luns. 12.01.2026
El tiempo

1ª FUTGAL: O ano comeza tan mal como comezou para os equipos costeiros

Ivan Bouzon nun partido do Muxia-Foto-Marina Busto
Iván Bouzón nun partido do Muxía-Foto-Marina Busto
1ª FUTGAL: O ano comeza tan mal como comezou para os equipos costeiros

Non mellorou a cousa neste 2026 con respecto a como acabou o 2025. Os equipos costeiros volveron sufrir unha mala xornada, e só o Muxía conseguía sumar de 3, colocándose nunha zona cómoda da parte media/alta. 5 partidos sen gañar suma xa o Camariñas, que hai nada estaba case que en promoción e agora está a só 2 partidos do descenso directo.

Un descenso directo que copan os nosos Castriz, Fisterra e Esteirana. Os primeiros colleitaron goleadas, mentres que a Esteirana tiña un choque vital ante o equipo que marca a teórica salvación, e non pasou do empate a pesar do valioso de remontar un tempraneiro 2-0, quedándolle aínda a permanencia a 10 puntos de distancia cando remata a primeira volta.

Racing San Lorenzo - Fisterra (5-2)

  • Fistera: Joselu, Dani, Colombia, Noe, Rubén, Rui, Quintela, Ángel, Guille, Juan e Isaac Fábregas. Tamén: Guolle, Martín e Pablo Velay.
  • Goles: 1-0, m.11: Jorge Rama; 1-1, m.19: Isaac Fábregas; 2-1, m.28: Isma Estévez; 2-2, m.30: Guille; 3-2, m.37: Jorge Rama; 4-2, m.63: Isma Estévez; 5-2, m.66: Isma Estévez.

Competiu ben o Fisterra e estivo metido no partido moitos minutos, sobre todo nunha primeira metade na que foron dominadores en varios treitos do partido. Adiantábanse os locais cun saque de falta empurrado polo vento, pero o equipo de Leo reaccionaba e empataba. Eran moi bos minutos dos fisterráns, pero nunha contra os locais se meten de novo por diante. Aínda así, foron quen de volver a marcar cun bonito gol de Guille de vaselina. Pero pouco antes do descanso, nun erro na saída de balón, os composteláns marcan o 3, mazazo grande do que xa non se levantaron os costeiros, que na segunda recibiron pronto e xa se deixaron ir. Apenas un gol anulado a Isaac por fóra de xogo foi destacable.

Calo - Muxía (1-2)

11 do CF Muxia en Calo

  • Muxía: Iván Bouzón, Iago, Mateo, Michael, Carlos Costa, Manu Martínez, Mauro, Isma Márquez, Adrián Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joel, Brais, Alex, Rober, Víctor Alcaina e Carlos Antelo.
  • Goles: 1-0, m.12: Jonathan Vieites; 1-1, m.15: Adrián Alcaina; 1-2, m.68: Iago Muíño coa axuda dun defensa.

Capis do Muxia e do Calo co colexiado

Partido trepidante en Teo, con moito ritmo e intensidade por ambos equipos. Empezou máis dominador o Calo, tendo máis aproximacións á area muxiá, e pronto nun pase en porfundidade farían o primeiro nun 2vs1 contra Iván Bouzón. Reaccionaron ben os de Sergio Pataca e aos 3 minutos nunha boa xogada de saque de banda Adrián Alcaina consegue o empate cun remate de volea cruzado. Iguálase o partido pero o Calo fai dano tendo un man a man no que Iván salva cunha boa parada.

Saíron fortes os muxiáns na segunda, dominando e xerando ocasións. Ademais do gol de Iago, tiveron 5 ocasión moi claras de gol. Pero non acabou de sentenciar, e nunha acción de despiste o árbitro sinala penalti a favor de Calo. Volveu aparecer a figura de Iván Bouzon para dar 3 puntazos coma visitantes.

Cacheiras - Camariñas (5-1)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Borja (Nuno), Roi, Oliver, Pablo Suárez (Fabio), Moriño, Joseba (Saúl), Carlos, (Djibril), Javi e Adam.
  • Goles: 1-0, m.8: Vaamonde; 2-0, m.50: David Salgueiro; 2-1, m.52: en propia; 3-1, m.68: Yago Ferreiro; 4-1, m.71: David Salgueiro; 5-1, m.81: Pablo Agulla.

3 xuvenís no 11 inicial de Cabrejo ante un equipo da parte alta. Aínda así aguantou no partido a primeira metade o cadro camariñán, que protestou unha falta a Borja nun dos goles, e que acusou os erros defensivos na segunda metade, sobre todo, o terceiro gol local, cando os camariñáns recurtaran e estaban apretando, que case que mataba o partido.

Bastavales - Esteirana (2-2)

  • Esteirana: Guille, Kevin Rial, Sui, Godo, Luaces, Anxo, Pachi, Foghete, Toni, Oli, Pablo Val. Tamén: Raúl, Cristian, Antón Olveira e Aitor.
  • Goles: 1-0, m.3: en propia; 2-0, m.7: Julián Nieto; 2-1, m.22: Oli; 2-2, m.48: Foghete.

Meritorio pero insuficiente empate o que saca o cadro de Adán en Brión. Despois da catástrofe copeira no Cairo, o equipo buscaba fortaleza atrás e saía con defensa de 5. Pero aos 5 minutos xa caían 2-0 os blaugranas, con dous regalos tras despexes fallidos. Así e todo, non se derrumbou o cadro de Adán, que pouco a pouco foise facendo co partido. Oli recurtaba mediada a primeira metade, na que o xuvenil Manu Luaces atrás, e sobre todo o tamén xuvenil Pablo Fdez. Val, ofrecía solucións unha e outra vez.

Na segunda, coa axuda de Guille, que volveu facer 3-4 paradas espectaculares, e o tanto de Foghete, o equipo conseguiu arañar un puntiño, e ter a esperanza de que, a pesar de non poder fichar a ninguén, ten a posibilidade de cambiar o rumbo da liga.

Castriz - Vizoño (0-3)

  • Castriz: Coke, Fabián, Samuel, Fabio Blanco, Brais, Anxo, Fabio Barbeira, Oscar Feal, Carlos Rieiro, Chapela, Josiño. Tamén: Iker, Aleman e Rodo.
  • Goles: 0-1, m.40: Alex Miranda nun córner; 0-2, m.54: Jesús Ois noutra xogada a balón parado; 0-3, m.95: Diatta.

Partido condicionado polo vento, que comezou co Vizoño apretando a favor de vento. Pouco a pouco o Castriz foi mantendo a raia ao rival, tendo un tiro de Chapela como a mellor ocasión do partido. Pero a 5 do descanso, os visitantes se adiantan nun córner, botando un xerro de auga fría a un Castriz que estaba aguantando moi ben.

Cambiou o sistema Miguel Chouza, subindo as liñas de presión, xogando en campo contrario e creando pero nunha das poucas chegadas que tiveron os rivais, tamén a balón parado. Intentouno con máis corazón de cabeza o cadro xalleiro, tendo algunha ocasión para recurtar e meterse no partido. Pero xa co equipo envorcado, 0-3 á contra, deixando un resultado demasiado abultado para o visto sobre o céspede de San Pedro.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios