mércores. 30.04.2025
El tiempo

Pablo Muíño volve ao Baíñas

Pablo Muíño volve ao Baíñas
Pablo Muino con Coutino e Doro no banco do XSC-Foto-JP

Pode ser unha das fichaxes máis sonadas do momento. Pablo Muíño deixa o XSC, onde non estaba a contar con tantos minutos como lle gustaría. Pablo levaba 21 partidos convocados na Preferente, dos que 11 partíu como titular, anotando 5 goles. E dada a pólvora coa que conta o equipo de Coméndez arriba trala fichaxe de Vía Rápida, a directiva do club xalleiro non dubidou e doulle a carta de liberdade.

E sae do cadro xalleiro para volver a casa, ao seu Baíñas, onde precisamente ten un irmán na directiva. De seguro que o equipo que preside Juan Silva e dirixe Pablo Mallón terá que aumentar as súas expectactivas e mirar cara arriba.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios