1ª FUTGAL: O Muxía pode ata co líder e o Fisterra métese de cheo na loita pola salvación ao vencer ao Castriz

Manu Nogueira celebrando o primeiro gol no Muxía-Arzua-Foto-Marina Busto

Muxía e Fisterra son protagonistas desta 28ª xornada. Os de Pataca vencían a todo un líder en Arliña, completando un domingo incrible coa vitoria das sénior ante outro líder, o Tordoia, e albiscando o título da 2ª Div. Fem. Os muxiáns colócanse de novo a tiro da promoción.

Por abaixo, o protagonista foi o Fisterra. O equipo de Fran venceu ao Castriz en Ara Solis e o que hai mes e medio parecía unha odisea, hoxe está máis preto. Coa Esteirana xa pensando no ano que vén, as outras dúas prazas de descenso que quedan (non hai arrastres nesta categoría) vanse xogar entre Camariñas, que ten 28 puntos, e Castriz, Bastavales e Fisterra con 27.

Muxía - Arzúa (2-1)

11 do CF Muxía ante o Arzúa-Foto-Marina Busto
  • Goles: 1-0, m.5: Manu Nogueira; 1-1, m.52: Iván; 2-1, m.62: Víctor Alcaina de penalti.

Partidazo do Muxia, para vencer a todo un líder. Os de Pataca comezaron moi fortes, xerando xogadas e pronto unha acción individual de Nogueira pon o 1-0 no marcador. O partido seguiu moitos minutos controlado polos locais, pero os últimos 10 minutos da primeira metade o Arzúa apretou moito sobre a meta de Iván Bouzón.

Manu Martínez, o Alti do Muxía-Foto-Marina Busto

Comezaron de novo ben a segunda metade pero o empata o Arzúa cun bo gol dende fóra da area pola escuadra. A partir de aqui o partido foi do Muxía totalmente. Os vermellos metéronse pronto por diante cun penalti moi dubidoso que non perdoaba Víctor Alcaina, e aínda tivo outras 3 boas ocasións de gol que puideron ampliar o marcador. Ao final, tocou sufrir algo pero o equipo sumou unha vitoria de moito valor que fala da tempada que está a facer este equipo, que afronta este domingo a semifinal da Copa da Costa, de novo en Arliña, ante o poderoso Sofán.

Victor Alcaina no Muxía-Arzúa-Foto-Marina Busto
O Muxía celebrando a vitoria co líder

Esteirana - Praíña (0-3)

  • Goles: 0-1, m.13: David Calvo; 0-2, m.18: Jorge Pascual; 0-3, m.66: David Calvo.

Pouco que contar para un cadro esteirán que volvía xogar con 14 xogadores (con dous xuvenís no banco ademais doutros dous no 11, e o meta Guillermes que segue lesionado dun dedo, que saíu de xogador de campo). Ten 14 baixas o cadro esteirán…

O equipo de Adán que aora o importante é gozar o que se poida e acabar o curso ben, ante unha afección que nunca desiste. E por iso saíron a intentar ter o balón, buscando os balóns por banda, pero o cadro visitante chegou dúas veces na primeira, e calzou dous goles.

Aínda así, o equipo non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento, e deixou unha imaxe moi digna sobre o céspede.

Camariñas - Vizoño (1-4)

  • Goles: 0-1, m.6: Jesús Ois; 1-1, m.20: Brais; 1-2, m.76: Jesús Ois; 1-3, m.78: Raúl; 1-4,m .90: Martín.

Mala sorte está tendo o Camariñas, que competiu moi ben ata os últimos 15 minutos, pero que acabou desintegrándose, debido xa á serie de 6 xornadas sen gañar.

Fisterra Castriz (1-0)

Eze no Fisterra-Castriz en Ara Solis. Foto: SD Fisterra
  • Fisterra: Joselu, Colombia, Dani, Rui, Maikel Mouzo, Piti, Rubén, Guille, Eze, Adrián Makaay e Isaac Fábregas. Tamén: Mateo, Lois, Martín, Luiste e Ángel.
  • Castriz: Coke, Fabián, Saú, Anxo, Marcos Mouro, Alberto Mata, Luís, Brais, Alemán, Juanjo e Josiño. Tamén: Iker, Marcos, Fabio Barbeira, Carlos Rieiro e Rodo.
  • Gol: 1-0, m.47: Dani.
Adrián Makaay e Marcos Mouro

Gran derbi en Ara Solis, cun moi bo ambiente e cunha afección que ve que a salvación, despois dun ano de dura singradura, é posible. Primeira metade condicionada polo vento en Ara Solis, cun Fisterra máis enchufado, tendo varias ocasións, como unha de Guille que vai ao lateral da rede, e un par de Makaay que peta no longueiro e sae fóra. Tamén o cadro xalleiro tivo unha de Josiño que tras irse de 4 non pode superar a Joselu e o seu rexeite non é aproveitado por Josiño.

Saíron os dous equipos contemporizando máis na segunda, e tras un roubo en campo contrario, Dani Yerba marca un bonito gol dende a frontal. Intentouno o Castriz, pero o Fisterra estivo moi serio e apenas conseguían meter algo de medo a balón parado, pero non se movería o marcador, a pesar incluso das innuemrables tarxetas, que acaban con tres expulsados: Saúl por bando visitante, e Dani e Eze por bando local.

Preocupa a 6ª xornada sen gañar do cadro xalleiro.

SD Fisterra tras vencer ao Castriz

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info