenís
Campos das Redondas, sábado 16:30h. O gañe acompañará ao Dumbría, campionísimo, na Fase de Ascenso á Liga Galega. Cabana e Os Miúdos xóganse o todo polo todo, e se ben o empate valeríalle aos cabaneses, o cadro muradán chega con moitas gañas e ilusión, nesta a súa primeira campaña na categoría.
Mentres, aínda quedan 3 xornadas para o remate da Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, cos equipos de abaixo intentando non quedar fóra das eliminatorias.
Xornada copeira en cadetes e infantís
E despois do remate da Liga, xa sen tempo a pensar, arrincan na 2ª edición desta Copa da Costa base. En Cadetes, co Corme campión e o Cabana acompañándoo na Fase de Ascenso, aínda teñen tempo para disputar a Copa. Teremos 3 choque so sábado e un, o da Esteirana, o venres na Salina.
Nos Infantís, co recente campión, o XSC, a Copa arrinca o domingo con 4 partidazos por todo o alto.
Os peques continúan a súa andaina
No F8 seguen as ligas. Polo Norte aínda están tanteándose, pois van só pola 4ª xornada, pero polo Sur a cousa xa vai collendo forma e disputan a xornada 18. Nos Alevíns Cee A e Outes manteñen unha fermosa pelexa no máis alto, mentres nos Benxamíns o Fisterra leva unha boa vantaxe ante o Outes, e precisamente esta fin de semana o cadro fisterrán poderá poñer máis terra de por medio no choque directo.
Xornada doble nos Veteranos
Doble xornada con varios partidos aprazados no seu día que se disoputan venres e sábado e coa atención no San Román-San Lorenzo. Ademais, teremos choques fermosos na 1ª División dos Veteranos este domingo, como o Milagrosa-Dumbría, a proba do líder, o San Román, en Ponteceso, ou do Coristanco en Bértoa. O Soneira-Hosgran será outro gran partido.
Copa da Costa, ida dos Oitavos
| Xallas StComba | 22/03 - 17:00 | Arteixo |
| Sarriana | 22/03 - 17:00 | Dumbría |
| Silleda | 22/03 - 16:30 | Soneira |
| Corme | 22/03 - 16:45 | Agolada |
| Baio | 22/03 - 17:00 | Sigüeiro |
| Malpica | 22/03 - 17:00 | Sofán |
| Puebla | 22/03 - 17:15 | Esteirana |
| Porteño | 22/03 - 16:30 | Seaia |
| Camelle | 22/03 - 16:30 | Cabana |
| Fisterra | 22/03 - 16:30 | Cee |
| San Lorenzo | 22/03 - 17:00 | Zas |
| Volantes | 22/03 - 17:00 | Montelouro |
| Outes | 22/03 - 17:00 | Castriz |
| Baíñas | 22/03 - 17:00 | Carnota |
| Ponteceso | 22/03 - 17:00 | Camariñas |
| Mazaricos | 22/03 - 17:00 | Buño |
| Muxía | 22/03 - 16:30 | Corcubión |
| Lira | 22/03 - 16:30 | Castrelo |
| Nantón | 22/03 - 17:00 | Ameixenda |
| Coristanco | 229/03 - 17:30 | Laxe |
| Xallas StComba | 21/03 - 12:30 | Porteño |
| Camariñas | 21/03 - 16:30 | Dumbría |
| Cabana | 21/03 - 16:30 | Os Miudos |
| Cee | 21/03 - 12:00 | Fisterra |
| Ponteceso | 21/03 - 16:30 | Muxía |
| Castriz | 21/03 - 16:30 | Corme |
| Outes | 21/03 - 16:30 | Malpica |
| Corcubión | 21/03 - 17:00 | Coristanco |
| Zas | 21/03 - 18:15 | Baio |
| Santa Mariña | 21/03 - 16:30 | Dumbría |
| Deportivo B | 21/03 - 12:00 | Xallas StComba |
| Lalín | 22/03 - 11:00 | Dumbría |
Copa da Costa Cadete, ida dos Oitavos
Copa da Costa Infantil, ida dos Oitavos
| Muxía | 20/03 - 12:00 | Coristanco |
| Cabana | 20/03 - 17:00 | Corme |
| Zas | 21/03 - 16:00 | Baio |
| Cee B | 19/03 - 18:45 | Dumbría B |
| XSC A | 20/03 - 11:00 | Esteirana A |
| Os Miúdos A | 20/03 - 17:00 | As Baleas |
| Cee A | 21/03 - 11:00 | Lira |
| Os Miúdos B | 21/03 - 11:00 | Esteirana B |
| Fisterra | 21/03 - 13:00 | Outes A |
| Sofán | 21/03 - 17:00 | Dumbría |
| Muxía | 20/03 - 11:00 | Coristanco |
| Cabana | 20/03 - 16:00 | Corme |
| Zas | 21/03 - 17:00 | Baio |
| XSC A | 20/03 - 11:00 | Esteirana |
| Os Miúdos A | 20/03 - 16:00 | As Baleas |
| Cee | 21/03 - 10:00 | Lira |
| Fisterra | 21/03 - 12:00 | Outes |
| Os Miúdos B | 21/03 - 12:00 | XSC B |
| Sofán | 21/03 - 16:00 | Dumbría |
| Lira | 19/03 - 18:30 | Dumbría |
| Corcubión | 20/03 - 17:00 | Esteirana |
| As Baleas | 21/03 - 11:00 | Cee |
| Fisterra | 21/03 - 11:00 | Baio |
| Outes | 21/03 - 12:00 | Xallas StComba |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 26
| At. Milagrosa | 22/03 - 09:45 | Dumbría |
| Soneira | 22/03 - 10:00 | Hosgran |
| San Lorenzo | 22/03 - 11:00 | Cabana |
| Ponteceso | 22/03 - 11:00 | San Román |
| Xv. Bergantiños | 22/03 - 11:00 | Baio |
| Coristanco | 22/03 - 11:00 | Bértoa |
| Castriz | 22/03 - 11:00 | Zas |
Partidos aprazados
| Laxe | 21/03 - 17:00 | Baio |
| San Román | 20/03 - 11:00 | San Lorenzo |
| Cabana | 20/03 - 09:00 | Bértoa |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 26
| Malpica | 22/03 - 11:00 | Poniente |
| Nantón | 22/03 - 11:00 | Cerqueda |
| Leiloio | 22/03 - 11:00 | Camariñas S.D.V |
| Porteño | 22/03 - 11:00 | Corcoesto |
| Agualada | 22/03 - 11:00 | Dep. Carballo |
| Buño | 22/03 - 11:00 | Erbecedo |
| San Isidro-Razo | 22/03 - 11:00 | Vimianzo |
- Descansa Sofán.
Partidos aprazados:
| Porteño | 20/03 - 11:00 | Erbecedo |
| Malpica | 20/03 - 11:00 | Sofán |
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).