1ª Galicia: O Dumbría asaltou Ara Solis
![11 do Dumbria en Ara Solis](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2024/02/05/2024020512265620820.jpg)
Coas presas da chegada do Entroido facemos un repaso máis rápido do habitual da xornada na Preferente e na 1ª Galicia.
O Sofán caía ante o líder, o Noia, pero vendía cara a súa pel nun choque tremendamente igualado disputado no Carral que se decidía pola mínima.
Na 1ª Galicia, resultados dispares para os nosos. As derrotas de Baio e San Lorenzo ante dous potentes equipos como Flavia e Puebla entraban no esperado, pero así e todo foron máis polémicas do que se esperaba. A Esteirana sumaba unha vitoria fundamental ante o Estrada, e no derbi o Dumbría levou os puntos de Ara Solis.
O Derbi
Vitoria do Dumbría en Ara Solis no sempre esperado derbi, no que o Dumbría moi mellor nas áreas. O cadro de Pablo Conde saía máis enchufado, gañando cada disputa, os segundos balóns… cun rirmo máis intenso. Mario abría o marcador moi pronto nunha xogada individual, e ao longo do primeiro tempo fixeron méritos para facer algún máis.
Saía mellor o Fisterra na segunda, pero un despexe longo permite que Mario aproveite o espazo para facer o segundo, mentres a defensa fisterrá pedía fóra de xogo.
O Fisterra foise arriba cos cambios, envorcando o partido sobre a meta de Anxo Lema. Cos cambios agotados, co partido roto, lesionouse Estévez, deixando ao equipo con 10. Xa era no tretio final cando Xián fai o terceiro, antes de que Andrés recurtaba e que Raúl puxera a guinda.
O Dumbría suma e pode chegar a meterse aínda no segundo vagón.
Vitoria necesaria da Esteirana
Na xornada sabatina, vitoria importante no partido trampa ante o pechacancelas. Pero os de Néstor saíron coa intensidade correcta e o equipo blaugrana saíu con ritmo e intensidade. Elías Ruso e Pablo Rama marcaron no ecuador da segunda, e deixan ao equipo nunha situación moi cómoda na táboa.
Derrotas inxustas
![Baio-Flavia MC-Foto-Luis Gonzalez](/media/quepasanacosta/images/2024/02/05/2024020512265651588.jpg)
O San Lorenzo foi superior na primeira metade ao Puebla, creando moi boas ocasións, moi intenso, gañando todos os duelos… conseguindo adiantarse por medio de Juanjo ao fío do descanso.
O Puebla estirouse e nunha contra o San Lorenzo marcaba o segundo, pero o colexiado non ve que o balón traspasaba a liña, non pita, e case que na seguinte xogada expulsa a Javi. O cadro carballés segue pelexando ante a embestida visitante, pero nun balón perdido empata o Puebla, e xa no desconto, cando parecía que o empate quedaría, o colexiado sinala un penalti e expulsión de Puyol, moi protestada polos carballeses.
Pola súa parte, en Baio, o 0-2 non reflicte a igualdade do choque ante o Flavia. O Baio cedía o balón intentando sorprender no espazo. A pesar do esforzo e a dedicación dos xogadores, con moita mocidade antes as baixas, un desaxuste permitiu aos padroneses poñerse por diante, e na segunda o Flavia sentenciaba.
![Baio-Flavia-Luis Gonzalez](/media/quepasanacosta/images/2024/02/05/2024020512265680217.jpg)
CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.20: O Baio fai saltar as quinielas e a Esteirana supera ao San Lorenzo.
- X.19: A pegada do Fisterra supera á Esteirana.
- X.18: O San Lorenzo rompe a súa mala serie.
- X.17: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso.
- X.16: Acabando o 2023 na metade da táboa.
- X.15: O Fisterra confirma a súa melloría.
- X.14: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.13: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.12: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.11: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.