Venres. 11.10.2024
El tiempo

Gran calidade e mellor ambiente no Memorial Moncho Varela de tenis de mesa

Gran calidade e mellor ambiente no Memorial Moncho Varela de tenis de mesa
Alguns dos ganadores do Torneo Ponciano Nieto copia Algúns dos gañadores do Torneo Ponciano Nieto copia

Festa completa para o tenis de mesa da bisbarra co VIII Torneo Ponciano Nieto-II Memorial Moncho Varela. Un torneo excepcional tanto de participación como de calidade e de ambiente. Como o día acompañaba e había gañas de saber como era o torneo do que tanto se falaba, nos outros que se celebraban en Galicia, pois aínda o sábado presentaronse en Zas varios deportistas para participar se había sitio ou senón para acompañarnos todo o día. Non chegaron ao centenar pero estivemos cerca, en total 98 pesoas contaron ao mediodía para comer e desfrutar. Incluso para aqueles que non disputaron o torneo dispuxeron de dous xogos de billar xaponés para entreterse e que tamén aproveitaron moitos xogadores para probar o xogo para eles descoñecido.

Xantar no Torneo Ponciano Nieto

En canto ao torneo en sí, non defraudou. O máximo favorito, Rubén García do San Xoan de Ferrol, impúxose, eso sí, con dificultades a Edgar Prata que por segundo ano queda as portas de conseguir o magnífico trofeo e que consiste nunha raqueta de barro cun reloxio incorporado. O resto dos trofeos tamén foron de barro de Buño.

Estes foron os resultados:

ABSOLUTO

  • 1º Rubén García de San Xoan de Ferrol.
  • 2º Edgar Prata do Club del Mar de A Coruña.
  • 3º Fernándo López de San Xoán de Ferrol.

OPEN B

  • 1ª María Pena de Cinania de Cangas.
  • 2º José Sanchez de SD. Hípica de A Coruña.
  • 3º Brais Blanco de AD Zas.

INFANTIL

  • 1º Raúl López de AD Zas.
  • 2º Asier de Arteal de Santiago.
  • 3º Kevin Varela de Santa Comba.

Para entregar os trofeos acercaronse ata o pavillón municipal de Zas o alcalde Manuel Muiño, a viuva de Moncho Varela e O seu fillo maior Ramón os cales agradeceulle a organización a espera e paciencia pois ata as 16 horas non dou rematado todo para poder empezar a comer.

Trofeos do TOrneo Ponciano Nieto2 copia Trofeos do Torneo Ponciano Nieto Trofeos do TOrneo Ponciano Nieto2 copia Trofeos do TOrneo Ponciano Nieto Stevo Lema malabarista do balon e da raqueta Stevo Lema malabarista do balon e da raqueta

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios