Martes. 15.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte

Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte
Dumbria-Fisterra xuvenil-Foto-Jorge Parri

Vanse poñendo as cousas no seu lugar tras 9 xornadas nestas ligas Xuvenís. Se polo Sur segue mandando o Dumbría, e outros 4 equipos parece que loitarán polas súas prazas restantes, no Norte son 4 os equipos separados por só 2 puntos.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 9

Segue o Dumbría imparable cara o título da Liga regular Sur. O sábado tiña en fronte o rival que máis forte chegaba, tras 5 vitorias e só unha derrota. O Fisterra só caera ante a Esteirana pero acabou sucumbindo ante un Dumbría que suma 6 vitorias e un empate, 35 goles a favor e só, atención, 2 goles en contra.

Queda agora con 4 puntos de vantaxe sobre o grupo perseguidor, comandado polo Cee e polo Fisterra, que suman un punto máis que Esteirana e XSC. Parece que os 4 equipos, co permiso do Outes, se xogarán as dúas prazas restantes para a Liguilla polo ascenso.

Dumbría - Fisterra (3-0)

11 do Dumbria xuvenil que arrasa-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Couto, Duarte, Portu, Cabana, Roberto, Yeray, Maikel, Adrián Alcaina, Marcote, Pablo, Javi. Tamén xogaron: Oli, Fabián, Martín, Lucas, Antón.
11 do Fisterra xuvenil no Conco-Foto-Jorge parri
  • FISTERRA: Ángel (Santi, min.20), Javi Suárez, Cartamil, Rubén, Noé, Breixo (Manute, min.70), Jose (Josema, min.60), Abel, Benlloch, Beto (Andrés, min.72) e Adrián (Gabi, min.46).
  • Goles: 1-0, min.10: Javi; 2-0, min.15: Adrián Alcaina; 3-0, min.40: Javi.
Capis do Fisterra e do Dumbria xuvenil-Foto-Jorge Parri

Os de Diego Lobelos e Óscar Leis seguen imparables. O sábado sufriuno o Fisterra, que chegaba como un dos grandes rivais. E deu a cara o equipo de Nacho, que non decaeu a pesar de recibir 2 goles tempraneiros e ir co 3-0 ao descanso e na segunda metade tivo opcións de recurtar. Así e todo, o dominio foi local en todo momento.

Xallas StComba - Muros (5-1)

  • Goles: Iván Pastoriza (3), Adrián e Fabián para o XSC. Eloy por parte muradán.

Un penalti e expulsión do muradán Juan puxo as cousas de cara para que os xalleiros de Rafa puideron gañar con comodidade ao equipo de Bibi, ue chegaba con moitas baixas. O segundo gol tras unha boa xornada entre Sergio e Iván foi clave para que o Muros, que ademais acabou con 9 sobre o campo, baixase os brazos.

Mazaricos - Cee (2-6)

  • MAZARICOS: Samuel, Carlos, Bruno, Bieito, Adrián, José, Manuel, Thiago (Guille, min.71), Raúl (Álvaro, min.53), Samu e Iago (David, min.61).
  • CEE: Paulo (Argen, min.77), Abraham, Jicho, Aitor (Vilela, min.76), Carlos Leis, Esteban, Tebo (Germán, min.74), Andrés, Alex (Rafa, min.60), Nanón e Mario (Marco, min.81).
  • Goles: 1-0, min.11: Manuel; 1-1, min.36: Andrés; 1-2, min.57: Tebo de penalti; 1-3, min.61: Rafa de penalti; 1-4, min.70: Andrés de penalti; 1-5, min.72: Estaban de penalti; 1-6, min.77: Rafa; 2-6, min.87: Adrián de penalti.
  • Expulsión: o amarelo José, min.63.

Non foi tan sinxela como sinala o marcador a vitoria ceense. O Mazaricos prantou cara durante unha hora, e foi só a partir do min.20 da segunda cando o Cee sentenciou. A primeira metade foi moi disputada. Alex avisaba nada máis comezar das intencións ceenses ante un Mazaricos ben pechado no pequeno campo mazaricán e buscando as contras. Manuel facía o 1-0 aos 10 minutos dende a frontal. O partido se puña custa arriba para o equipo de José Carlos ante un Mazaricos máis cómodo. Pero antes do descanso conseguía empatar Andrés tras un córner.

5 penaltis determinaron o partido na ssegunda metade. En apenas 15 minutos 4 penas máximas sentenciaran ao equipo de Casais, que protestou moito a actuación arbitral.

Soneira - Lira (4-1)

  • Goles: Carlos (2), Eloy e Espi para o Soneira e Alexis para o Lira.

Segue mellorando este novato Lira, e o sábado puido prantar cara ao Soneira. Aproveitou o cadro soneirán para sumar a súa segunda vitoria da temporada e deixar ao Mazaricos e ao propio Lira afundidos con 0 puntos.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 9

Novo cambio de líder no Norte, e 4 equipos seguen en apenas 2 puntos. A igualdade é total entre Corme, Cabana, Malpica e Ponteceso e parece que serán eles, co permiso do Baio, Camariñas e Coristanco, os que se xoguen as 3 prazas. Nesta xornada o Corme volve tomar o liderato tras vencer con comodidade ao Camariñas e aproveitar o empate do Malpica en Baio, ante un cadro local que se ratifica como o rei do empate (xa van 5) merecendo estar máis arriba na táboa. O Ponteceso daba conta do débil Porteño e o Cabana sacaba unha vitoria non de todo merecida de Laxe, outro dos equipos que parecía que ían estar arriba pero que non acaba de arrincar.

Baio - Malpica (1-1)

O Baio xuvenil e o rei do empate-Foto-Luis E Porto
  • BAIO: Guillermo, Fabián, Miche, Pablo, David, Anxo, Silvariño, Kevin, Cristian (Javi, min.76), Santi Díaz, Estefan (Jóse, min.63).
11 do Malpica xuvenil en Baio-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Manuel, Víctor Novo, Kevin, Canario, Steven (Jorge, min.61), Mouri (Brais, min.70), Pitís, Guille (Alberto, min.46), Almeida, Diego, Eloy.
  • Goles: 0-1, min.40: Almeida de cabeza nun córner botado por Pitís; 1-1, min.50: Santi Díaz a centro de Anxo.
  • Expulsión: O malpicán Eloy por revolverse contra un contrario.
O capitan baies Silvarino e o malpican Diego-Foto-Luis E Porto

Frouxo encontro o visto no Platas Reinoso na tarde do sábado, na previa do choque dos maiores na 1ª Autonómica. Foi un partido soso, sen dominador claro e moito patadón e apenas ocasións. O Baio intentaba combinar pero non era o seu día.

O partido arrincaba cunha falta de Kevin que parou o meta malpicán Manuel. Só ao fío do descanso o Malpica, na primeira chegada nun córner asinaba o primeiro gol, dando conta da súa efectividade. De contado Santi Díaz avisaba das intencións dos baieses cunha internada pola banda.
O segundo tempo comezaba co empate por medio de Santi Díaz, e a partir de aí apenas un córner a favor dos baieses que se marchou algo e unha falta de Kevin para os malpicáns que detivo Guille.

Repartode puntos entre o que chegaba de líder, o Malpica, e o rei do empate, un Baio que, por xogo, merece estar algo máis arriba na táboa.

Coristanco - Muxía (1-0)

  • CORISTANCO: Brais, Javi (Abelenda, min.50), Navarro, Rubén (Cristian, min.39), Iván (Alex, min.60), Joni, Jorge, Brais, Brandón (Falcao, min.75), Bértoa (Mosquera, min.80), Joaquín.
  • MUXÍA: Anxo, Carlos (Diego, min.70), Juanjo, Antonio, Andrés, Macareno, Eddy, Víctor, Paulo, Juan, Mario.
  • Gol: 1-0, min.50: Jorge de falta dende o medio campo co axuda do meta muxián.

Partido aburrido, de moita brega no medio campo, con apenas un par de ocasións para cada equipo e un gol de falta dende o medio campo. O Muxía de Javier Lema, que chegaba con moitas baixas, mereceu máis ante un Coristanco de Da Silva que non tivo o seu día pero que tivo a sorte de cara.

O Muxía estivo moi ben prantado todo o partido e non deixaron achegarse a súa portería. Só á volta do descanso Jorge lanzaba unha falta dende o medio campo que se colaba coa axuda do meta muxián. A partir de aí o Muxía foise arriba. O central Andrés fixo de Alexanco e se colocou en punta e tivo a mellor ocasión para acadar o empate pero finalmente marrou nun claro un contra un cando o partido esmorecía.

Ponteceso - Porteño (6-0)

  • PONTECESO: Damián (Dani, min.75), Adrián, Dani Villar, Lorenzo, Diego Collazo, Diego, Ismail, Yago (Sergio, min.38) (Luca, min.43), Pablo, Alberto Recarey (Busto, min.60), Óscar.
  • PORTEÑO: Brais, Manu (Brais, min.70), Antonio, Marcos, Gonzalo, David Pasantes (Alex, min.75), Mario, Alvaro, David (José, min.70), Michael (Dani, min.75), Matías (Felipe, min.60).
  • Goles: 1-0, min13: Diego Collazo; 2-0, min.22: Yago; 3-0, min.48: Alberto Recarey; 4-0, min.55: Pablo; 5-0, min.67: Pablo; 60, min.72: Diego Collazo.

Non quere o Ponteceso deixar marchar o grupo de cabeza e trala dura derrota da semana pasada en Malpica os de Dani Pallas se puxeron o mono e as pagaron cos novatos de Ordóñez, que nada puideron facer antes as embestidas pontecesás, que xa marchaban 2-0 ao descanso.

Corme - Camariñas (7-1)

  • Goles: Alejo (2), Antonio (2), Juanma, Isma e Manu para o Ponteceso e Santi para os de Pirucho.

Pouco que contar tamén do choque no Cairo entre un Camariñas en cadro e un Corme que deu a súa mellor versión. E iso que comezaba marcando pronto o equipo visitante pero o Corme reaccionou e a cada chegada, un tanto. I é que o Pirucho está sen porteiro e desta volta foi o lateral Pose o que tivo que colocarse baixo paus.

Laxe - Cabana (1-2)

  • Goles: 1-0, min.55: Adrián a pase de Nico; 1-1, min.60: Darío; 1-2, min.75: Pablo.

Partido tremendamente igualado entre un Cabana que seguro van estar arriba e un Laxe que pretendía sumarse á loita. Comezaba o Cabana mandando no campo de xogo, pero as súas chegadas non eran tan claras. Na segunda o Laxe veuse arriba, presionando moito a saída do balón e roubando arriba para adiantarse no marcador cun tanto de Saleta.

Pouco lle durou a alegría ao Laxe, que malia estar merecendo máis vía como o Cabana empataba de contado por medio de Darío. Non se amilanou o equipo de Nano e seguía presionando moi ben arriba, e tendo ocasións claras de gol que non acertaban a materializar. E contra o final, foi Pablo o que atinaba nunha das poucas chegadas do cadro cabanés na segunda para darlle os 3 puntos aos de Fernando que deixan ao equipo cabanés moi ben situado.

Crónicas das Ligas Xuvenís

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios