COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús
Esta fin de semana realizouse un cribado arredor do IES Fin do Camiño de Fisterra. A raíz dun pequeno gromo de 5 casos, o centro, a ANPA e o Concello solicitaron este cribado, e o SERGAS accedeu a realizalo.
E o resultado das máis de 100 probas PCR, foi de 6 novos casos, sendo un total de 12 persoas as afectadas. O centro tivo que pechar 2 aulas, e de feito, este luns apenas foi un alumno a clase, pois boa parte dos resultados non se deron ata media mañá e as familias decidiron facer ficar aos nen@s na casa por precaución.
A cifra de positivos súmase ao aumento enorme que se dá na vila do Cristo durante esta fin de semana, pasando dos 14 novos casos nos últimos 14 días rexistrados o pasado xoves aos 33 de onte. Unha cifra que provoca unha subida da taxa de incidencia media de menos de 300 novos casos por cada 100.000 habitantes a case chegar aos 700, moi lonxe dos 250 casos que toma de referencia o Sergas para comezar a tomar restricións.
O Autobús no punto de mira
Dende o Concello de Fisterra lamentan a falta de información por parte da Xunta. O teniente alcalde Kuka Sar non entende “como non se nos dá ningún tipo de información dende o Sergas sobre o cribado, ou sobre a nosa situación”. Lembra que “xa dende a primeira onda non recibimos información algunha, por iso lle dicimos á veciñanza que non temos máis información que a que dá a Xunta de Galicia no seu portal de transparencia do COVID”.
Unha importante reflexión que fan dende Fisterra é que dos 12 casos positivos que se deron no IES (10 alumn@s e 2 profesores), 9 (dos 10 alumn@s) son usuarios do bus. De feito, analizan que o positivos danse entre rapaces de aulas diferentes e o único nexo é o bus, poñendo de novo enriba da mesa as posibles problemáticas co transporte escolar no rural. Un transporte que rompe a idea das aulas burbulla por completo, de aí que non entenden que a Xunta non faga ningun análise concreto do cribado, e nin sequera se puxera en contacto coa empresa Monbús para solicitar a proba ao condutor.
Dende o centro tamén lamentan a falta de información, dubidan sobre a rotura das “burbullas”, e ademais denuncian dende hai tempo que a empresa non cumpre co estipulado na lei, por exemplo, os luns pola tarde cando unifica as dúas liñas nunha soa.
A ANPA confirma tamén que os buses fan outras liñas escolares, e dubida se eses buses fan servizos discrecionais, co que a norma de manter o seu asento perde o sentido.
Así mesmo, dende o Centro explican que o alumnado “cumpre estritamente coas medidas durante a estadía no centro”, pero que durante o transporte escolar, ao non haber acompañante, non se pode saber que é o que pasa, se se gardan as distancias…
A ANPA do centro tamén están preparandoescritos para enviar ás consellerías de Sanidade e Educación.
Máis novas do COVID
- 11-12-2020: COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións.
- 10-12-2020: Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño.
- 10-12-2020: COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur.
- 06-12-2020: Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca.
- 04-12-2020: COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte.
- 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa.
- 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte.
- 30-11-2020: A hostalería da Costa da Morte sae á rúa para pedir o seu “rescate Xa!”.
- 27-11-2020: COVID: A Xunta anuncia o peche perimetral de Cee, Dumbría e Muxía.
- 27-11-2020: COVID: Bergantiños dobrega a curva.
- 23-11-2020: COVID: A comarca de Bergantiños segue a ter unha taxa de incidencia superior aos 800 casos por cada 100.000 habitantes.
- 22-01-2020: COVID: A Costa da Morte rexistra 685 casos positivos.
- 20-11-2020: COVID: Laracha súmase ás restricións da comarca de Bergantiños.
- 18-11-2020: COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños.
- 17-11-2020: A hostalería da Costa da Morte acode a santiago para pedir un Plan de Rescate Xa.
- 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3.
- 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños.
- 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello-
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.