mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: 6ª praza asegurada

Preferente: 6ª praza asegurada

Último partido do Soneira na casa que aproveitou a directiva para renderlle unha homenaxe ao ex-directivo Antonio de Correo que faleceu no inverno que dedicou moitas das súas horas a xestións do clube vimiancés.

Ademais os vimianceses aseguraron así a 6ª posición da táboa tras vencer ao Grixoa.

Xa poden ollar tamén todas as crónicas da ida dos Oitavos d Copa da Costa. Unha Copa que o Soneira disputará ante o Coristanco martes e venres desta semana.

Soneira - Grixoa (2-1)

  • SONEIRA: Fran, Ferreiro, Pablo, Javi, Fran de Urroa, Roberto (Miguel, min.55), Santi, Míchel (Basti, min.72), Quique, Jorge Vigo (Darío, min.58) e Vituco
  • Goles: 0-1, min.68; 1-1, min.75: Miguel, de penalti; 2-1, min.90: Basti.
  • Expulsións: Un xogador visitante (min.63) e Vituco unha vez rematado o encontro.

No relativo ao xogo o partido careceu de intensidade na primeira metade, pero na segunda fóronse quentando os xogadores en accións persoais e o partido acabou moi quente, mesmo Vituco acabou expulsado unha vez finalizado o choque por un pique cun rival.

O Grixoa estivo mellor na primeira metade e tivo 3 achegamentos con moito perigo a meta de Fran que pese a ter problemas físicos puido acabar o choque.

Tralo descanso, Santi en primeiro lugar e logo Quique recollendo o rexeite do porteiro puideron adiantar ao Soneira. Pouco despois unha boa xogada individual de Darío acabou cun agarrón dun contrario cando se dispoñía a rematar nunha posición moi franca. A falta acarreou a expulsión dun xogador visitante, pero a pena máxima lanzada por Vituco foise alta. Que non fallou foi o Grixoa que poucos minutos despois adiantábanse no marcador nunha acción na que os locais reclamaron falta ao porteiro. Semellaba que os visitantes ían poder sacar algún punto do correoso campo soneirán dos que se escaparon moi poucos esta campaña, pero unha pena máxima moi riguroso sinalada polo colexiado nun córner sobre Miguel permitiulle a este igualar a contenda.

Cando semellaba que o rei do empate, dezasete leva o Soneira, sumaría outro máis, apareceu o xuvenil Basti para estrearse como goleador de Preferente e asegurarlle o sexto posto ao equipo de Manolito que fixo todo un campañón na súa estrea en Preferente.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Entrevistas QPC Deportes

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios