mércores. 30.04.2025
El tiempo

Calendario 1ª Autonómica: Un derbi entre Malpica e Ponteceso pechará a tempada

Calendario 1ª Autonómica: Un derbi entre Malpica e Ponteceso pechará a tempada
Futboldacosta- calendario completo da 1ª Autonómica. Gr.2 2013-2014

Xa temos calendario da 1ª Autonómica 2013-2014. Unha categoría na que este curso temos a 5 equipos: os que repiten, Malpica, Camariñas e Ponteceso, tras facer campañas dispares o ano pasado, xunto cos novatos, Esteirana e Baio.

A campaña comezará o 8 de setembro con dous equipos debutando en casa, como o Baio e a Esteirana, que recibirán aos tamén recén ascendidos Agolada e Cordeiro respectivamente. Ademais o Camariñas visitará ao Villestro, un dos chamados a estar arriba trala boa campaña do ano pasado; o Malpica visitando a todo un Arzúa; e o Ponteceso ao Bertamiráns B.

A liga terá dous paróns:

  • Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro por Nadal;
  • Do 13 ao 27 de abril pola Semana Santa.

E para pechar a liga teremos o 11 de maio de 2014 un Malpica - Ponteceso, nunha xornada 34 que disputarán a Esteirana recibindo ao Amio; o Camariñas visitando o campo do Lamela e o Baio en Bertamiráns ante o filial.

O Album de cromos do #FutboldaCosta


Máis información

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios