1ª Galicia: O Fisterra confirma a súa melloría

Cara e cruz para os equipos costeiros da 1ª nesta 15ª xornada. A cara para os Dumbría e Fisterra, que sumaron importantes vitorias fóra de casa para manter a liña positiva da última semana; e tamén para o San Lorenzo, que sumou un gran empate en Padrón no primeiro partido con Miguel Lapido no banco.
A cruz foi para os Baio e Esteirana. Os primeiros caeron ante un potente Unión que tende a meterse na pomada, mentres que á Esteirana se lle escapaba un puntiño no treito final en Bertamiráns.
Flavia - San Lorenzo (2-2)
- San Lorenzo: Puyol, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Iago, Mateo Canedo, David, Andy, Alex Taibo, Diego Varela e Juanjo. Tamén: Benja, Davidson, SAmuel, Joaquín, Jairo, Alberto Campos e Riki.
- Goles: 1-0, m.49: Jorge Rama; 2-0, m.60: Damián; 2-1, m.69: Jairo; 2-2, m.84: Joaquín.
Partido condicionado polo estado do céspede do Municipal do Souto, que provocou o abuso de xogo directo, sendo as segundas xogadas as grandes protagonistas. A primeira metade foi moi igualada, co Flavia máis dominador, pero as ocasións estaban máis repartidas, e tanto Juanjo como Andy tiveron ocasións para abrir o marcador. O cadro carballés, que tiña que cambiar no m.6 a Mateo Canedo e no descanso a Pablo Garrido, sufría algo nos balóns ás costas, pero o equipo daba boas sensacións.
Arrincaba e chegou un xerro de auga fría co primeiro tanto dos locais, e tardaron en reaccionar, permitindo que os padroneses ampliaran a renda. Pero cos cambios o equipo cambia o xogo e Jairo mete de cheo ao equipo no partido. O San Lorenzo empurraba e coa inercia Joaquín empata un choque que estaba roto.
Neses últimos 10 minutos o Flavia volveu intentar a vitoria pero o San Lorenzo conseguíu aguantar un bo empate.
Baio - Unión (0-3)
- Baio: Ivá Fraga, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Miguel Vidal, Sergio, Dani López, Bieito, Porty, MC e Diego Santancier. Tamén: Pazos, Josiño, Pablo Díaz, Guille Eiroa, Alex Muíño, Bryan e Sergio Rod.
- Goles: 0-1, m.54: Luís Silva; 0-2, m.79: Néstor; 0-3, m.90: Mauro.

Córtase a serie positiva do Baio ante un dos mellores equipos da categoría, nun choque máis igualado do que sinala o resultado. Primeira metade igualada onde ao equipo de Félix lle faltou acerto no último pase de cara a xerar ocasións claras, pero salvo algón corner tampouco o Unión era capaz de xerar.

Foi na segunda parte cando o equipo visitante era capaz de adiantarse nunha acción precedida dun desaxuste en defensa e falta de intensidade no segundo balón para por o 0-1. A raiz de ai os baieses estiráronse para intentar igualar, pero dúas contras no treito final supuxeron o 0-3 final.
Praíña - Dumbría (2-3)
- Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Kanario, Alex Sánchez, Mario, Baba, Rivi, Lucas, Miller e Dani Chao. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Dani, Raúl, Mataso e Alex Blanco.
- Goles: 1-0, m.7: Javier Carbón; 2-0, m.12: Pedro Leis; 2-1, m.25: Miller; 2-2, m.45: Miller; 2-3, m.84: Mataso.
Dous malos despexes nun campo difícil meteron o partido moi costa arriba para os dumbrieses. Pero o equipo non se descompuxo e fixo 30 dos mellores mintuos da temporada. Pouco a pouco foise metendo arriba e Miller era quen de empatar con dous tantos anes do descanso.
A segunda o xogo foi máis de brega, pero o cadro de Pablo foi quen de aproveitar os seus bos momentos e conseguía marcar o gol da vitoria no treito final cunha boa recuperación de Kanario que lanza a Mataso cara o gol.
Agolada - Fisterra (1-2)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Lobelos, Aarón, Juan Trillo, Maikel Mouzo, Luís, Rubén, Diego Estévez e Isaac Fábregas. Tamén: Marc, Lois, Adrián Makaay, Mario, Coté, Moha e Gulle Lago.
- Goles: 0-1, m.43: Diego Estévez aproveita o rexeite do porteiro a un tiro de Breixo; 1-1, m.83: David Pereiro; 1-2, m.84: Isaac Fábregas de penalti.
Encontrouse o Fisterra un Agolada moi aguerrido e intenso, e foi un choque de disputas constantes e pouco xogo. Non pasou demasiados apuros os de Diego Lobelos, pero sen moitas chegadas, máis que un remate de Breixo no segundo pau, e unha falta rápida na que tira Breixo e Estévez aproveita o rexeite para abrir o marcador.
Saiu máis intenso o Agolada na segunda, máis dominador, se ben permitían algunhas contras os visitantes. Xa contra o final, o Agolada empata pero na xogada seguinte o equipo resarcíase, forzaba un penalti que volvía transformar Isaac.
O remate foi de sufrimento, se ben tamén Rubén e Aarón puideron ampliar a renda, demostraron que este Fisterra que xa compite en todo momento, e é capaz de darlle a volta a unha situación complexa e que vai seguir cara arriba.
Bertamiráns - Esteirana (3-2)
- Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío, Alex Rama, Pablo Rama, Oli, Elías, Piki e Róber Pladur. Tamén: Martín Rama, Carajillo, Kevin Lariño, Alex Louro, Pachi, Brais Noceda, Sergio.
- Goles: 0-1, m.1: Alex Rama; 1-1, m.44: Martín Caeiro; 2-1, m.61: José Varela; 2-2, m.73: en propia; 3-2, m.89: Damián en propia.
Un partido moi disputado, con alternativas no xogo e no marcador, que parecía destinado ao empate, pero que a Esteirana deixou escapar cun erro defensivo na recta final.
Máis novas
CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.15: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.14: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.13: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.12: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.