Primeira xornada de novembro, nunha fin de semana de Defuntos na que o tempo deu unha pequena tregua logo do final do veroño.
Coma sempre comezamos a análise da xornada dende a Preferente - Senra Sport. Non foron malas as novas para os nosos. Sobre todo para o XSC que rompía unha xeira de 4 partidos sen galar vencendo en Arteixo na mañá dominical, colocándose agora na 13ª praza con 12 puntos. Un máis ten o Dumbría, que non pasaba do empate na casa ante unha Sarriana que roza o descenso, nun partido tolo.
A xornada tiña os ollos postos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra onde os clubs costeiros protagonizaron dous fantásticos derbis. No Carral, a SD confirmou que na casa é imbatible e o Corme, en clara tendencia negativa con 4 derrotas consecutivas, non podía sacar nada positivo. O Sofán é así o novo líder da categoría, tras superar a un Baio que caía no Platas Reinoso ante un Malpica que só suma dende a chegada de Baña ao banco. Son 9 puntos para os malpicáns, que aínda así non saen dos postos de descenso.
Ademais, boas novas para o Soneira, que vencía ao Amio e mesmo supera ao Corme. E grandes novas para a Esteirana, que rompeou o maleficio e sumou a súa primeira vitoria da temporada ante o Silleda, rival directo ao que empata na táboa.
Na Liga da Costa, a 2ª Autonómica - ES Bazarra, San Lorenzo, Castriz e Zas seguen a súa particular loita e están nun só punto de diferencia cos carballeses de líderes. Houbo ademais interesantes derbis, como o da montaña que levou por un apretado 2-1 o Mazaricos ante o Baíñas, ou como sureño, que levou o Carnota ante o Volantes. Por abaixo, o Montelouro non puido co líder e segue cun só punto e o Camelle sumou un puntiño e Cee, como o Camariñas ante a visita do Outes. Non sacou nada o Ponteceso de Xaviña ante un gran Buño situado na 4ª posición, empatado co Outes a 4 do liderato.
Estrana xornada na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira con severas goleadas. Por exemplo, o Ameixenda sacaba un 0-3 en Lombáns ante un Lira que leva 3 derrotas consecutivas.
Por detrás dos ceenses quedan 5 equipos apretados, en apenas 2 puntos. Ponse o Cerqueda 2º, xa a 8 puntos dos ceenses, tras endosar 5 en Nantón. O Coristanco queda 3º tras vencer a un Castrelo que, como o Laxe aínda non coñece o sabor doce da vitoria.
Xa nos Xuvenís, importante xornada na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, con vitoria do Dumbría ante o XSC no duelo dos dous favoritos. Agora queda o cadro dumbriés con 4 puntos sobre Os Miúdos, que se meten na 2ª praza tras superar ao Muxía, deixando un punto por debaixo aos xalleiros, empatados ademais ca Esteirana. Vai estar pelexada esas 2ª e 3ª prazas, nunha loita á que tamén se queren apuntar o Cee, que vencía ao Fisterra nun fantástico derbi, e Outes.
Tremenda a xornada tamén na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, que deixa 7 equipos en 5 puntos. O líder, Cabana, non pasaba do empate ante un gran Coristanco, que queda 5º. Colócase o impresionante Porteño 2º tras vencer con claridade a todo un Corme, mentres o Camariñas caía na casa ante o Ponteceso nun partido no que puido pasar de todo, como indica o resultado, complentando o grupo de arriba o Zas. Por abaixo, primeira vitoria do Laxe ante un Baio que segue con problemas de efectivos.
Non foi tan boa como a anterior a xornada nas Ligas Autonómicas. Pero a gran nova a trouxo o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría que acadaba un grandísimo empate na Madroa ante todo un Celta, o líder da clasificación. Empataba tamén o XSC na Liga Galega Cadete ante o Bergantiños e segue escapando de abaixo, mentres os Infantís do Dumbría non sacaban nada da Coruña.
Nas Ligas locais, Corme e Cabana seguen pelexando no alto da 1ª Cadete, deixando un pouco atrás ás Baleas, que non podía co Cee. A igualdade é a raíña na 1ª Infantil cos XSC, Fisterra e Os MIúdos nun pano, por diante de Cabana e Corme.
Xa nos Veteranos, xornada intensa con sorpresas. Na 1ª División, o Dumbría, que vencía a semana pasada ao líder, Hosgran, caía ante o Zas. O líder non fallou en Laxe, polo que xa saca 4 puntos ao propio Zas, e 5 a Coristanco, Baio, que vencía ao Soneira, e Dumbría.
E na 2ª, o Porteño parou os pés ao San Isidro- Razo, endosándolle a primeira derrota, e permitindo que o Agualada, que aínda non coñece a derrota, se coloque líder. O Erbecedo e Porteño adiantan tamén aos novos de Razo, formando os 4 un grupo cabeceiro.
Atl. Arteixo | 0-1 | Xallas StComba |
Dumbría | 2-2 | Sarriana |
Soneira | 1-0 | Amio |
Esteirana | 4-2 | Silleda |
Malpica | 2-0 | Baio |
Sofán | 2-1 | Corme |
Mazaricos | 2-1 | Baíñas |
Cabana | 1-1 | Seaia |
Zas | 2-0 | Porteño |
Montelouro | 1-3 | San Lorenzo |
Carnota | 3-2 | Volantes |
Camariñas | 1-1 | Outes |
Cee | 0-0 | Camelle |
Castriz | 2-1 | Fisterra |
Buño | 4-3 | Ponteceso |
Lira | 0-3 | Ameixenda |
Muxía | 7-1 | Laxe |
Nantón | 0-5 | Cerqueda |
Coristanco | 3-0 | Castrelo |
Esteirana | 3-1 | Castriz |
Outes | 7-0 | EF Corcubión |
Os Miudos | 3-0 | Muxía |
Xallas StComba | 0-4 | Dumbría |
Cee | 3-1 | Fisterra |
Laxe | 3-2 | Baio |
Camariñas | 4-5 | Ponteceso |
Zas | 4-0 | Malpica |
Porteño | 3-0 | Corme |
Coristanco | 1-1 | Cabana |
Bergantiños | 2-2 | Xallas StComba |
Fisterra | 4-0 | Coristanco |
Corme | 9-2 | Os Miudos |
Muxía | 4-2 | Sofán |
Cabana | 3-0 | Outes |
Cee | 4-3 | As Baleas |
Baio | 3-1 | Ponteceso |
Cee | 3-3 | Esteirana |
Vimianzo | 1-5 | Fisterra |
Os Miudos | 5-1 | Coristanco |
Cabana | 6-1 | Outes |
Xallas StComba | 4-0 | Ponteceso |
Sofán | 1-2 | Corme |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 8
Dumbría | 2-3 | Zas |
Laxe | 1-4 | Hosgran |
At. Milagrosa | 1-0 | San Román |
Soneira | 1-2 | Baio |
San Lorenzo | 1-2 | Bértoa |
Ponteceso | 0-2 | Castriz |
Xv. Bergantiños | 3-3 | Coristanco |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 8
Cerqueda | 0-0 | Vimianzo |
Poniente | 1-1 | Sofán |
Malpica | 3-2 | Camariñas |
Nantón | - | Corcoesto |
Leiloio | 1-6 | Erbecedo |
Porteño | 4-2 | San Isidro-Razo |
Agualada | 5-1 | Buño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte