Pois is. Esperamos que os terreos de xogo non estean tan blandos esta fin de semana. Non parece que vaia haber que regalos, pero o soliño vailles sentar de marabilla aos Carral, As Pedreiras, Rodeiro, A Grixa, Agra da Filgueira...
Parte de sancións
A nota máis interesante é a sanción de 6 partidos ao míster do Camariñas, Berto, tras desestimar as alegacións do clube por no aportar probas que desvirtúen a acta.
Preferente
Aperc. Pref:
- Sergio "Doro" Prego (Dumbría).
1ª Autonómica
- David Lema (Camariñas - 2 partidos).
- Berto Suárez (Adest. Camariñas - 6 partidos).
- Adrián García (Malpica).
- Dani Cotelo (Ponteceso).
Aperc. 1ª:
- Antonio Moriño Lista (Camariñas).
- Martín Pérez (Baio).
- Diego Collazo (Ponteceso).
2ª Autonómica
- Fabio Lestón (Outes.
- José Quintela (Cabana).
- Dani Rosalía (IDC).
- Carlos Rodriguez (IDC).
- Óscar Penedo (Cee).
- Juan Chans (Corme).
- Manuel Vidal (Corme).
- Havier García (Muros).
Aperc. 2ª:
- Iago Espasandín (Buño).
- Sergio Vázquez (Outes).
- Elías Ruso (Outes).
- Juan Lago (Zas).
- Eloy Vilas (Cabana).
- José Suárez (Cabana).
- José A Veiga (Corme).
3ª Autonómica
- Carlos Vidal (Nantón).
- Alex Trillo (Ameixenda).
- David Carballo (Ameixenda).
- Juan Martín Paredes (Laxe - 2 partidos).
- Javier Lema (Del. Laxe).
- Adrián López (Laxe).
- Antonio Naya (Laxe).
- Samuel Lema (Laxe).
- Santiago Vecino (Laxe).
- José R Gómez (Ameixenda).
- Borja Pérez (Ameixenda).
- David Carballo (Ameixenda - 3 partidos).
- Bruno Castro (Ameixenda).
- Jesús González (Lira).
- Cristian Formoso (Lira).
Aperc. 3ª:
- Félix Castiñeiras (Nantón).
- José Vieites (Ameixenda).
- Alberto Trillo (Ameixenda).
- Jacinto Soneira (Laxe).
- Marcos Pailos (Cerqueda).
- Cristian Formoso (Lira).
Ligas xuvenís
- Diego Lobelos (Adest. Dumbría).
- Carlos Paredes (XSC).
Aperc. Xuv:
- Diego Mato (Cabana).
A Previa
Así, comezamos o repaso a esta xornada da segunda fin de semana de marzo pola Preferente. Choque clave por arriba do Dumbría, que recibe a todo un Ribadeo, 2º na táboa con 13 puntos máis que os dumbrieses, pero no que os de Canosa demostrarán que queren manterse nos postos de promoción. Ademais, o XSC poderá seguir a remontada en Dubra, mentres que o Soneira se enfronta a unha nova final ante un Viveiro en alza, na 3ª praza. Os de José Ángel querrán sumar para ir sacando a cabeza e meterse de cheo na loita pola promoción e, de paso, facerlle un favor ao Dumbría.
Nova xornada con derbi na 1ª Autonómica, este de urxencia. Urxencia a do Ponteceso, que recibe ao Baio coa necesidade de sumar de 3 en 3. Outro que ten que sumar 3 puntos é o Camariñas, que ten unha visita fundamental ante un rival directo, un Amio que está a só 6 puntos dos conserveiros. Ademais, o Malpica, por arriba, recibe a un bo Agolada, mentres a Esteirana, xa máis relaxada tralas dúas últimas vitorias, recibe ao Villestro, 4º na táboa.
A xornada 26 da 2ª Autonómica será a da estrea de Esteban no banco do Castriz trala marcha de Corredoira, recibindo ao Carnota en San Pedro. Pero o partidazo da xornada será o Zas-Fisterra. Os de Juan Jesús chegan tras 6 vitorias seguidas a San Andrés, só 4 puntos por debaixo dos de Iván Cancela, e a 9 do liderado. Ademais, o derbi entre Cee e Corcubión se presenta como dos máis tensos, cun Corcubión que deixou o posto de pechacancelas e o porá todo, coma sempre nos derbi ante o Cee, tendo en conta ademais que ten varios fisterráns no equipo.
Quedan só 5 xornadas para o final da 3ª Autonómica e as cousas xa se van perfilando. Esta xornada O Baíñas terá derbi, pero non poderá fallar ante o Castrelo tras caer en Muxía no choque aprazado no seu día. I é que o Montelouro está a só 3 puntos, pero esta fin de semana terá unha saída tremendamente difícil, como é contra o Lira, un dos implicados na loita pola promoción. Outro choque directo nesa loita será o Nantón-Muxía, mentres Coristanco non pode deixar de sumar os 3 puntos ante o Corcoesto, e o Ameixenda ten tamén que vencer ante o Laxe.
O partido da xornada poderá ser o derbi entre Cerqueda e Seaia, que pode ser o último tren do Cerqueda, e que suporá a primeira xornada sen Taibo para o Seaia. Será Alberto Verdes, que xa comezara a temporada pero que estivera uns meses no Vizoño, o que volve para coller as rendas do banco do cadro do Seaia.
Teremos tamén Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, na que Cabana e Malpica intentarán recurtar distancias con Dumbría e Esteirana. E volve ademais a Liga da Copa de Ascenso, con xornada nos dous grupos.
Novo premio para os rapaces de Diego Lobelos e Óscar Leis, pois xogarán no Mundo do Fútbol de Abengondo ante un Deportivo que necesita os puntos na loita polo liderato da División de Honra Cadete. Ademais, na Liga Galega, o Dumbría adiantaba ao pasado mércores o choque ante o Viveiro, cun empate a 1 que deixa aos dumbrieses cómodos. O que necesita a vitoria para manter a categoría é o XSC, que visita ao Racing de Ferrol.
Partidazo na 1ª Cadete, na que o líder, o XSC, recibe ao 2º clasificado, un Cabana a só 3 puntos.
Quedan só 3 xornadas para o remate da 1ª Infantil, con 3 equipos en só 3 puntos. Xornada clave ademais, pois o líder, o Corme, recibe ao Cee, 2º clasificado a só 1 punto pero ademais cun punto menos. O Fisterra espera un empate para recortar con ambos sempre que non falle ante o Baio.
Tralo cambio de líder nos Veteranos o Coristanco querrá manter o seu posto ante a visita do Baio. Espera o Soneira un tropezo para recuperar o mandato sempre que non falle ante a visita do Ponteceso.
E penúltima xornada na Liga Intermunicipios, o Cances pode certificar o título se vence ao Baldaio, 3º a 6 puntos. O Sp. Brea espera un tropezo dos de Cances, e querrán sumar en Laxe para recurtar e ter opcións na última xornada.
| Soneira | 09/03 - 16:30 | Viveiro |
| Dubra | 09/03 - 17:00 | Xallas StComba |
| Dumbría | 09/03 - 17:30 | Ribadeo |
| Amio | 09/03 - 16:00 | Camariñas |
| Malpica | 09/03 - 16:30 | Agolada |
| Ponteceso | 09/03 - 16:30 | Baio |
| Esteirana | 09/03 - 17:00 | Villestro |
| Camelle | 08/03 - 16:30 | Outes |
| Cee | 08/03 - 18:00 | Corcubión |
| Porteño | 09/03 - 16:30 | Volantes |
| Mazaricos | 09/03 - 16:30 | Sofán |
| Indep. Carballo | 09/03 - 16:30 | Cabana |
| San Lorenzo | 09/03 - 16:30 | Corme |
| Muros | 09/03 - 16:30 | Buño |
| Castriz | 09/03 - 17:00 | Carnota |
| Zas | 09/03 - 17:00 | Fisterra |
| Ameixenda | 08/03 - 16:00 | Laxe |
| Castrelo | 08/03 - 17:00 | Baíñas |
| Coristanco | 09/03 - 16:30 | Corcoesto |
| Lira | 09/03 - 16:30 | Montelouro |
| Cerqueda | 09/03 - 17:00 | Seaia |
| Nantón | 09/03 - 17:00 | Muxía |
| Esteirana | 08/03 - 12:00 | Malpica |
| Cabana | 08/03 - 16:30 | Dumbría |
| Xallas StComba | 09/03 - 11:30 | Corme |
| Ponteceso | 08/03 - 12:00 | Castriz |
| Porteño | 08/03 - 16:00 | Camariñas |
| Coristanco | 08/03 - 16:30 | Baio |
| Outes 07/03 - 20:00 | Mazaricos |
| Cee | 08/03 - 12:00 | Fisterra |
| Lira | 08/03 - 16:30 | Muros |
| Deportivo | 08/03 - 10:00 | Dumbría |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 4
| Racing Ferrol | 08/03 - 16:30 | XSC |
| Baio | 08/03 - 10:30 | Outes |
| Corcubión | 08/03 - 10:30 | Muros |
| Xallas StComba | 08/03 - 11:30 | Cabana |
| Fisterra | 08/03 - 12:00 | Muxía |
| Zas | 08/03 - 16:00 | Esteirana |
| As Baleas | 08/03 - 18:00 | Coristanco |
| Sofán | 08/03 - 18:30 | Vimianzo |
| Muxía | 09/03 - 10:30 | Os Miudos |
| Baio | 09/03 - 10:30 | Fisterra |
| Coristanco | 09/03 - 10:30 | Outes |
| Ponteceso | 09/03 - 10:30 | Esteirana |
| Corme | 09/03 - 11:30 | Cee |
| Esteirana | 08/03 - 10:00 | Os Miúdos A |
| Cee | 08/03 - 11:00 | XSC B |
| Lira | 08/03 - 12:00 | Dumbría |
| Zas | 08/03 - 12:30 | Fisterra |
| Outes | 08/03 - 18:00 | XSC A |
| As Baleas 07/03 - 19:00 | E.M.F. Vimianzo |
| Baio | 08/03 - 16:00 | Corme |
| EF Corcubión | 08/03 - 18:00 | Coristanco |
| Sofán | 08/03 - 18:00 | Cabana |
| Esteirana A | 08/03 - 10:00 | Os Miúdos A |
| Cee | 08/03 - 10:00 | XSC B |
| Esteirana B | 08/03 - 11:00 | Os Miúdos B |
| Outes | 08/03 - 11:00 | XSC A |
| Zas | 08/03 - 11:30 | Fisterra |
| Lira | 08/03 - 13:00 | Dumbría |
| As Baleas A | 07/03 - 18:00 | E.M.F. Vimianzo |
| Muxía | 08/03 - 12:00 | As Baleas B |
| Ponteceso | 08/03 - 17:00 | Coristanco |
| Baio | 08/03 - 17:00 | Corme |
| Sofán | 09/03 - 12:00 | Cabana |
| Soneira | 09/03 - 10:00 | Ponteceso |
| Zas | 09/03 - 11:00 | Nantón |
| Cabana | 09/03 - 11:00 | San Lorenzo |
| Dumbría | 09/03 - 11:00 | Camariñas Vet |
| Castriz | 09/03 - 11:00 | Bértoa |
| Laxe | 09/03 - 11:00 | Muros |
| San Román | 09/03 - 12:00 | Xv. Bergantiños |
| Coristanco | 09/03 - 12:00 | Baio |
| Sofán | 09/03 - 09:45 | Poniente |
| At. Milagrosa | 09/03 - 09:45 | Cerqueda |
| Camelle | 09/03 - 10:00 | Vimianzo |
| Malpica | 09/03 - 11:00 | Dep. Carballo |
| Erbecedo | 09/03 - 11:00 | Corcoesto |
| Porteño | 09/03 - 12:00 | Agualada |
| Peña Galicia | 09/03 - 16:00 | Seaia |
| Laxe | 09/03 - 16:00 | Brea |
| Valenza | 09/03 - 16:00 | Cereo |
| Cances | 09/03 - 16:00 | Baldaio |
| Xornes | 09/03 - 16:00 | Rus |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).