Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: A pegada do Fisterra supera á Esteirana

Fisterra-Esteirana en Ara Solis
Imaxe do Fisterra-Esteirana en Ara Solis
1ª Galicia: A pegada do Fisterra supera á Esteirana

Decidiu a pegada do Fisterra, eses Estévez, Isaac e Adrián Makaay que tan pouco necesitan para facer gol. Foi nun derbi ben intenso celebrado en Ara Solis, que volvía vivir unha boa entrada para ver un gran partido, que volve deixar os 3 puntos na casa.

O resto, derrotas. Derrota do San Lorenzo ante o Bertamiráns e do Dumbría ante un gran Puebla.

A máis grave, a do Baio que se complica a vida ante un rival directo por evitar o descenso, o Sportin Estrada, quedando empatado a puntos co Agolada, que marca o descenso directo, e cun só punto de vantaxe sobre o propio cadro estradense. O míster asume responsabilidade e lanza un duro comunicado.

San Lorenzo - Bertamiráns (2-4)

  • San Lorenzo: Benja, Luch, Iago, David Lorenzo, Alex Costa, Riki, Mateo, Manu Mato, Javi e Diego Varela. Tamén: Samuel, Raúl, Joaquín, Alex Taibo, Albeto Campos, Juanjo e Puyol.
  • Goles: 0-1, m.5: Ian; 1-1, m.38: Riki dende fóra área; 1-2, m.44: Arnejo; 1-3, m.75: Meijide; 1-4, m.79: Julio Díaz; 2-4, m.88: Juanjo de penalti.

Non puido o cadro de Verdillo cunha primeira metade en contra do vento, que xa se metía de costas cun gol tempraneiro a balón parado. Pero o equipo non se descompuxo e nunha xogada ao fío do descanso conseguía empatar, cando estaban moito mellor sobre o campo. Pero un erro nun saque de banda permitía aos visitantes marchar ao descanso con vantaxe.

Precipitáronse na segunda os carballeses para intentar remontar, pero cando mellor estaba a cousa de cara ao empate, nunha contra o Bertamiráns fai o terceiro, e uns minutos despois sentenza cun erro do porteiro local. Seguiu empurrando os carballeses, que recurtaba pero sen tempo para remontar. “Foi unha pena porque viñamos dun bo partido en Valiño e este non foi un bo partido, e tivemos varios erros de concentración que non se poden conceder”. “Podemos vencer a calquera pero perder con calquera; temos que ter mellor actitude e ser máis regulares”, sinala o adestrador Miguel Lapido.

Dumbría - Puebla (0-2)

  • Dumbría: Anxo, Alex Sendón, Samuel, Dani, Kanario, Mario, Rivi, Lucas, Miller, Baba e Alex Sánchez. Tamén: Carlos, Raúl, Mataso, Adrián Periscal, Dani Chao e Xián.
  • Goleds: 0-1, m.23: Pablo Ronquete; 0-2, m.62: Jonathan Cendón.

Demostrou Puebla estar un chanzo por riba do Dumbría, ao que superou en todas as facetas sumando unha máis que xusta vitoria no Conco, e demostrando que este ano o cadro dumbriés vaino ter en chino para meterse na loita pola promoción.

Fisterra - Esteirana (2-1)

11 do SD Fisterra en Ara Solis
O Fisterra sacou unha camiseta de apoio a Piti
  • Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Andrés Vigo, Juan Lagoa, Luís, Rubén, Maikel Mouzo, Capelo, Isaac Fábrehas e Estévez. Tamén: Lois, Adrián Makaay, Jano, Aarón, Marcote e Guille.
  • Esteirana: MJ, Samu, Damián, Code, Sergio, Álex Rama, Pablo Rama, Adrián, Elías, Piki e Róber Pladur. Tamén: Martín, Kevin Lariño, Alex Louro, Brais Noceda e Pachi.
  • Goles: 1-0, m.37: Estévez; 1-1, m.41: Elías marca un golazo de escuadra a escuadra; 2-1, m.79: Adrián Makaay.

Fisterra-Esteirana en Ara Solis 3

Moito vento en Ara Solis para este fermoso derbi, que comezaba moi igualado, que comezaba cun gol anulado a Estévez por fóra de xogo, ante unha Esteirana que saían moi rápido e tamén xerou ata 3 ocasións claras de gol.

Pero era Estevez o que adiantaba aos locais tras un bo roubo de Colombia e un gran pase de Breixo. Apretaron aí os visitantes que empatar os por medio de Elías, despois de que Pladur avisase a Joselu.

Arrincou moi forte o Fisterra na segunda, aproveitando o vento a favor e envorcando o campo cara a meta de MJ. Aguantou como puido o chaparrón o cadro de Néstor, despois de varias ocasións de Breixo, Andrés. Pero o choque vaise igualando paseniño. Tivo Elías un man a man con Joselu, que sacou un defensa sobre a liña de gol, pero un par de xogadas despois, unha diagonal colleuna Makaay e fixo o 2-1 para darlle, outra vez, a vitoria aos de Lobelos.
Quedaban apenas 10 minutos e o Esteiro intentouno sen sorte.

Por Esteiro entenden que un empate tería sido máis xusto, se ben por Fisterra está satisfeito co traballo feito, e contento porque o golpe na cabeza de Breixo, que ir ao Hospital, está perfectamente.

Fisterra-Esteirana en Ara Solis 2

Sp. Estrada - Baio (3-1)

11 do Baio na Estrada-Foto-Luis Gonzalez
11 do Baio na Estrada-Foto-Luis Gonzalez
  • Baio: Javi Souto, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Sergio Rod., Dani, Josiño, Porty, Guille Botas e Diego Santancier. Tamén: Iván Fraga, MC, Pablo Díaz, Guille Eiroa, Damián Zas, Bryan, Alex Muíño.
  • Goles: 1-0, m.9: Riveira; 2-0, m.59: Moha Fadel; 2-1, m.76: Diego Santancier; 3-1, m.87: Moha Fadel.
Capis do Estrada-Baio e arbitros-Foto-Luis Gonzalez
Capis do Estrada-Baio e árbitros-Foto-Luis Gonzalez

Partido moi malo o disputado polo Baio na Estrada. Sairon o campo dous equipos con obxectivo claro de permanencia, pero visto o fútbol mostrado no terreo de xogo o cadro local tiña moito máis clara a importancia do choque en canto a motivación, empuxe e gañas.

”Asumo máxima responsabilidade”, afirma o adestrador Félix Raposo, “son o máximo culpable a nivel deportivo da situación do equipo, pero tamñen debemos ser consciente que tanto eu como todos os xogadores, non estamos dando nivel de 1ª Autonómica. Míster e xogadores somos actualmente de segundo autonomica, ata demostrar o contrario. Moito premio poder representar a un club como Baio”.

 

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios