Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso

Porty co Baio-Foto-Luis Gonzalez
Porty co Baio-Foto-Luis Gonzalez
1ª Galicia: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso

Tres vitorias, un empate e unha derrota foi a colleita costeira no remate da primeira volta. Hai que destacar a vitoria do Fisterra, que caía 3-0 ao comezo da segunda metade e acabou 3-4 cun golazo de Makaay, que volvía para capitanear o barco e confirmar o bo rumbo dos de Diego Lobelos, que suman a súa 4ª vitoria seguida.

Vencía tamén o Dumbría en Bertamiráns, aínda con opcións de meterse no lío de arriba, e completaba o trío de vitorias unha espectacular Esteirana, que comezaba o curso e pechaba a primeira volta vencendo a todo un Puebla (3º), e sumando 23 puntos.

O empate, o do Baio, que perdeu unha boa ocasión de dar un paso adiante na loita por evitar o descenso e os postos de arrastre.

E derrota, preocupante, dun San Lorenzo que perdeu moitos efectivos, e que suma xa 5 xornadas sen coñecer a vitoria. Así e todo, o bo facer da primeira volta permite que o equipo se manteña en zona morna.

Baio - Calo (2-2)

  • Baio: Iván Fraga, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Sergio Rod., Alex Muíño, Sergio Antelo, Bieito, Porty, Diego Santancier e MC. Tamen: Josiño, Jairo, Bryan, Yago Couto, Guille Botas.
  • Goles: 0-1, m.17: Denis; 0-2, m.22: Adrián; 1-2, m.65: Josiño; 2-2, m.80: Diego Santancier.

Baio-Agolada-Foto-Luis Gonzalez

Tiña que gañar o Baio ante un rival directísimo na loita pola permanencia, pero non estivo de todo fino, sobre todo nunha primeira metade na que non fixo demasiado, pero tampouco un rival que se atopou sen sabelo, con dous goles a favor, sen apenas tocar o balón e aproveitando os erros dos locais.

Cambiou a chispa tralo descanso, e parecían outros xogadores, ademais de cambios no sistema. E o equipo conseguiu empatar e mesmo foron merecedores quizas de levar a vitoria. ”Pero non é suficiente con xogar 45 minutos”, avisa o mister Félix, coa sensación de ter regalado 2 puntos.

MC co Baio-Agolada-Foto-Luis Gonzalez

Valiño - Fisterra (3-4)

  • Fisterra: Joselu, Breixo, Rubén, Lobelos, Juan Lagoa, Maikel Mouzo, Juan Trillo, Luís, Mario, Isaac Fábregas, Estévez. Tamén: Colombia, Andrés Vigo, Aarón, Marcote, Moha, Guille e Adrián Makaay.
  • Goles: 1-0, m.41: Madiop; 2-0, m.50: Álvaro; 3-0, m.52: Iván Costas; 3-1, m.58: Estévez; 3-2, m.87: Estévez; 3-3, m.89: Breixo; 3-4, m.92: Adrián Makaay de falta directa.

Incrible, alucinante a remontada do Fisterra en Cabo de Cruz. O equipo perdía 3-0 no m.52, e 3-1 no m.87, e conseguía remontar o partido.
O equipo comezaba dominando ante un Valiño que cedía o balón, e tendo algunha ocasión clara como un longueiro de Isaac de cabeza ou unha de Estévez que parou o porteiro. Nunha subida de Breixo, un mal balance defensivo permitía que se adiantaran os locais case que no único tiro dos locais da primeira metade.
Nada máis saír da segunda, córner directo e case que na seguinte xogada, o terceiro. 0-3 sen comelo nin bebelo. Pero o equipo fisterrán notábase superior e coas saídas de Makaay e Colombia, o equipo de Lobelos comeza a carburar. Estévez recurtaba, e o equipo seguía percutindo se ben os locais tiveron a sentenza nunha contra. Quedaba moi pouco, e Estévez fai o seu segundo e remata tras cesión de Makaay. Xa co tempo cumplido, Breixo, que xa estaba no medio campo aproveita un balón colgado para facer o empate. Pero o Fisterra non se conformou e despois de pedir un penalti e ter unha de Guille, Makaay marcou un golazo monumental nunha falta case que dende un córner para a delicia da parroquia fisterrá.

Así foi o gol do capitán, un tanto que tanto necesitaba:

 

Esteirana - Puebla (1-0)

  • Esteirana: MJ, Tobío, Code, Simón, Damián, Alex Rama, Kevin Rial, Oli, Piki, Elías, e Rober Pladur. Tamén: Adrián, Pablo Rama, Carajillo, Kevin Lariño, Alex Louro, Pachi e Brais Noceda.
  • Gol: 1-0, m.84: Piki.

Vitoria fantástica da Esteirana ante un dos de arriba, que achuchou bastante na primeira metade. Pero os de Néstor, malia non ter moita presenza en área contraria, aguantaron ben durante o primeiro período.
Melloraron os locais na segunda, tendo mellores ocasións e sendo superiores. Foi Piki contra o final o que fixo xustiza, pois o cadro esteirán soubo ler mellor os momentos nos que se rompen os partidos e apretou cunha intensidade moi alta no treito final.

”Estamos no camiño para conseguir o obxectivo da salvación”, valora o míster tralo remate da primeira volta nunha máis que meritoria 10ª praza.

Praiña - San Lorenzo (4-0)

  • San Lorenzo: Benja, Lucho, Pablo Garrido, Lorenzo, Andy, Riki, Alberto Campos, Juanjo, Alex Taibo, Iago Lopez e Diego Varela. Tamén: Puyol, Davidson, Samuel, Raúl, Mateo, e Alex Costa.
  • Goles: 1-0, m.29 Pedro Leis; 2-0, m.63: Jonathan; 3-0, m.84: Miguel Gato; 4-0, m.90: Marco

Comezou dominando o San Lorenzo, con dificultade polo centro, pero tendo unha boa ocasión.Pero a partir da media hora, o gol dos locais no único erro que tivo a zaga carballesa, fixo dano. Faltou profundidade aí para facer dano ata o descanso.

Apretaron ao principio da segunda os de Lapido, intentando presionar alto, con algunha ocasión, e parecía que se podería remontar, pero cando intentaban levar o partido para o seu lado, chegou outra xogada illada que os penalizou demasiado. A partir de aí, o partido decantouse dun Praíña moi efectivo.

Baixas de xogadores que marcharon como Fedello e Jairo, ademais doutras como as de Lucho, Mateo… lesionados… fan que o equipo perdese esa chispa de comezo de temporada que os chegou a colocar na zona de ascenso. “Toca reforzarse no mercado”, valora o míster, que recoñece estar “nun momento delicado de sensacións” pero con ánimo de conseguir acadar o obxectivo da salvación.

Bertamiráns - Dumbría (0-3)

  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Kanario, Mario, Baba, Alex Sánchez, Lucas Toba, Miller, Dani Chao. Raúl. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Dani, Rivi, Jose, Cuki e Adrián Periscal.
  • Goles: 0-1, m.13 Mario; 0-2, m.71: Cuki; 0-3, m.81: Rivi.

Bo partido do Dumbría en Bertamiráns, sendo superior gracias a que saíu ben o plan de partido. Tiveron os locais un par de xogadas a balón parado, pero os de Pablo Conde foron capaces de abrir o marcador, ter algunha ocasión máis e non sufrir na primeira metade.

Si que apretou máis o cadro local na segunda, que non permitía que o balón lle durase aos dumbrieses. Pero cando máis estaban sufrindo, un erro do seu porteiro, aproveitouno o xuvenil Cuki para cara sentenciar o partido. O equipo recuperou o pulso do balón e Rivi puxo a rúbrica.

Máis novas

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios