mércores. 30.04.2025
El tiempo

Infantís: 6 equipos nun só punto

Infantís: 6 equipos nun só punto
Imaxe do Coristanco-Fisterra de infantís-Foto-David Castro

Igualadísimo está este comezo de campaña na 1ª Infantil trala disputa da 4ª xornada. A día de hoxe o XSC é líder con 10 puntos, pero son outros 5 equipos os que suman 9. Queda o equipo xalleiro sendo o único, xunto ao Fisterra, sen coñecer a derrota, despois do empate sen goles que sacou o Outes en Santa Comba, nun partido moi rocoso.

En todo caso, o equipo fisterrán xa descansou polo que ten un partido menos. 3 de 3 suma este Fisterra que apunta alto, tras endosarlle un claro 0-11 ao Coristanco, cos goles de Diego Estevez (2), Isaac Fabregas (2), Rubén (2), Luís, San Xixo, Iván Escarís e Iago Insua (2).

Atentos teremos que estar tamén ao Corme, que vencía en San Andrés a un Zas que aínda non estreou o taboleiro de puntos, igual que os Sofán, Ponteceso e Coristanco, aínda en proceso de formación.

Completan o grupo de arriba Esteirana, Cee e Os Miúdos. O Cee vencía a un Sofán en proceso de mellora, mentres que Esteirana e Os Miúdos protagonizaban un dos choques da fin de semana. O derbi muradán acababa cunha clara vitoria para Os Miúdos por 4-0, empatando así na clasificación ambos conxuntos, xa que os blaugranas chegaban con 3 vitorias en 3 partidos. A cousa, cada vez máis igualada.

Imaxe do Coristanco-Fisterra-Foto-David Castro

Lembren que este curso volvemos ter un só representante na Fase de Ascenso á Liga Galega, polo que o título véndese caro na categoría infantil. O gañador, buscará acompañar ao Dumbría na Ligas Galegas, un Dumbría que está tendo problemas neste comezo de campaña no máximo nivel da categoría.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios