Promoción da 3ª: Inxustificable
Podemos ver aquí os feitos que aconteceron este domingo no Novo Cubaleiro na Promoción da 3ª Autonómica no choque entre Corcubión e Muxía. Un choque tenso e polémico, cunha actuación arbitral moi protestada polo muxiáns pero que en todo caso non xustifica saltar ao campo a intentar agredelo.
Escenas que deben ser borradas dos nosos campos...No Corcubión-Muxía. Mañá contamos que aconteceu.
Posted by Fútbol da Costa on Domingo, 31 de Maio de 2015
Tralo visto na acta pode enfrontarse o cadro muxián a unha boa sanción, ademais de ver como o ascenso se lle pon costa arriba tralo resultado final, e iso que comezou gañando.
Na outra eliminatoria, o Coristanco pegou un paso adiante ante o Lira, prevendo xa unha posible finalísima polo ascenso entre Corcubión e Coristanco, comezando no Cubaleiro. Pero aínda queda a volta por roer.
Corcubión - Muxía (4-1)
- CORCUBIÓN: Beto, Javi, Trillo, Marco, Senra, Alan, Gabi, Toja, Gorka, Lema e Lourido. Tamén xogaron: Sebas, Edu e Mario xuvenil.
- MUXÍA: Papi, Peski, Currás, Claudio, Martín, Javi (Esteban), Julián, Conguito, Gerardo (Josiño), Alberto (Víctor Alcaina) e Arxires.
- Goles: 0-1, min.22: Arxires; 1-1, min.58: Lourido; 1-2, min.75: Iago Lema; 1-3, min.87: Lourido; 1-4, min.89: Sebas.
- Expulsións: por bando muxián, o adestrador Suso Rey (min.22), Juan Prado no banco por dicirlle ao colexiado “Estás comprado” (min.31), Arxires (min.40) e Santi Papi (min.89) por protestar “Non tendes nin idea. Es moi burro”. O colexiado ademais deixou constancia na acta de dúas agresións: “me golpearon en la cabeza sin poder identificar el autor” e “una aficionada del Muxía me propinó 8 puñetazos en la boca del estómago”, e de varias amenazas dos xogadores e afeccionados muxiáns. Tivo que acodir a Garda Civil para rematar o partido.
Menudo partido o vivido en Corcubión. 150 afeccionados, con moitos chegados de Muxía, disfrutaban dun partido tenso. Adiantábase o Muxía cun tanto de Arxires, pero un penalti pitado aos corcubioneses que paraba Papi xa comezaba a provocar as protestas dos muxiáns. Un muxiáns que pensan que o colexiado xa viña preparado para eliminalos, que denuncian que ademais da actitude chulesca do colexiado, un asistente ata se riu deles e lles chegou a facer un corte de manga.
Foi aí cando saltou ao campo un longo grupo de afeccionados do Muxía, para intentar agredir ao colexiado. Escoltados por varios xogadores do Corcubión e os seus delegados, conseguiron escapar a fóra do campo, entrando por unha porta lateral aos vestiarios ata que chegou a Garda Civil.
Na segunda, cun home menos, o cadro muxián tívose que meter atrás. O Corcubión empezou a mandar e facer dano, e pronto os dous puntas corcubiones, Lourido e Lema, xa marcaban. Tardaron en chegar os últimos 2 tantos, xa case que co tempo cumplido, por medio de Lourido e Sebas, que deixan a eliminatoria encarrilada para os de Lema.
Lira - Coristanco (0-2)
- LIRA: Peipo, Josiño, Eloy, Pardelo, Pelos, Estrella, Pata, Demetrio, Oli, Saúl e Adrián.Tamén: Yeray, Aitor, Miky e Manu.
- CORISTANCO: Nacho, José, Ruben (Marcos, min.85), Sergio, Mato, Iván, Pazos (Mallón, min. 75), Damián (Toni, min.70), Joni (Facal, min.60), Gonzalo e Lagoa.
- Goles: 0-1, min.2: Pazos á saída dun córner; 0-2, min.85: Mallón.
- Expulsión: Pelos no min.10.
O gol inicial de Pazos e a expulsión de Pelos aos 10 minutos deixando ao Lira 80 minutos cun home menos (ademais dos Remedios…) foron claves para o devir do partido. O Coristanco mandou no partido, ante un Lira que aguantaba e intentaba saír nunha contra, pero se viron sorprendidos polo comezo fulgurante dos de Da Silva. Marcaban aos 3 minutos tras un córner botado por Lagoa, e tras uns minutos de intensidade, o Lira conseguía impoñerse no medio campo. Así e todo a mellor ocasións da primeira foi un penalti por mans que tira Juan Lagoa e para Peipo. Algunha ocasión mais tería Gonzalo pero o 0-1 non se movería ata o descanso.
O Lira saíu moi forte na segunda, a pesar de estar cun home menos. O Coristanco aguantaba atrás pero o Lira aínda tivo dous balóns ao pau e unha de Manu só diante do porteiro que marchou fóra, e mesmo pediron unhas mans dentro da área visitante.
O Coristanco puido tamén ampliar con dúas chegadas de Juan a pase de Gonzalo, pero foi Mallón, xa Mallon a 5 do final o que daba certa tranquilidade aos visitantes cun tiro dende o borde da área. Estaba tocado o Lira aí xa, despois do esforzo, e Iván puido meter o terceiro nunha falta que petou no longueiro.
Complicado pero non imposible o ten o Lira para a semana na Rocheira.
Crónicas da semana
- O Zas supera o inferno de Tordoia e achégase ao soño do ascenso.
- Copa da Costa: Temporal do XSC e o Seaia dá a sorpresa.
- Resultados dunha xornada moi tensa.
Torneos estivais
- Louro, Santa Comba e Sofán acollerán novos torneos estivais.
- Primeira fornada de torneos de básket en Santa Comba, F7 en Zas, e FS en Vimianzo.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Novas relacionadas
Primeiros títulos colleitados
- Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais.
- 3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda.
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª-
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).