2ª FUTGAL: Carrusel de infarto que deixa todo aberto para a última xornada

Homenaxe a Pejo na Grixa-Foto-Parker

Menudo carrusel o vivido onte en www.futboldacosta.com na Liga da Costa!! A penúltima xornada da 2ª FUTGAL foi unha auténtica voráxine de emocións, con alternancias constantes no liderato e nos postos de abaixo ata o último suspiro.

Por arriba, o Xallas, que chegaba líder, sucumbiu no Cubaleiro ante un Corcubión que, ademais de salvar a categoría, será xuíz e parte do título. Os corcubioneses venceron ao cadro xalleiro e visitan na última xornada as Pedreiras, onde o San Lorenzo poderá vivir unha xornada histórica tendo opcións de sumar o seu segundo título da Liga da Costa (o primeiro e único colleitado hai 3 anos), e ocupar o único posto de ascenso directo. Os de Iván Rojo tiveron que remontar no Cunchido e afrontan a última xornada cun punto de vantaxe (o golaveraxe individual a favor dos xalleiros).

Por detrás, na loita pola terceira praza, a segunda de promoción, o Baio perdeu parte da vantaxe colleitada a semana pasada, e terá que gañar a un Malpica (que parece que se libraría en caso de posibles empates) coa cabeza posta na Copa da Costa para quedar por diante do Poteño (que venceu a un necesitado Ponteceso na mañá dominical.

Os arrastres poden provocar ata 5 descensos

Pero é que a cousa por abaixo está que ferve. Ata 5 descensos pode haber este ano por mor dos 3 descensos xa confirmados de Camariñas, Fisterra e Esteirana. Así, 3 descensos son xa seguros, e outros dous (as prazas 12ª e 13ª) dependerán do hipotético ascenso a 1ª FUTGAL dos equipos que xoguen finalmente a promoción.

Así, a día de hoxe, ao Mazaricos non lle valeu a vitoria en Malpica e xa son equipo da 3ª. O Zas, practicamente igual, cunha mínima esperanza aínda aberta. Ocupa o Sofán B, despois de sufrir unha remontada tremenda do Corme (que deixa selada a permanencia) nos últimos minutos no Cairo, esa 3ª praza de descenso, xunto co Monte Louro, que vencía o derbi ante o Muros ao son de Xián Pais, ao que deixa a só 1 punto. Son estes os 5 equipos que peor o teñen, pois para esa 5ª praza podería varios dobles empates, un triple e mesmo ata un cuádruple empate entre Soneira, Malpica (estes dous salvados en todos os casos), Ponteceso e Muros, sendo o Muros o perxudicado na maioría dos casos.

A última xornada depara un fraticida Sofán B-Muros, un Ponteceso-Cabana e un Monte Louro-Porteño para ver quen evita as 5 últimas prazas.

Porteño - Ponteceso (1-0)

  • Porteño: Mariolo, Rodrigo, Brais Mouzo, Pablo, Álvaro, Alfredo, Sandelo, Gabri, Yuyo, Bruno e Carrabete. Tamén: Iván Lema e Sandro.

  • Ponteceso: Brais, Pedro, Luca, Dani Rod., Adrián pose, Ismail, Javino, Alberto Recarey, Mendieta, Iván Rod. e Neira. Tamén: Darío, Adrián Ures, Juan Rey, Eloy Álvarez e David.
  • Gol: 1-0, m.88: Bruno.
Homenaxe a Pejo na Grixa.Fotos:-Parker

Arrincaba o partido na mañá dominical na Grixa coa homenaxe a Pejo, o capitán da Ponte, pola súa traxectoria de 15 tempadas do club, sempre marcada polo respeto, loita, esforzo, compromiso e lealdade as cores do Porteño. “Todo un símbolo, todo un capitán”, recoñecen dende o club, que agradecen a colaboración á familia do Ponteceso SD e do colexiado Esteban Domínguez Lado, que non dubidaron en posar para a estampa-

No deportivo, "derbi das Pontes" foi un choque moi intenso e con moita loita no centro do campo, sin ocasións reseñables para os dous equipos. Arrancaba cun Porteño encerrando ao Ponteceso na súa área a base de saques de banda longos e córneres: tiveron neste tramo de 20 minutos varias ocasións para marcar, unha de Bruno e outro balón que botou na liña, pero non foron capaces de materializar. Pouco a pouco, o Ponteceso foi entrando ao partido e competindo de cara contra un Porteño moi físico, pero os visitantes non se arrugaron, combatindo con cada balón e aproveitando cada saída para atacar a meta de Mariolo, quen tivo que despexar un tiro perigoso de Luca e atallar un balón peinado por Neira que apiques estivo Iván de rematar.

Na segunda parte foi un partido fermoso, moita pugna por cada balón en longo e moita brega no medio do campo, tivo o Ponteceso dúas claras ocasións con Dani Rodríguez, a segunda non remachou Eloy por centímetros: o Ponteceso merecía o empate ante un Porteño que necesitaba o gol e comezaba a deixar espazos acusando o cansanzo. Non obstante, o fútbol ten estas cousas, na case última xogada do partido, un córner ao segundo palo que devolveu o Porteño na área encontrouno Bruno (que ten unha vantaxe de 4 goles sobre Bryan para amarrar o Balón da Olería de Buño como pichichi do curso) para rematar a quiemarropa para que o Porteño, quen non tivera case perigo na segunda parte, levase o encontro contra un Ponteceso que, pouco acostumado a este tipo de xogo e de terreno, deu a cara ata o final.
Os dous esquipos xogaranse intereses contrapostos no último partido, o Ponteceso válelle un empate contra o Cabana para sobrevivir, mentres que o Porteño debe gañar e rezar para que algún dos de arriba perdan para entrar no playoff.

Zas - Soneira (1-3)

Familia do Sporting Zas cos seus lesionados. Foto: Sp
  • Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Adri Rama, Joel, ÁLvaro Fari, Chiki, Juan Touriñán, Redondo, Ronny e Andrés. Tamén: David Gerpe, Pablo Fuentes, Iván, Martín Novo e Adrián Gonz.
  • Soneira: Brais Dono, Cristian Lourido, Héctor, Brais Pereira, Jose Antonio, Mario, Cachi, Javi Lema, Pichi, Richi, Vía. Tamén: Brais Lema, Maikol, Nico, Gabri, Xavi.
  • Goles: 0-1, m.23: Pichi a pase de Richi; 0-2, m.31: Mario a centro raso de Richi; 1-2, m.57: Chiki; 1-3, m.60: Richi.
Juan Tourinan e Pichi co trio abritral de David Castreje no Zas-Sonera-Foto-Sp

San Andrés viviu un derbi comarcal con bo ambiente, coa clasificación condicionada polos posibles arrastres e co descenso converténdose nun auténtico drama esta tempada. Así o partido presentábase como unha final para ambos equipos. O Soneira chegaba ademais co cambio de adestrador que normalmente adoita activar aos equipos, pero cun porteiro, os 3 centrais e o pivote de idade xuvenil.

Os primeiros minutos foron de moita tensión e pouco fútbol. Co medo ao error sobrevoando os primeiros minutos do partido. Ata que chegou o primeiro golpe visitante: Richi gañou as costas da defensa do Zas cun desmarque e conectou con Pichi, que definiu para facer o 0-1. Un gol que deixou tocado ao Sporting, que non foi quen de atopar continuidade co balón nin de xerar perigo real sobre a portería de Brais Dono.
E o Soneira, cómodo no seu plan, volveu golpear. Unha mala saída do Zas abriu a porta a unha contra ben executada polos visitantes, que puxeron o 0-2 ao redor da media hora. Nese tramo, o Zas non conseguía inquedar con claridade e o partido foise ao descanso cun marcador duro para os locais.

Zas-Soneira-Foto-Sp

Tralo paso polos vestiarios, o Sporting saíu con outra cara e deu un paso adiante. Chegou entón o gol de Chiki, que recortaba distancias (1-2) e devolvía ese empuxe necesario para crer na remontada. O Zas tentou aproveitar o momento e empurrou, pero cando o partido parecía volver abrirse, chegou o golpe definitivo: outro erro na saída propiciou unha nova transición e Richi non perdoou, asinando o 1-3 e deixando moi tocada a esperanza local.

A partir dese tanto o encontro baixou moito de ritmo. Houbo pouco fútbol e poucas ocasións claras, aínda que o Soneira chegou a ter un tiro ao pau nos últimos compases. O Zas buscou achegarse máis con corazón que con acerto, pero o marcador xa non se movería.

A vitoria ratifica a salvación do Soneira (que ten o golaveraxe individual co Muros), pero a derrota que devolve ao Sporting Zas á zona de descenso directo. Aínda así, a clasificación segue deixando unha mínima esperanza de posibilidades polos resultados paralelos (derrotas de Muros e Sofán), no que o equipo afrontará o partido final coa obriga de pelexar por chegar a esa cuarta praza por abaixo, nun escenario de cinco descensos confirmados na Liga da Costa e que ascendan os dous equipos costeiros para aliviar eses descensos.

Outes - San Lorenzo (2-3)

  • Outes: Dani, Claudino, Adrián Rey, Adrián Caamaño, Dani Torea, Marcos, Iván Lado, Hugo, Alberto e Kevin. Tamén: Rubén, Hugo Seoane, Lois, Pablo.
11 do San Lorenzo no Cunchido
  • San Lorenzo: Javi Souto, Samuel, Alberto Campos, Garrido, Hugo Pereiro, Álex Vázquez, Javi Pérez, Cheick, Iago, Alex Taibo e Marcos Corral. Tamén: Mario, Diego, Hugo Canedo e Cotelo.
  • Goles: 1-0, m.21: Kevin Lariño; 1-1, m.31: Hugo Pereiro de xogada ensaiada de córner; 1-2, m.42: Iago López de golazo cruzado; 2-2, m.60: Lois; 2-3, m.68: Hugo Pereiro na mesma xogada de córner.

Moi bo partido, con dous equipos que quixeron xogar ao ataque e deixa 3 puntos para que o San Lorenzo envorque a clasificación e parta con vantaxe na última xornada. Vitoria de mérito ademais dos de Iván Rojo, ante un Outes que fixo un gran partido, e iso que os de Geno traían unha marea de xuvenís na convocatoria.

Os dous equipos querían mandar sobre o Cunchido, cun cadro de Verdillo algo mandón pero un Outes que tamén entraba moi ben por banda, tendo 2-3 chegadas moi boas e abrindo o marcador por medio de Kevin Lariño. A reacción do SanLo non tardou en chegar. No 31’, Pere empataba o encontro, e pouco antes do descanso, no 42’, Iago culminaba a remontada poñendo o 1-2 co que se chegou ao tempo de lecer.

Na segunda metade o partido mantívose moi igualado, e no 59’ o Outes conseguía facer o empate. Pero os pichurros volveron demostrar carácter e no 68’, outra vez Pere, anotaba o 2-3 definitivo repetindo o mesmo córner ensaiado da primeira metade.

Nos minutos finais, o Outes intentou remar, pero xa non había demasiadas forzas e o SanLo soubo aguantar ben atrás. Con esta gran vitoria, o SanLo recupera o liderado a falta da última xornada, que se disputará o vindeiro fin de semana en Verdillo.

Malpica - Mazaricos (0-1)

  • Malpica: Suso, Anxo, Pablo, Garci, Isaac, Fabián, Cristian Villar, Mara, Cristian Fdez., Saydou, Chicha. Tamén: Ndoye, Saul, Aday Mato, Fran, Brais Calvo.
  • Mazaricos: París, Luís Mayán, Borja, Landeira, Steven, Samu, Fabián, David, Adrián, Raul, e Marcos. Tamén: Yeray, Fabio, Hugo Andrade.
  • Gol: 0-1, m.12 Raúl.

Non se rendeu o Mazaricos que confirmou o seu descenso deixando ao Malpica tocado de cara á última xornada nun heroico acto de resistencia. Perdeu o Malpica de selar a permanencia na casa e poder pensar tranquilamente na final da Copa. O partido que empezou algo máis dividido e incluso mellor o Mazaricos que aproveitou unha das poucas chegadas para facer Raúl, un golazo imposible para Suso. O Malpica despois combinando mellor tería ocasións nos pés de Cristian, Mara e Fabián; pero sin sorte e despexando ben tanto o porteiro visitante como a defensa. Seguia o asedio do Malpica tamen cun Saydou e un Chicha pero que as ocasións vamse rozando o pau.

Comeza a segunda parte na mesma liña, co Malpica envorcado ante un Mazaricos que sufría e aguantaba.

Satisfacción no bando amarelo, orgullosos do proceso iniciado este ano, suman xa 30 puntos que outros anos serviron para salvarse, cun cambio xeracional tremendo comandado por Rául Periscal, que espera ter continuidade o curso que vén dende a 3ª.

O Malpica, a sumar polo menos un puntou ou repetir o que faga o Muros na última xornada, e pensar na final da Copa da Costa ante o Muxía.

Cabana - Baio (1-1)

  • Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noé, Mario Romar, David Rey, Nando, Simón, Migueliño, Xabi Parga e Brais Fontenla. Tamén: Marcos, Noé, Pablo Pose, Yeray, Marco.
11 do CD Baio nas Redondas. Foto: CD
  • Baio: Rodri, Bruno, Pazos, Norberto, Miki, Jose Ángel, Pablo Gabin, Cheti, Chechi, Víctor e MC. Tamén: Julián, Brais, Alex Muíño, Mamadou, Damián.
  • Goles: 1-0, m.52: Brais Fontenla a centro de Noé; 1-1, m.75: MC de penalti.

Partido moi disputado nas Redondas. O Cabana comezaba algo mellor, con varias chegadas pola banda de Simón ou de Migueliño polo medio, sobre todo unha de Brais que corta Norberto. Custoulle adaptarse ao campo ao Baio, que na primeira apenas inquedaron cunha parada de Manu Nantón, e varias internadas de Víctor, algunha de Cheti, ou un centro envelenado de Víctor que Manu tamén despexa tras tocar ao longueiro.

Na segunda comezaba cos de Mingui abrindo o marcador por medio de Brais. Pero o cos cambios o equipo de Diego Lobelos comezaba a carburar, tendo unha ducia de boas ocasións, empatando e tendo ocasións de sobra para poder gañar o partido.

Muros - Monte Louro (1-2)

11 do CD Muros no Eleuterio Balayo
  • Muros: Aitor, Juan Rey, Alon, Pelos, Je, Ramón, Benji, Manu Tajes, Fran, Jesús, Dani Jurjo. Tamén: David Lestón, Marcos Candamo, Alex, Iván, Ferreiros.
  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Juan Lois, David Pais, Rodri, Adrián, , Chano, Chano, Íker, Héctor e Xián. Tamén: Álvaro, Pablo Vidal, David, Manolo Chouza e Flavio.
  • Goles: 1-0, m.29: Pelos; 1-1, m.33: Xián; 1-2, m.69: Chano.
Ambientazo en Miraflores para o derbi muradán

O Louro gaña o derbi o son de Xian. Ambientazo en Miraflores para o derbi muradán de urxencias, cos dous equipos na UCI. O choque, arbitrado por Raúl García Veiras, fillo do mítico Raúl García de Loza, rimeiros compases nos que o Monte Louro buscaba con balóns longos a zona esquerda do seu ataque onde un moi activo Héctor tratou de facer dano pero o Muros defendeu ben eses balóns frontais. O cadro de Joaquín Quintáns trataba de chegar rápido arriba onde Dani ten moita facilidade para o gol pero nunca eran capaces de deixalo en vantaxe. Adiantouse o Muros cun gol de Pelos e casi foi o mellor que lle puido pasar o Monte Louro porque dende aí emerxeu a figura de Xián Pais (convertido nesta tempada en artistazo musical) que retrocedeu a súa posición inicial para tratar de facer un xogo máis combinativo. Os de Bibi empezaron a sentirse máis cómodos e tiveron os mellores minutos ata o final do primeiro tempo e froitro desa melloría chegou o gol do empate nunha falta que Iker amagou co disparo pero deixou en vantaxe á Hector que saíndose da barrera polo lado esquerdo asistíu a Xián que fixo o gol.

Na segunda parte os locais trataron de neutralizar ese dominio visitante e subiron a intensidade nos balóns divididos e o partido volveuse máis trabado, só cando o nalón pasaba por Xián nos visitantes ou Benji nos locais melloraban en ataque ambos equipos. Un erro na saída de Balón de Pelos propiciou o segundo gol visitante, con asistencia Xián para Chano, que fusilou a porta muradá. De aí ao final o Muros tratou de igualar pero un Pedro moi seguro desbaratou todas as accións dun Muros que no puido empatar.

O partido estivo parado no desconto xa que tras un choque o xogador muradán Benji levou a peor parte e foi necesario trasladalo en Ambulancia. Afortunadamente sería dado de alta xa pasada a media noite e logo das probas realizadas no hospital pasando a vixianza no domicilio.

Queda a cousa complicadísima para os dous equipos para escapar dos posibles arrastres, tendo que vencer o Muros no Carral e esperando que o Ponteceso perda co Cabana, como unha das últimas oportunidades. Con todo, O Monte Louro intentará sumar e superar ao Muros soñando con que un dos equipos que ascenda libere un arrastre.

Corcubión - Xallas (3-2)

  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Andrés, Castreje, Rama, Alex, Antón, Mario, Iago e Luís Lojo. Tamén: Rubén, Nando, Iker, Borja Bouzón, e Jose.
  • Xallas: Iván Couto, Elvis, Dani Barbeira, García, Adrián Couto, Maca, Alberto, David, Bryan, Sergio Barbeira e Rubén Blanco. Tamén: Iker, Pablo, Doro, Rubén Sande, Julián.
  • Goles: 1-0, m.10: Mario de tiro cruzado a pase de Iago; 2-0, m.17: Luís Lojo a centro de Rama; 2-1, m.44: Maca; 3-1, m.66: Luís Lojo cun golazo tremendo; 3-2, m.81: Doro.

Partidazo tremendo o vivido no Cubaleiro, coa salvación por un lado e título polo outro en xogo. Chegaba o Xallas no liderato, xa co partido marcado en vermello dende hai tempo, para enfrontarse a un Corcubión que necesitaba sumar para non verse en líos. E foi un choque tremendo, moi intenso e disputado de principio a fin, marcado polo alto ritmo competitivo e o xogo directo de ambos conxuntos.

Comezaba pegando pronto o cadro de Ángel Ventanas e Isi, máis acertado neses primeiros compases, castigando cada desaxuste. Nunha boa combinación Mario abría o marcador ante un Xallas algo baixo. Seguía o Corcubión enriba, con avisos de Luís, que manda fóra e de Mario ao que lle gaña o man a man Iván Couto. Pero nada puido facer apenas no m.17 nun centro de Rama que remata Luís ao segundo pau.

Co paso dos minutos, o equipo de Doriño foi entrando no partido, mellorando en presión e gañando presenza en campo rival. Froito desa reacción, antes do descanso chegaría o 2-1, un gol moi importante a nivel anímico que devolvía ao equipo ao encontro e deixaba todo aberto para a segunda metade.

Na reanudación, o partido seguiu a mesma liña de intensidade e moito balón directo, con continuas disputas e poucas concesións. Nunha desas accións, o Corcubión volvería ampliar diferenzas cun golazo de Luís, poñendo patas arriba a Liga da Costa. Lonxe de baixar os brazos, os xalleiros daban un paso adiante modificando o sistema a un 1-3-5-2, acumulando máis xente en ataque e buscando presenza constante en campo contrario. O cambio deu resultado e o equipo conseguiu recurtar novamente distancias co 3-2 de Doro, xerando minutos finais de moita presión e incertidume, pero insuficientes para manter o liderato de cara á última xornada.

Corme - Sofán B (2-1)

  • Corme: Quique, Mauro, Senén, Aitor, Broly, Joshua, Yago, Lucas, Borja Torrado, Isra e Samu Costa. Tamén: Adrián, Hugo, Rubén, Martín e Xoel.
  • Sofán B: Eloy, Marcial, Diego, Iván, Mateo, Asier, Dani Rod., Nacho, Dani Calvete, Adrián Fraga e Rubén. Tamén: Diego Rama, Samu, Christian, Eloy Cabeza e Álvaro.
  • Goles: 0-1, m.3: en propia; 1-1, m.88: Borja Torrado tras un saque de banda; 2-1, m.94: Yago.

Ben define este partido como foi o carrusel de onte e como está a Liga da Costa. O Sofán B tivo no Cairo a permanencia practicamente na man durante 85 minutos, e nun final de infarto é o Corme o que remontaba e deixa sentenciada a súa salvación.

Comezaba o choque co filial mandando, cun gol en propia, e un par de ocasións de córner e de falta, aparecendo aí Quique. Pero moi pronto, o cadro local comezaba a carburar metendo ao rival no seu campo, dispoñendo de varias ocasións para empatar. Sufriron aí os carballeses ata o descanso, sobre todo, en xogadas a balón parado, pedindo os locais unha man dentro da área.

Na segunda correxiron ben os de Zalo, que non sufrían demasiado e mesmo sacaban algunha contra, mesmo cunha ocasión clarísima que salva Adrián Suárez cun paradón tremendo. A lesión de Broly obrigaba a facer cambios no cadro local, que pedían cartón vermello nesa acción. Pero aínda quedaba todo un mundo, con apenas 15 minutos por diante, e cos de Ángel xa apretando e arriscando moito. Quedaban 10 minuntos cando os locais conseguen empatar tras un saque de banda longo. O Sofán B, ao que o empate non lle valía, foise arriba, e mesmo tivo un córner ao longueiro. E nunha contra, xa no descontísimo, Yago, nunha boa contra, sentenciaba a permanencia dos seus.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información<