1ª Galicia: O Dumbría fica cos de arriba

11 do Dumbría ante o San Lorenzo

Venceu o Dumbría, no derbo costeiro, a un San Lorenzo que chegaba ao Conco con moitas baixas. Rompe así o cadro de Pablo Conde a táboa, situándose na 7ª posición con 40 puntos, a 5 do Cordeiro (3º), e agora con 9 puntos de vantaxe sobre o seguinte clasificado: a Esteirana. O cadro de Néstor empataba ante o potente Unión facendo un partidazo e

Se os blaugranas teñen 31 puntos, San Lorenzo e Fisterra quedan con 30, trala nova vitoria sobre a bocina dos fisterráns na casa nun partido moi importante para coller inercia positiva e para alonxarse da zona perigosa.

Unha zona da que non quere saír o Baio que dá unha de cal e dúas de area. A de onte foi unha xornada moi mala para os baieses.

Agolada - Baio (3-0)

O CD Baio con Peke. Foto: Luís González
  • Baio: Javi Souto, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Dani, Damián, Sergio Antelo, Bieito, Josiño, Porty, e MC. Tamén: Iván Fraga, Pazos, Diego Santancier, Pablo, Alex Muíño, Guille Botas e Sergio Rod.
  • Goles: 1-0, m.19: Gavieiro; 2-0, m.37: Villaravid; 3-0, m.78: Pablo Díaz.

Vergonzosa imaxe a dada polo Baio no Hospitalillo ante un equipo que parecía doutra categoría, malia chegar ao partido igualados a puntos. En ningún momento os de Félix, foron capaces de competir, “un minimo que nos temos que exigir”, sinala un esixente míster.

Esteirana - Unión (2-2)

  • Esteirana: MJ, Samuel, Damián, Code, Tobío, Kevin Rial, Pablo Rama, Alex Rama, Kevin Lariño, Piki e Rober Pladur. Tamén: Martín Rama, Alex Louro, Pacho, Brais Noceda, Elías e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.8: Reboiras; 1-1, m.16: Kevin Lariño; 1-2, m.30: Reboiras; 2-2, m.33: Rober Pladur.

Gran primeira metade dos de Néstor, que tiveron un par de erros e o pagaron caro. Pero reaccionaron nos dous goles, con transicións rápidas que xeraron 4-5 ocasións claras. Ademais dos dous goles, Pablo mandou ao longueiro, e o equipo perdoou tras unha primeira de máis fútbol e máis ocasións.

Na segunda, os visitantes metéronse atrás para evitar as perigosas contras blaugranas. O cadro de Néstor tivo que dominar máis, e estivo menos afiado en ataque, rematando o choque sen claras moi claras, ademais dun pase atrás de Brais que marchou fóra.

Dumbría - San Lorenzo (4-1)

  • Dumbría: Carlos, Pablo Paz, Kanario, Alex, Mataso, Miller, Baba, Mario, Raúl, Lucas Toba e Dani Chao. Tamén: Anxo, Alex Sendón, Dani, Rivi, Alex Blanco e Xián.
  • San Lorenzo: Ceca, Samuel, Lucho, Iago, David, Alex Costa, Alberto Campos, Diego Varela, Mateo Canedo, Alex Taibo e Juanjo. Tamén: Raúl, Andy, RIki e Hugo Canedo.
  • Goles: 1-0, m.26: Raúl; 1-1, m.33: Diego Varela; 2-1, m.38: Mario; 3-1 m.67: Miller; 4-1, m.82: Xián.

Gran partido do Dumbría, que dominou principalmente ante un cadro visitante que chegaba con moitas baixas por sanción. Así e todo os de Lapido competiron moi ben no primeiro tempo. Adiantábanse os locais, pero Diego recurtaba pouco despois. Seguía dominando o Dumbría pero tamén as saídas dos carballeses fixesen dano. Un roubo en tres cuartos permitía a Mario adiantar de novo aos de Pablo Conde.

Arrincaba a segunda co mesmo guión, e tras moitos minutos de igualdade, unha indecisión entre porteiro e defensa visitante, Miller sentenciaba un choque que pechaba Xián.

Fisterra - Estrada (2-1)

  • Fisterra: Joselu, Lobelos, Breixo, Juan Trillo, Jano, Maikel Mouzo, Mario, Guille, Capelo, Isaac Fábregas e Estévez. Ramén: Colombia, Adrián Makaay, Luís, Coté, Andrés Vigo, Aarón e Marcote.
  • Goles: 1-0, m.6: Isaac Fábregas; 1-1, m.24: Adrián Gómez; 2-1, m.92: Capelo lanza un córner raso e se cola tras petar nun defensa.

Típico partido de Ara Solis, con moito disputa nun campo que non axuda demasiado a xogar, cun cadro visitante moi físico, moi duro, e que se decidía no último suspiro. Quedo un un choque de moito balón longo, segundas xogadas e menos fútbol. Arrincaba o choque cun balón longo que Isaac caza e define. O equipo estaba sólido e seguro, e Diego Estévez, noutra xogada a balón parado e nun par de internadas de Guille, seguía avisando. Pero nunha xogada illada, nunha das xa típiocas desconexións, o Estrada conseguía empatar.

O cadro fisterrán seguía empurrando e facendo ocasións, intentando darlle ritmo ante un cadro visitante que intentaba frealo de todas formas. Estévez lanzaba unha baselina ao longueiro; Capelo un córner directo ao pau…

O partido estaba aberto, e a 10 do final, saca unha falta en corto o Fisterra, rouba o cadro visitante pero no man a man salva Joselu cun paradón.

Xa no desconto, un córner de Capelo cólase tras petar nun defensa para alegría da parroquia local.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS