mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda futboleira da última xornada do 2013

Axenda futboleira da última xornada do 2013
Fisterra-Corcubion-Foto-Jorge Parri Chega a última xornada do ano para o Fútbol da Costa. Pero chega cargada de partidos interesantes. Serán dúas semanas de parón, pero terán un inciso o día 29, cos 5 choques da Previa da Copa da Costa. Así que imos repasando cada categoría, e comezamos pola Preferente, onde os nosos terán partidos complicados para pechar o ano. O XSC quere quitarse o mal sabor do último mes de competición pero para iso terá que pelexar co líder, o Bergantiños, que chega a Fontenla con só unha derrota. Mentres o Dumbría terá a ocasión de empatar co Silva na 4ª praza nun choque moi difícil no Conco. E o Soneira, o máis necesitado visita ao Dubra nunha saída complicada pero asequible, e que os pode deiar fóra o descenso a final de ano. O partido da xornada xogarase na 1ª Autonómica e no Xosé Luís Vara. A Esteirana recibe a un Camariñas en urxencias que intentará todo para sumar e saír do descenso. O que non poderá saír do descenso polo menos no 2013 é o Ponteceso, pero querrá polo menos pegar un estirón sacando algo positivo da visita dun Arzúa que anda nada menos que 2º na táboa. Ademais, o Malpica visita a un Bertamiráns B que ten os mesos puntos e o Baio visita a un Sigüeiro na zona baixa, onde ademais de sumar, poderá facer un favor aos veciños costeiros en apuros. Duelos interesantes na 2ª Autonómica, cun Zas-Castriz que pode ser o último tren para os de Corredoira, ou un Muros-Outes que medirá se o Outes efectivamente se desinfla. Dous partidos centrarán a atención da 3ª Autonómica. O Baíñas recibe a un Lira que vén con moita forza e que se pode poñer a 2 puntos. Ademais o Seaia - Nantón será tremendamente igualado, mentres que o Montelouro terá un choque moi complicado en Arliña para non perder o ritmo do líder. Nos Xuvenís poden quedar as acousas case que sentenciadas cando quedarían 5 xornadas para o final. No Gr.3, se XSC e Esteirana non fallan nas súas visitas aos Mazaricos e Lira, e Cee e Fisterra non gañan, quedarían as 3 primeiras prazas case que sentenciadas. Algo parecido pode pasar polo Gr.4, pois se o Cabana vence ao Ponteceso, e Corme e Malpica non fallan ante Coristanco e Porteño, o cadro pontecesán e o Coristanco quedarían moi lonxe. O Dumbría da División de Honra Cadete quere rematar o ano na 4ª praza e fará do Conco unha festa, mentres que na Liga Galega Infantil buscará rematar o ano no grupo da loita polo título. Xa na 1ª Cadete, o Muros e o Zas loitarán por saber que remata o ano detrás dun Fisterra que non parece que vaia fallar contra o pechacancelas. E na 1ª Infantil Fisterra e Cee se enfrontarán nun auténtico duelo no cumio, mentres que o Corme terá dous partidos (un aprazado da semana pasada) para colocarse ao carón dos dous de arriba. Nos Veteranos o partidazo da semana será o Soneira-Coristanco. O actual campión vai de menos a máis esta campaña e o domingo recibirá a un Coristanco que leva toda a temporada arriba e suma 2 puntos máis que o cadro soneirán, e só 2 menos que o líder, un Laxe que visita ao Ponteceso. E xa na Liga Intermunicipios, o Cances poderá remachar o bo comezo de campaña se non falla ca visita do Xornes. Se tropeza, estará atento o Sp. Brea, que recibe Á Piña, e mais o Baldaio, que visita ao pechacancelas, o Laxe.

Preferente, xornada 18

Xallas StComba 22/12 - 16:00 Bergantiños
Dubra 22/12 - 16:30 Soneira
Dumbría 22/12 - 16:30 Silva

1ª Autonómica, xornada 16

Bertamiráns B 22/12 - 16:00 Malpica
Ponteceso 22/12 - 16:00 Arzúa
Sigüeiro 22/12 - 16:00 Baio
Esteirana 22/12 - 16:15 Camariñas

2ª Autonómica, xornada 16

Corcubión 21/12 - 16:00 Sofán
Buño 21/12 - 17:00 Mazaricos
Cabana 21/12 - 18:00 Fisterra
Indep. Carballo 22/12 - 16:00 Camelle
Cee 22/12 - 16:00 Porteño
San Lorenzo 22/12 - 16:00 Volantes
Muros 22/12 - 16:00 Outes
Corme 22/12 - 16:00 Carnota
Zas 22/12 - 16:15 Castriz

3ª Autonómica, xornada 9

Laxe 21/12 - 16:00 Cerqueda
Muxía 21/12 - 16:00 Montelouro
Coristanco 22/12 - 16:00 Ameixenda
Corcoesto 22/12 - 16:00 Castrelo
Seaia 22/12 - 16:30 Nantón
Baíñas 22/12 - 17:00 Lira

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 17

Mazaricos 21/12 - 11:30 Xallas StComba
Soneira 21/12 - 16:00 Fisterra
Outes 21/12 - 16:00 Cee
Lira 21/12 - 16:00 Esteirana
  • Descansa Dumbría e Muros.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 17

Baio 21/12 - 10:45 Camariñas
Coristanco 21/12 - 16:00 Corme
Ponteceso 21/12 - 16:00 Cabana
Castriz 21/12 - 16:00 Muxía
Porteño 21/12 - 18:45 Malpica
  • Descansa Laxe.

División de Honra Cadete, xornada 15

Dumbría 21/12 - 10:30 Víctoria

Liga Galega Infantil, xornada 15

Val do Ulla 21/12 - 11:00 Xallas StComba
Dumbría 21/12 - 16:30 Xuventude Oroso

1ª Cadete, xornada 8

Esteirana 21/12 - 10:30 Xallas StComba
Muxía 21/12 - 10:30 Cee
Outes 21/12 - 10:30 Cabana
Muros 21/12 - 16:00 Zas
As Baleas 21/12 - 16:00 Baio
Corcubión 22/12 - 10:30 Fisterra
  • Descansa Coristanco.

1ª Infantil, xornada 16

Corme 21/12 - 16:15* E.M.F. Vimianzo
Fisterra 20/12 - 19:00 Cee
Os Miudos 22/12 - 10:30 Outes
E.M.F. Vimianzo 22/12 - 10:30 Coristanco
Sofán 22/12 - 10:30 Corme
Cabana 22/12 - 10:30 Baio
Muxía 22/12 - 10:30 Esteirana
  • Corme-Vimianzo apradazo da xornada 15.
  • Descansa Ponteceso.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 6

XSC B 21/12 - 11:00 Esteirana
XSC A 21/12 - 12:30 Lira
Fisterra 21/12 - 17:30 Cee
Zas 21/12 - 17:30 Outes
Dumbría 23/12 - 17:30 Os Miúdos B
  • Descansa Miúdos A.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 6

XSC B 21/12 - 11:00 Esteirana A
Os Miúdos A 21/12 - 12:30 Esteirana B
XSC A 21/12 - 12:30 Lira
Fisterra 21/12 - 16:30 Cee
Zas 21/12 - 16:30 Outes
Dumbría 23/12 - 16:30 Os Miúdos B

Ligas de Veteranos, xornada 15

1ª División

Zas 22/12 - 11:00 Cabana
Soneira 22/12 - 12:00 Coristanco
San Román 22/12 - 11:00 Dumbría
Bergantiños 22/12 - 11:00 Castriz
Ponteceso 22/12 - 11:00 Laxe
Nantón 22/12 - 11:00 Bértoa
San Lorenzo 22/12 - 11:00 Camariñas Vet
Baio 22/12 - 11:00 Muros

2ª División

Sofán 22/12 - 11:00 At. Milagrosa
Camelle 22/12 - 10:00 Erbecedo
Vimianzo 22/12 - 11:00 Porteño
Dep. Carballo 22/12 - 11:00 Agualada
Buño 22/12 - 10:00 Corcoesto
Cerqueda 22/12 - 12:00 Leiloio
  • Descansa Malpica e Poniente.

Liga Intermunicipios, xornada 12

Cances 22/12 - 16:00 Xornes
Valenza 22/12 - 16:00 Rus
Laxe 22/12 - 16:00 Baldaio
Peña Galicia 22/12 - 16:00 Cereo
Sp. Brea 22/12 - 16:00 A Piña
  • Descansa Sp. Seaia.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios