Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O San Lorenzo rompe a súa mala serie

San Lorenzo recuperando a senda da viroria
A San Lorenzo recuperando a senda da vitoria
1ª Galicia: O San Lorenzo rompe a súa mala serie

Só o San Lorenzo sumaba os 3 puntos nesta 18ª xornada da 1ª Galicia. Lapido sumaba a súa primeira vitoria no banco carballés rompendo ademais unha mala serie de 5 xornadas sen coñecer a vitoria, e consegue manter o equipo na zona morna.
Aí están tamén Dumbría, Esteirana e Fisterra, entre a 7ª e a 10ª praza, pero cunha fenda entre Dumbría e San Lorenzo e Esteirana e Fisterra de 6 puntos, o que deixa a blaugranas e verdes moi pendentes da zona baixa.
O derbi da semana rematou en empate; o Baio caeu ante a visita do líder e o Fisterra rompeu a súa serie de 4 vitorias consecutivas.

Baio - Negreira (1-3)

11 do Baio ante o Negreira-Foto-Luis Gonzalez

  • Baio: Iván Fraga, Bruno, Pablo Rod., Norberto Sergio, Dani, Pazos, Bieito, MC, Diego Santancier e Porty. Tamén: Josiño, Alex Muíño, Guille Botas, Sergio e Jairo.
  • Goles: 1-0, m.12: Dani; 1-1, m.35: Gonzalo; 1-2, m.49: Gonzalo; 1-3, m.57: Brais.

Baio-Negreira-Foto_Luis Gonzalez 3

Recibía ao líder o cadro de Félix e se atopou un partido tan difícil como se esperaba. O Baio arrincou moi metido na primeira, competindo cara a cara co líder, e incomodando ao máximo ao Negreira, que non era capaz de asustar á meta local. E con esa boa presión chegaba o primeiro tanto obra de Dani tras unha acción combinativa. Aí tivo varias o cadro local para ampliar a renda pero aparecía o porteiro Dacuña que demostrou estar por riba da categoría con varias paradas de mérito.

O cadro visitante conseguía empatar o partido antes do descanso nunha das poucas chegadas claras. E veulle mal o paso polos vestiarios ao equipo baiés, que recibía o segundo moi pronto, e que non foron capaces de competir, condicionados ademais nos últimos 15 min pola expulsion de Bieito.

Baio-Negreira-Foto_Luis Gonzalez

Bertamiráns - Fisterra (3-1)

  • Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Lobelos, Juan Lagoa, Maikel Mouzo, Juan Trillo, Luís, Capelo, Isaac Fábregas e Estévez. Tamén: Lois, Rubén, Adrián Makaay, Andrés Vigo, Jano, Aarón e Guille.
  • Goles: 1-0, m.22: David González de cabeza; 2-0, m.54: Antón Olveira; 2-1, m.73: Adrián Makaay; 3-1, m.83: Jose Varela.

SD Fisterra en Bertamirans

Mal día do Fisterra no Municipal de Bertamiráns, sen estar finos co balón nunha primeira metade na que estiveron á mercé dos locais, que gañaban todos os duelos, seran superiores, pero só apretaban a balón parado e con xogadas por bandas.
O Fisterra tivo as súas antes do descanso, como unha Capelo, que debutaba cos fisterráns, que avisaba cunha falta que case se cola.

Na segunda, o Fisterra confiaba en manter o partido apretado confiando no potencial arriba. Pero nunha falta rápida collen durmindo á defensa fisterrá e fan o segundo. Lobelos ten que facer cambios e meter o equipo arriba, cedendo máis espazos atrás, pero apretando moito, e aí Diego cede para que Adrián Makaay recorte. Parecía que estaban con opcións de empatar os fisterráns, nunha xogada na que o balón sae de banda, pero o liña non sinala nada, e os locais aproveitan que toda a defensa quedou parada para facer o terceiro. Dous erros moi graves en defensa impensables nestas categorías.

Esteirana - Dumbría (1-1)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío, Kevin Rial, Kevin Lariño, Oli, Piki, Róber Pladur e Elías. Tamén: Martín, Pablo Rama, Adrián, Alex Louro, Pachi, Brais Noceda e Sergio.
  • Dumbría: Anxo, Samu, Pablo Paz, Kanario, Mario, Rivi, Lucas Toba, Baba, Alex Sánchez, Raúl e Dani Chao. Tamén: Alex Sendón, Dani, Mataso, Alex Blanco, Adrián Periscal, Íker.
  • Goles: 0-1, m.11: Alex Sánchez; 1-1, m.42: Kevin Rial.

Partido igualado, típido de derbi cheo de tensión, decidido con dous tantos a balón parado, no que as defensas e a táctica venceron á calidade e aos ataques. Os dous equipos estiveron moi ben ordenados, sen fisuras nin riscos.

O adestrador Néstor lamenta a expulsión (protestada) de Simón no m.92 que condiciona ao equipo para o partido de Fisterra da vindeira semana.

Así foi o gol dumbriés:

Valiño - San Lorenzo (1-2)

  • San Lorenzo: Benja, Lucho, Pablo Garrido, Mateo, David Lorenzo, Andy, Manu Mato, Iago, Álex Taibo, Javi e Diego Varela. Tamén: Samuel, Raúl, Alberto Campos, Riki, Alex Costa e Joaquín.
  • Goles: 0-1, m.7: Javi; 0-2, m.27: Javi; 1-2, m.50: Álvaro.

Ambientazo no pequeno campo do Valiño de Cabo de Cruz, convetido nunha bomboneira nun choque directo da parte baixa. Pero os carballeses romperon a mala serie de 5 partidos sen gañar e Miguel Lapido sumou a súa primeira vitoria co cadro carballñes.

Todo saíu como pedía Lapido, ben apretados e buscando balón ao espazo para que corresen Diego e Javi. Javi xa levaba dous tantos á media hora que daba conta da superioridade dos de Verdillo.
Puido pechar o partido o equipo de Miguel Lapido no comezo da segunda, pero o gol no m.50 apretaba o partido de maneira tremenda, coa afección local envorcada. Acabou pedindo a hora o equipo carballés, sufrindo e sufrindo, e se ben Javi puido pechar o partido nunha contra, os balóns colgados á área foron unha constante nos últimos minutos, pero o San Lorenzo soubo aguantar e sumar 3 puntos fundamentais para quedar na zona morna da táboa e romper a mala serie de resultados que traía.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios