Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría despega e o XSC aterra

Preferente: O Dumbría despega e o XSC aterra
Adrian Makaay marcou de novo

Dispar a sorte dos nosos na 8ª xornada da Preferente - Senra Sport. A sorte que tivo cara gol o Dumbría non a tivo un XSC que caía ante o Arzúa, deixándoo saír do pozo, e quedando c con 9 puntos, na 14ª praza.

O Dumbría, pola sua parte, ascende coa primeira vitoria da historia ante o Chantada, a unha cómoda 10ª praza cos seus 12 puntos.

Arzúa - Xallas StComba (1-0)

XSC - Foto-Mca Cuns
  • XSC: Iván Couto, Rubén Forján, Óscar (Choco, min.53), Alberto (César, min.63), Aarón, Jota, Doro, David Baña, Pablo Muíño, Jesús e Kevin.
  • Gol: 1-0, min.25: de penalti.

Non puido traer nada positivo o XSC de Arzúa, nun choque no que puido deixar moi tocado ao equipo queixeiro. Na primeira parte estivoi moi apático o 11 xalleiro, brandos e sen intensidade. Pero o Arzúa non acaba de facer moito dano e tivo que ser un penalti que só viu o colexiado, precedido dunha perda en campo propio da defensa xalleira collendo mal posicionado o equipo, o que propiciara o gol da vitoria. Un balón que chegaba por banda cun centro raso ao que sae Iván Couto a despexar arrollando ao dianteiro.

Na segunda parte mellorou moito a actitude e o sacrificio dos visitantes que tiveron ocasións suficientes para sacar algo positivo, pero o equipo está nunha fase na que se algo pode saír mal, seguro que sae mal, e a pesar das boas ocasións dos verdes e laranxas, o gol do empate nunca chegaría.


Dumbría - Chantada (3-0)

Imaxe do Dumbria-Chantada
  • DUMBRÍA: David, Tantán (Alcaina, min.58), Brian, Kevin, Iago, Aarón, Adrián Makaay (Darío, min.46), Rivi, Adrián Nieto, Jesús (Cote, min.70) e Diego Cespón (Davic Carreira, min.80).
  • Goles: 1-0, min.39: Adrián Makaay; 2-0, min.75: Adrián Nieto; 3-0, min.90: Adrián Nieto.

Partidazo do Dumbría na casa, con goles ademais dos seus pichichis, que xa suman 4 tantos cada un, colleitando así a primeira vitoria ante o equipo lucense. O cadro de Canosa saíu dende o comezo polo partido pero custoulle romper a defensa chantadina. O partido arrincaba de xeito fulgurante, con varias ocasións nas dúas porterías, pero a partir de aí a igualdade levou o balón ao medio campo. Pero foi Adrián Makaay o que rompeu a igualada ao fío do descanso.

Presentábase de cara a segunda metade para os locais, e souberon esperar o seu momento, sen desfacer a boa orde defensiva. Foi o outro Adrián, o Nieto, o que fixo dous golazos no treito final, para sumar 3 puntos que saben a gloria no Conco, que os deixan na metade da táboa.

Imaxe do Dumbria-Chantada

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios