1ª e 2ª FEM.: O Muxía bate tamén ao Dumbría
Albíscase o final de temporada e na 2ª Div. Feminina seguen dúas loitas vivas. O Muxía bateu no derbi ao Dumbría, e as de Noe Iglesias se manteñen con opcións intactas de loitar polo título e afianzar o ascenso directo. Teñen 3 puntos menos, pero un partido menos que o Tordoia, e están con 6 de vantaxe sobre un Bergantiños B que non frea a súa boa marcha.
Ademais, o único equipo que segue cun obxectivo claro é o Corme, que pode loitar a súa presenza na promoción de ascenso. A súa vitoria en Ordes e a sorprendente derrota do Milagrosa pon ás de Rubén Souto a só 1 punto das lucenses e empatadas co Victoria C.
Un cadro herculino que puido cunha Esteirana que viviu outro fito singular na súa complicada temporada, presentándose con 10 na Coruña.
Ademais, descansaba o Cee, que como a Esteirana e o propio Dumbría, están nunha situación de media táboa.
1ª Div. Fem., xornada 22
Sp. Cambre - Xallas (3-0)
- Xalas: Peta, Landi, Ainhoa, Silvia, Soraya, Sara, Noe Vimi, Claudia Facal, Mery, Olalla e Espasandín. Tamén: Paula Barcia, Isa e Valeria.
- Goles: 1-0, m.34: Lucía Conde; 2-0, m.57: Sofía; 3-0, m.78: Lucía Conde.
Saída complicada tralo sufrido pase ás semis de Copa do xoves para as xalleiras. Aínda así aguantaron media hora competindo man a man, sufrindo, iso si, unha presión alta que impedía xogar cómodas, pero que tamén permitía algunha ocasión aproveitando as costas da defensa como as primeiras chegadas de Espasandín, Oli ou Soraya. Pero eran as locais as que se adiantaban, despois de que Peta sacase unha man da escuadra para salvar o primeiro.
Co 1-0 comezaba a segunda metade, xa con moito cansanzo e con xogadoras lesionadas. A base de garra intentaron irse arriba, pero deixaron ocos que o rival aproveitou para sentenciar.
2ª Div. Fem, Gr. 1, xornada 25
Victoria C - Esteirana (6-4)
- Esteirana: Lidia, Sandra Dosil, Lara, Nurua, Tobío, Nerea, Melania, Alba Carou, Bárbara e Rut.
- Goles: 1-0, m.7: Martina; 2-0, m.9: Alejandra; 2-1, m.11: Rut; 2-2, m.24: Rut; 2-3, m.30: Rut; 3-3, m.40: Alejandra; 4-3, m.48: Ariadna; 5-3, m.53: Alejandra; 5-4, m.59: Rut; 6-4, m.70: Julia.
Se este ano está sendo unha auténtica batalla, o domingo a Esteirana viviu un novo momento estrano ao ter que presentarse con 10 xogadoras na Coruña. O esforzo das blaugranas foi brutal, competindo durante case todo o partido, con Rut facendo un póker e poñendo en apretos a todo un filial nun campo enorme.
Dumbría - Muxía (0-5)
- Dumbría: Liss, Mariña, Yaiza, Lara, Sabela, Yoli, Carla Recarey, Carla Lago, Paula Fandiño, María, Cundíns. Tamén: Ana, Sofía.
- Muxía: Sheila, Ana Toba, Raquel, Mai, Eva Lago, Andrea Piroja, Laura Doce, Patri Romaní, Elsy, Barca e Eva Lema. Tamén: Vero, Nerea Barrientos, Irene, Nerea Pazos e Andrea Insua.
- Goles: 0-1, m.32: Patri Romaní; 0-2, m.36: Eva Lema; 0-3, m.66: Laura Doce; 0-4, m.74: Nerea Barrientos; 0-5, m.89: Eva Lema.
Co esforzo do xoves na Copa, chegaba un novo derbi no Conco. E chegaba un Muxía que segue nun momento doce, que para a súa adestradora Noe Iglesias fixo “un dos mellores partidos ata agora, tanto ofensiva como defensivamente”. As corviñas saíron moi enchufadas ante un cadro local que non estiveron cómodas en ningún momento, se ben conseguían superar un par de veces a presión visitante, e mesmo pediron un posible penalti por mans co 0-0 no marcador.
Con todo, as ocasións eran das vermellas e só as boas paradas de Lisette impediron abrir o marcador antes da media hora, cando Patri Romaní e Eva Lema metían en vantaxe ás súas.
Saíron mellor as de Santi Lira na segunda, algo máis avanzadas no campo e tendo que aparecer Sheila para salvar unha ocasión das locais, antes de que Laura Doce, cun golazo en xogada individual, deixase sentenciado o partido. Aí volveuse algo tolo o partido, pero as que pescaron foron as mesmas.
Órdenes - Corme (0-3)
- Corme: Lucía, Olalla, Saaskia, Laura, Aroa, Natalia, Claudia, Ana Suárez, Cris, Zeltia, Carla. Tamén: Lucía e Naroa.
- Goles: 0-1, m.46: Claudia; 0-2, m.80: Claudia; 0-3, m.85: Saskia.
Soubo enfrontarse ben o Corme a un equipo ben armado, que impedía combinar ben ás de Rubén Souto, que non estiveron cómodas co balon na primeira metade, pero que non sufriron atrás. Un gol nada máis volver dos vestiarios obrigou ás locais a abrirse algo máis e a partir de aí as de Rubén Souto souberon ler os espazos e aproveitar as ocasións, sobre todo cando as locais quedaron con 10.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.