Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Os equipos da Liga de FS de Cee pechan a Liga e xa pensan na Copa Maratón

Os equipos da Liga de FS de Cee pechan a Liga e xa pensan na Copa Maratón
A Cantina Campiona da Liga de FS de Cee 2015

Xa co título decidido para A Cantina, disputábase a semana pasada a última xornada da Liga de FS Cee, unha xornada con varios partidos sen desputar, pero que deixan xa todo sentenciado, cando xa pensan os equipos na Copa Maratón, que terá lugar os 25 e 26 de abril.

Como dicimos, o equipo fisterrán da Cantina quedou campiona da 1ª División da Liga FS Cee superando ao equipo muxián do Est. Raquel, que estivo moitas xornadas no liderato. Por abaixo, Carnés FS e Autolunas Xallas perden a categoría, e os seus postos serán recollidos polos Ferralla San Mamede, campións da 2ª División e polo Pescados Corcubión.

Mais Deporte da Liga de FS de Cee Liga FS Cee-ferralla sanmamede

En canto aos pichichis, o fisterrán do UC. Cee e da Cantina, Bruno, marcou nada menos que 36 goles, polos 26 de Ángel, do Sar, e os 22 de Miguelón, do Máis Deporte. O muxián Papi é o porteiro menos goleado con 31 goles encaixados, polos 39 de Fran (SAR) e Rafa do MáisDeporte.
Foi o Montaxes Quintaplás o equipo máis Deportivo.

Na 2ª, Fran Pioto queda como pichichi con 30 goles, polos 24 de Isma, do Bar Toba. Ademais, na pelexa polo porteiro menos goleado, Víctor, do equipo campión, queda con 35 goles, un menos que Trillo, do segundo clasificado.
O Talleres Paco foi o equipo máis Deportivo.

XXVIII Copa Maratón

Maraton Copa de FS Cee 2015

A fin de semana do 25 e 26 de abril haberá fútbol sala do bo no pavillón de Cee. Partidazos na, ollo, 28ª edición, desta Copa Maratón.

XXVIII-Maraton-Copa-FS-Senior-Cee-2015

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios