Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Fisober enche o pavillón pero o fútbol sala ponse de luto

O Fisober enche o pavillón pero o fútbol sala ponse de luto

Nova semana completa para os equipos de fútbol sala feminino da Costa. Pero o comezo da semana marca a actualidade xa que este martes, Víctor Sieiro Asorey, o presidente do mítico Sal Lence Coruña, co que o Viaxes Amarelle fusionouse no ano 2005, faleceu. Esta mesma tarde de mércores 6 abril ás 19:30 horas terá lugar misar funeral na capela do mesmo tanatorio, para posteriormente ser incinerado.

Xa no deportivo, o Fisber da Liga Autonómica acadaba un traballado empate ante as 3ª da táboa, o Cidade de Ourense, nun pavillón ateigado, o que dá mostra do tirón deste Fisober.
O filial da provincial, pola súa banda, vencía pola mínima ao Sobrado e segue ascendendo posicións. Ademais, o Viaxes Amarelle B achégase ao liderato tras vencer con rotundidade e a modo partido de tenis ao Mabegondo.
Ademais A Salina Xuventude de Esteiro empataba en Bertamiráns ante o Meigas a 1 tanto, mentres que o Concello de Ponteceso FSF caía ante o Femiordes por 0-5 e por 1-7 nun encontro aprazado ante o Manureva.

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER, 3 – CIDADE DE OURENSE, 3
  • FISOBER C. VIMIANZO : Paula, Patri, Elsa, Barca e Ana, tamén xogaron Eva, Alba e Olalla.
  • GOLES: 0-1 Silvia, 1-1 Ana, 1-2 Silvia, 2-2 Barca, 2-3 Ana, 3-3 Ana.

Partido vibrante o disputado na tarde do sábado en Vimianzo entre o Fisober e o terceiro clasificado o Cidade de Ourense, con boa presencia de siareiros xa que parte do público tanto do Soneira como do Muxía que viñan de animar a cada un dos seus equipos no derbi xuvenil de Copa uníronse desta vez para animar o Fisober. Un encontro no que as locais sempre foron a remolque no marcador ca ansiedade que eso provocou.

De saída moito respecto entre os dous equipos o Fisober un dos mellores da segunda volta e as ourensanas terceiras na taboa. Desa maneira as visitantes decidironse a esperar o Fisober e saír a contra. Así os catro minutos de encontro as ourensanas gozaron dunha boa ocasión por medio de Silvia. E no minuto seis de novo a visitante Silvia entraba por banda esquerda e batía a Paula por baixo.

Tocáballe as de Fisober remar a contra corrente e decidiron tomar cartas no asunto. Unha boa combinación das xogadoras locais chegaba a Barca que solo tiña que empurrala pero aparecía a porteira visitante Bárbara e facía unha parada o máis puro estilo Casillas de pau a pau ante o asombro dos siareiros e da propia Barca. Nese mesmo minuto Barca voltaba a ter unha ocasión de gol. Pero parece que ese minuto era do Fisober, xa que a terceira si foi a vencida e unha serie de paredes de todo o equipo era culminada por Ana no gol da igualada.

Voltaba o partido a saída e de novo voltaba o respecto os dous equipos, con control por parte de Fisober e perigosas contras das ourensanas. Nunha desas a tres para o final chegaba o balón o área a Silvia quen de costas se xiraba rapidamente e cruzaba para poñer de novo por diante as visitantes, con ese 1 a 2 chegábase o descanso.
De novo tocaba remar as locais e pronto conseguiron a igualada , foi os tres minutos, combinaban as de Fisober para que Barca lanzandose o chan chegaba a un balón cruzado e poñer o 2 a 2, desquitándose do anterior erro.

Tdo cambiou os dez minutos cando unha falta de entendemento en defensa das de Fisober na saída de balón foi aproveitado pola visitante Ana para poñer por terceira vez en vantaxe as de Ourense.
Tocaba arrebato para Fisober cos riscos que iso tiña a nivel defensivo polos espazos que ían a conceder. A oito para o final Barca lanzaba un esquerdazo a escadra que a porteira visitante Bárbara paraba de forma extraordinaria. A seis para o fin a mesma Barca non era quen de igualar.

Asumía cada vez máis riscos Fisober e a dous para final de novo un erro na saída de balón provocaba un tres para un para as de Ourense no que parecía o fin das opcións para as locais pero a porteira do Fisober Paula dáballe unha bala máis as súas. E só uns segundos despois as súas compañeiras aproveitárono e foi Ana quen empatou o partido a un minuto e corenta segundos para o final.

Pero as visitantes pareceu non valerlles o empate e decidiron adiantar a súa porteira para ese último minuto. E o risco case lles costa o partido xa que un roubo de Patri a vinte segundos do fin fixo que probara sorte dende o seu campo ca porteira adiantada pero foiselle desviado. Chegando así o partido o seu fin cun xusto e disputado empate.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER “ B “ CONCELLO DE VIMIANZO, 1 – SOBRADO XUVENTUDE, 0.
  • FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, Lara, Noelia e Myrella, tamén xogaron : Andrea Romero, María e Andrea Sendón.
  • GOL: 1-0 Noelia.

Xogaba o filial do Fisober no inhabitual horario do venres noite a petición do seu rival,correspondendo as facilidades dadas na primeira volta polas de Sobrado e parece que lle deu sorte xa que voltaron o camiño da victoria ante o segundo clasificado. Despois de un mes onde a melloría no xogo non se vía acompañado polos resultados positivos este venres a victoria pola mínima por fin quedou na casa, algo que viñan merecendo as do Fisober B despois de derrotas axustadas nos últimos partidos. Gran victoria ante gran rival o que realza o traballo das xogadoras locais.

Saltaron a pista moi concentradas as do filial do Fisober e así os tres minutos despois dunha combinación do equipo o balón chegou a Noelia que facía o 1-0 que a postre foi definitivo. Co resultado a favor xa dende tan pronto as locais tentaron tocar o balón e controlar o partido. En liñas xerais fixérono, conseguiron que os primeiros minutos do encontro foran tranquilos sin pasar demasiados agobios defensivos.

As de Fisober tampouco conseguían chegar con moita claridade a meta da porteira rival Laura. Pasaban os minutos e nada trocaba sobre a pista do Municipal de Vimianzo. Dominio local pero sen case ocasións claras para ningún dos dous equipos. Nos últimos minutos Sobrado decidiu dar un paso adiante provocando así máis espacios e algunha ocasión máis para os dous equipos. As visitantes atopabanse sembre ca boa colocación defensiva local e se a superaban coa porteira Eva.

Chegabase o descanso con victoria pola mínima local. O resultado non permitía relaxación para as de Fisober e non o fixeron. Continuaron tentando prácticar o seu xogo ante un segundo clásificado que tentaba presionar un pouco máis arriba para darlle a volta o electrónico. Pero aínda que seguían buscando a súa capitana e mellor xogadora Amalia non creaban excesivo perigo a un Fisober que se atopou moi cómodo durante todo o encontro, eso si ca lóxica tensión polo exiguo do tanteador.
Pasaban os minutos e Sobrado preocupabase xa que se lles ía un partido moi importante na súa loita pola segunda praza. Mediada a segunda metade era cando as visitantes dispuñan da súa mellor ocasión cando Amalia disparaba dúas veces case seguidas a queimarroupa pero a defensa e Eva impedían o gol.

Estos últimos minutos Sobrado tentou por todos os seus medios o empate pero non foi quen ante as ordeadas xogadoras do Fisober e os puntos quedaron na casa, coa conseguinte ledicia das xogadoras locais.

Liga Provincial

  • Resultado: Concello de Ponteceso, 0 - A.R.C. Femiordes, 5
  • CONCELLO DE PONTECESO F.S.F.- Salomé, Silvia, Cris Santos, Chis e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron, Sonia, Mónica, Martina, Sabela, Paula e Tamara.

Moi mal partido o xogado polo equipo pontecesán na tarde do sábado. Comezou moi forte o equipo da vila de Pondal, tendo tres claras oportunidades para marcar nos primeiros 15 minutos de partido, pero os erros de precisión no último pase, fixo que as pontecesáns non se poideran adiantar no marcador.
E despois de varias oportunidades das locais, e de que as xogadoras ordenses ni se acercaran á portería contraria, chegou o gol visitante nunha boa contra culminada por Alicia, e despois como ven sendo costume, as Pontecesáns viñéronse abaixo, e en 5 minutos o Fermiordes marcaría outros dos goles máis por medio de Lucía.

Xa no segundo tempo, parecía que as xogadoras do Concello de Ponteceso entraban ó campo un pouco máis animadas e con ganas de agradar o numeroso público existente nas gradas do municipal, pero ós 6 minutos da reanudación, as visitantes meterían o cuarto da tarde na súa conta, foi un disparo a portería que sae desviado pero impacta na local Mónica e se introduce na súa propia portería, parece que a sorte non lles sonríe as Pontecesáns últimamente.

Liga Provincial

  • Resultado: Concello de Ponteceso, 1- Manureva, 7
  • CONCELLO DE PONTECESO F.S.F.- Salomé, Silvia, Cris Santos, Chis e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron, Sonia, Mónica, Martina, Paula e Tamara.
  • Moi boa primeira parte das xogadoras pontecesáns, comezou o partido con ocasións para os dousbandos en donde as porteiras de ámbolos dous conxuntos estiveron moi acertadas en tódalas intervencións que tiveron. Non foi capaz o Manureva de abrir o marcador ata mediada a primeira parte, nunha boa xogada personal de cristina, que marcaría 6 goles no partido.

    O Ponteceso non se veu abaixo e subíu líneas intentando empatar o partido, froito delo, e préto do final deste tempo, Carmen rematou una xogada ensaiada de corner ó fondo das mallas, levando ás táboas ó marcador e a ledicia o público do municipal pontecesán. Con este resultado chegaríase ó descanso.
    Nesta segunda metade, víuse a cara mala das Pontecesáns, que despois do inmenso esforzó feito na primeira parte, botaron todo pola borda ó recibir catro goles nos primeiros 5 minutos desta parte, e colocarse cun resultado adverso de 1-5.

    Liga Provincial

    • Resultado: Viaxes Amarelle "B", 6 - CD Mabegondo, 0
    • Viaxes Amarelle "B" FSF: Leti, Uxía, Alba, María, Cruz (cinco inicial), Laura Paz, Regi, Xulia, Laura, Cris, Yeye.
    • Goles: 1-0 Alba (min. 1); 2-0 María (min. 6); 3-0 María (min. 19); 4-0 Cruz (min. 23); 5-0 Alba (min.39); 6-0 Alba (min. 49).

    Tras sumar este pasado fin de semana unha vitoria contra o CD Mabegondo e ampliar tres puntos na marcadora, o Viaxes Amarelle B volve á segunda posición da táboa con 59 puntos, quedando a 4 puntos do líder, Sada FSF, e un punto por encima do terceiro clasificado, Sobrado Xuventude. Tras un mal fin de semana pasado, todo volve estar como fai dúas semanas a dúas xornadas da conclusión da tempada co Viaxes Amarelle B asegurándose como mínimo un terceiro posto e a clasificación matemática para a disputa da Copa.

    Liga Provincial

    • Resultado: Concello de Ponteceso, 0 - A.R.C. Femiordes, 5

    Vindeira cita

    Liga Autonómica

    • Leis Pontevedra F.S. - Fisober F.S.F: Domingo ás 12:15 no Multiusos A Xunqueira de Pontevedra.

    Liga Provincial

    • A Salina Xuventude F.S.F. - Concello de Ponteceso: 09/04/2011 ás 19:00h no Pabellon Jose Lago.
    • Fisober F.S.F. "B" - A.R.C. Femiordes (Aprazado).
    • C.F.S.F. O Pino - Viaxes Amarelle F.S.: 09/04/2011ás 20:00h no Pabellon C.P.I. O Pino.

    Máis información

    Xornadas anteriores

    Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios