Manolo Corredoira deixa o banco do Castriz
Esta semana coñecemos unha nova baixa máis nos bancos do Fútbol da Costa. Corredoira non seguirá á fronte do Castriz, e non poderá concluir un proxecto moi prometedor a comezo de temporada. Pero as cousas non saíron como esperaban, e xa se sabe, "a corda sempre rompe polo máis frouxo", como nos indicaba o presidente Manuel García.
Un presi que nos conta que polo de pronto vai continuar ao mando un home da casa, Esteban Blanco, que xa estaba traballando co equipo con Corredoira, e que polo de pronto ocupará o papel de adestrador, se ben o clube está estudiando ofertas de varios adestradores que xa se ofreceron para este final de campaña (o equipo xa pouco se xoga) e para a vindeira.
A primeira vez en 38 anos
É a primeira vez en 38 anos que cesan a Manolo Corredoira. Comezaba a adestrar con 16 anos, aló polo 1976, e esta é a primeira vez que non acaba a tempada por decisión da directiva. En todo caso, xa puxera o cargo á disposición do clube un par de veces estes pasados meses e a directiva tomou a decisión esta semana.
"Un entrenador non é entrenador ata que o cesan 3 veces", recorda as verbas dun sabio como Luís Aragonés, un Corredoira que a pesar de marchar doído porque o equipo non cumplíu coas espectativas, quere agradecer o traballo da plantilla. "Que non saíron as cousas como esperabamos? É certo, pero a experiencia é boa, e quero agradecer o traballo do plantel e agradecer ao clube a posibilidade de entrenar na Costa.
Non marcha Corredoira, que seguirá á fronte da Escola de Fútbol Base do Xallas de Santa Comba polo menos ata final de temporada, compaxinándoo co Curso de Adestradores de Santa Comba.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Muxía frea ao Baíñas e o Ameixenda apreta a Promoción.
- Xuvenís: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- 3ª Autonómica: Co Baíñas e Montelouro ao seu, a Promoción ponse tensa.
- 2ª Autonómica: O Corme amosa as súas credenciais.
- 1ª Autonómica: Táboas salomónicas.
- Preferente: 2 vitorias e unha derrota con boas sensacións.
- Resultados e análise da xornada de Entroido.
Artigos relacionados
- Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).