Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Acabando o 2023 na metade da táboa

11 da SD Fisterra 12-2023
O Fisterra remata o curso en positivo
1ª Galicia: Acabando o 2023 na metade da táboa

Remata o ano e os 5 equipos costeiros quedan nun segundo chanzo da clasificación. Só o Fisterra sumaba os 3 puntos nesta última xornada do ano, sendo o único que pecha o ano coa frecha para arriba. San Lorenzo, despois dun comezo impresionante queda con 27 puntos, os mesmos que un Dumbría que volveu deixar ocasión de achegarse á zona noble.

Derrota fea da Esteirana ante un equipo de descenso, mentres que o Baio non puido facer nada ante o Tordoia, e fica ao fío do descenso directo, pero con 4 puntos de vantaxe.

San Lorenzo - Agolada (2-2)

  • San Lorenzo: Puyol, Samuel, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Alberto Campos, Jairo, Alex Taibo, Joaquín, Diego Varela, e Juanjo. Tamén: Benja, Davidson, Riki, Lorenzo e Andy.
  • Goles: 0-1, m.18: Cristian; 0-2, m.53: Cristian; 1-2, m.65: Jairo remata un centro lateral que peitea Samuel; 2-2, m.89: Juanjo de penalti.

Con moitas baixas chegaba Miguel Lapido. Saltou moi frío o cadro de Verdillo e o Agolada aproveitou varios erros para poñerse por diante. A lesión de Joaquín obrigou a facer cambios, que consegue rematar o primeiro tempo co dominio territorial.

Saíu máis incisivo o cadro local na segunda, pero cando mello estaban o Agolada fai o segundo, facendo moito dano nas filas locais. Tocaba xogo directo e acumular xente arriba para intentar remontar, e nunha gran xogada por banda Jairo recurta. Seguiu empurrando con balóns arriba ata que xa sobre o desconto unhas mans son convertidas por Juanjo no empate. A pesar da expulsión de Jairo xa no desconto, o equipo seguiu empurrando e buscando a vitoria pero finalmente o choque rematou cun punto, que sabe a pouco.

Dumbría - Valiño (2-2)

11 Do CF DUmbria no Conco

  • Dumbría: Anxo, Alex Sendón, Pablo Paz, Kanario, Álex Sánchez, Baba, Miller, Rivi, Mario, Lucas e Dani Chao. Tamén: Carlos, Dani, Raúl, Mataso, Alex Blanco, Mario e Adrián Periscal.
  • Goles: 0-1, m.16: Brais; 1-1, m.17: Miller; 1-2, m.21: Madiop; 2-2, m.51: Miller.
Dumbria-Valino Cpai Rivi
Rivi foi o capitán dumbriés

2 goles de Miller, que xa suma 8, permitiron ao Dumbría sacar un punto na casa na visita dun Valiño que se metíu por dúas veces por diante.

Tordoia - Baio (3-1)

  • Baio: Iván Fraga, Bruno, Norberto, Pazos, Sergio Rod., Dani, Sergio Antelo, Porty, Bieito, MC e Diego Santancier. Tamén: Regueira, Josiño, Pablo Díaz, Guille Eiroa, Alex Muíño, Bryan, Guille Botas.
  • Goles: 1-0, m.24: Denis; 2-0, m.66: Abel; 2-1, m.85: Sergio Antelo; 3-1, m.90: Adrián Pombo.

Partido con derrota final tras unha primeira parte onde se adianta Tordoia nunha gran individualidade do eterno Denis. Todo a pesar de ser unha primeira igualada e ter máis controlado partido equipo baiés.
Segunda parte onde a través de orden defensivo, o cadro local soubo manexar os tempos e aproveitar outro erro para que Abel fixera o 2-0. Moveron banquillo os visitantes e modificaron debuxo e somenteron durante 20 min a un Tordoia incómodo e que non era capaz de axustar. Recurtaba Sergio e na seguinte Norberto falla un man a man no que estivo o empate. No desconto, unha falta dubidosa remataba na sentenza.

Fisterra - Praíña (3-1)

  • Fisterra: Joselu, Breixo, Lobelos, Andrés Vigo, Maikel Mouzo, Aarón, Rubén, Juan, Luís, Isaac Fábregas, Diego Estévez. Tamén: Adrián Makaay, Mac, Mario, Coté, Moha e Guille.
  • Goles: 0-1, m.35: Charles; 1-1, m.41: Estévez a centro de Lobelos; 2-1, m.73: Estévez define de vaselina a pase de Rubén; 3-1, m.86: Isaac Fábregas.
Sergio con Mani na homenaxe da SD Fisterra
Sergio con Maní na homenaxe da SD Fisterra

Comezou o choque igualado, sen pasar apuros atrás, con algunha ocasión illada. Pero na primeira chegada á media hora dos visitantes, gol en contra. Subiu Diego a posición Aarón Lobelos e nunha internada do fisterrán Estévez fai o empate de cabeza.

Na segunda, co 1-1 teñen os visitantes unha moi clara pero Joselu salva un man a man. A partir de aí os fisterráns saen polo partido dando un paso adiante, e o equipo comezou a dominar. Marcaba Estévez o segundo, pero os locais non recuaron, foron polo terceiro, que chegaba desta volta da man de Isaac. Aí si que reaccionaron os visitantes, que marcaron nunha xogada anulada, e tivo que aparecer de novo a Joselu con outro paradón.
O partido que comezaba coa homenaxe a Maní (aproveitando a que lle fixeron os Rapacollóns a semana pasada) remataba despedindo a Marc, meta barcelonés que asou uns meses botando unha man ao equipo e que volve á súa terra.

Marchan ao parón con boas sensacións os de Lobelos, tras 3 vitorias seguidas.

Marc con Dirego Lobelos e Josel
Marc, con Dirego Lobelos e Joselu

Estrada - Esteirana (1-0)

  • Esteirana: MJ, Code, Simón, Damián, Tobío, Pachi, Oli, Alex Rama, Piki, Kevin Rial e Róber Pladur. Tamén: Martín Rama, Adrián, Pablo Rama, Kevin Lariño, Alex Louro, Brais Noceda e Sergio.
  • Gol: 1-0,m .36: Paulo.

Esqueceu aparecer no Manuel Regueiro a Esteirana. E iso que era un partido vital para os esteiráns para confirmar unha máis que meritoria primeira parte do curso e seguir escapando no descenso (é o Estrada o que pecha os postos de descenso directo, agora a 7 dos blaugranas). Saíron ben os primeiros 15 minutos, pero pouco a pouco foron diluíndose, e xa descompostos non foron quen de crear perigo ningún, nas transicións collían sempre mal situados os blaugranas ante un cadro que gañaba cada duelo.

Partido para esquecer porque por este camiño imos mal. Pero bueno, todos os equipos temos malos día e esperemos facer borrón e conta nova, e volver á senda do que estabamos facendo, competindo con todos”, sinala Néstor.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios