1ª Galicia: O Baio fai saltar as quinielas e a Esteirana supera ao San Lorenzo

Deu a sorpresa, cun chicharrazo de Porty no min.90, o Baio en Valga. Os de Félix, en medio dunha temporada tremendamente irregular, daban a cara ante un dos 3 de arriba e sumaban 3 puntos fundamentais na loita por evitar o descenso.
Foi a nota máis destacada dunha xornada 20 da 1ª xunto coa vitoria da Esteirana ante o San Lorenzo, no derbi sur-norte. Os de Néstor superaron aos de Lapido e deixan a zona morna da táboa máis comprimida, quedando a só 3 puntos despois das dúas liñas completamente diverxentes ao comezo de temporada.
O Dumbría sufriu pero non falou ante a Estrada, pero o Fisterra non puido con todo un Puebla.
Esteirana - San Lorenzo (2-0)
- Esteirana: MJ, Samuel, Damián, Code, Simón, Sergio, Adrián, Álex Rama, Kevin Rial, Elías, Piki. Tamén: Martín, Pablo Rama, Kevin Lariño, Pachi, Brais Noceda, Tobío.
- San Lorenzo: Puyol, Manu Mato, Lucho, Pablo Garrido, Iago, Andy, Costa, Mateo, Alex Taibo, Javi e Juanjo. Tamén: Benja, Samuel, Raúl, Quin, Diego Varela, Alberto Cmapos e Riki.
- Goles: 1-0, m.18: Piki de falta; 2-0, m.52: Elías.
Partido igualado no Xosé Luís Vara, e se para os de Verdillo un empate tería sido máis xusto, para os locais se cadra o resultado quedou curto. Non estivo acertado nas áreas o cadro visitante, o que lle penalizou ao cadro de Miguel Lapido que leva unha serie complicada nestes dous últimos meses e que necesita sumar para chegar aos 40 puntos.
Non foi un partido moi vistoso, pero os de Néstor aproveitaron os puntos débiles dos visitantes, e lle fixeron moito dano nas transicións. Unha falta ao borde da área permitiu a Piki abrir o marcador. A partir de aí o San Lorenzo intentou crear ocasións, pero os esteiráns estiveron moi serios en defensa.
Na segunda avanzaron liñas os visitantes, e atacaron ben pola banda dereita con Costa como protagonista, pero faltoulles o último centro para chegar con claridade. Cando mellor estaban os carballeses, un erro de medición na defensa permitíu a Elías facer o segundo. Fixo moito dano ese tanto, un xerro de auga fría, e malia que o intentou durante a segunda, non foi quen de superar a boa defensa local.
Puebla - Fisterra (4-1)
- Fisterra: Joselu, Breixo, Colombia, Maikel Mouzo, Andrés Vigo, Jano, Rubén, Capelo, Adrián Makaay, Isaac Fábregas, Estévez. Tamén: Lois, Mario, Luis, Aarón e Guillermo.
- Goles: 1-0, m.14: Ronquete; 1-1, m.26: Breixo a centro de Capelo; 2-1, m.41: Jonathan; 3-1, m.63: Ronquete; 4-1, m.87: Jonathan.
Partido con pouca historia, nun choque ante “o mellor equipo ao que nos enfrontamos ata agora, xunto co Negreira”, recoñece o adestrador fisterrán Diego Lobelos. As baixas de última de hora do cadro fisterrán fixeron trocar a idea de inicio, malia que o choque comezaba xa cos locais percutindo, e facendo que Joselu fose protagonista. Adiantábanse así e todo os locais, e aínda tiveron un segundo. Pero o equipo reaccionaba con varias ocasións o equipo fisterrán, e conseguen empatar. Pero os últimos 10 minutos do partido o Puebla foi un vendabal. Só Joselu, o mellor do partido con mesmo intervencións de gran mérito que serían de póster, mantiña ao equipo no partido.
Na segunda metade, co 2-1, o partido comeza a romperse e nas transicións os locais matan o choque con facilidade.
Dumbría - Estrada (2-1)
- Dumbría: Anxo, Samuel, Kanario, Alex Sánchez, Adrián Periscal, Miller, Mario, Raúl, Lucas, Mataso, Dani Chao. Tamén: Carlos, Dani, Goyes, Antón, Fabio, Xián.
- Goles: 1-0, m.33: Dani Chao; 1-1, m.65: Moha Fadel; 2-1, m.90: Antón Pose.
Salvou a papeleta o Dumbría a pesar das baixas como Pablo Paz, Baba ou Rivi. Tardou en finiquitar o partido o equipo de Pablo Conde ante un dos de abaixo. Na primeira parte foron mellores, co control do partido e en posibilidades de marcar, a pesar do ritmo baixo que propuña o rival. Dani Chao adiantaba aos dumbrieses.
Na segunda eles estiráronse máis e nun balón parado empataron. Tocaba ir con todo arriba, pero non foi ata o desconto cando os locais conseguían marcar con gol do xuvenil Antón, dando conta da canteira eterna do club.
Cordeiro - Baio (0-1)
- Baio: Javi Souto, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Sergio Rod., Dani López, Porty, Bieito, Diego Santancier e MC. Tamén: Iván Fraga, Josiño, Sergio Antelo, Damián, Bryan e Guille Botas.
- Goles: 0-1, m.90: Porty de falta.
Partido dos que fai creer e ter fe no gran traballo colectivo que pode mostrar o Baio. A través da mellor versión individual de cada un o Baio competiu man a man cun dos de arriba, e acabou levando para casa 3 puntos vitais na loita por evitar o descenso.
Os de Félix saíron coas ideas moi claras, e controladon o partido dende o inicio. O Cordeiro non tiña argumentos con balón ante a intensidade dos baieses, que ademais tiveron boas ocasións na primeira metade. Na segunda, Félix cambiou o debuxo para ir polo partido nas transicións, e foi Porty nunha falta no desconto o que marcou o golazo da vitoria.
Despois de moitas semanas lanzando mensaxes, o míster quere “felicitar a un grupo de xogadores que dando esta versión si demostran ser xogadores desta categoría. A seguir a liña de traballo para poder seguir competindo”.
Este foi o golazo de falta de Porty case que no desconto:
CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.19: A pegada do Fisterra supera á Esteirana.
- X.18: O San Lorenzo rompe a súa mala serie.
- X.17: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso.
- X.16: Acabando o 2023 na metade da táboa.
- X.15: O Fisterra confirma a súa melloría.
- X.14: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.13: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.12: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.11: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.