2ª FUTGAL: Todos poden caer
Quedan 6 xornadas para o remate da Liga da Costa e a cousa está espectacular. A xornada 24 demostrou que os dous equipos de arriba non teñen nada feito, e malia que o Camariñas ten 6 puntos de vantaxe sobre o Xallas, non se pode despistar nin un só momento. De feito, o carrusel dominical en www.futboldacosta.com comezaba cun gol do Corme no Vicente Carril, e outro do Xallas na Grixa. Co paso dos minutos o Camariñas lograba empatar ante o cadro cormelán (mataxigantes que viña de vencer en Fontenla) mentres que o Porteño lle daba a volta ao marcador e quedaba cos puntos ante o cadro xalleiro, impedindo que recurtase a súa distancia co liderato.
Agora a cousa queda máis apretada nese segundo vagón na loita pola 2ª e 3ª prazas que dan acceso á promoción. O Xallas ten 48 (7 menos que o líder), pero é que o Soneira, que non fallaba (pero acababa pedindo a hora) ante o Lira ten 46; o Baio (que vencía ao Outes cun golazo monumental de MC) ten 44, e por detrás Porteño 41, e Monte Louro e Corme 39.
Na zona baixa, segue moi viva a loita por evitar esa antepenúltima praza que podería provocar o descenso do San Lorenzo ou mesmo da Esteirana (que quedaría anulado se ascende un equipo na promoción á 1ª). Coristanco, Muros e Mazaricos terán unha pelexa sen tregua ata o final.
Monte Louro - Mazaricos (4-1)
- Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Chouza, Rodri, óscar Fari, Raúl, Xián, Abel, Álvaro, Íker e Brais. Tamén: Xaco, Javi, Fabio e Luismi.
- Mazaricos: Íker, Luis, Borja, Chumico, Bryan, Sergio, Brais, Matías, Sandelo, Marcos, Sandelo, Molinos. Tam´ñen: Ángel, Fabio, Adrián López; Pereiro, Alex Calvo.
- Goles: 1-0, m.3: Álvaro Fari; 1-1, m.7: Bryan remata de volea un remate de Marcos; 2-1, m.43: Álvaro; 3-1, m.56: Raúl; 4-1, m.71: Luismi.
Gran primeira metade do Mazaricos a pesar de comezar por debaixo do marcador. Bryan empataba e aí durante media hora o control e o bo xogo foi dos de Marcos Domínguez, que tiveron un par de boas ocasións para poñerse por diante, como un centro de Marcos que se paseou por diante da meta, ou un gran pase filtrado de Sandelo a Molinos que foi anulado por fóra de xogo. A mellor, con todo, foi desbaratada por un doble paradón Pedro a un tiro de Rodri, e ao rexeite de Bryan.
Pero un roubo na saída do balón nos últimos compases da segunda, permitía a Álvaro Fari facer o segundo para os de Bibi, sendo un mazazo nos visitantes.
Cambiou o panorama na segunda, cun Mazaricos menos combativo, e moito máis brando atrás, permitindo ocasións e non xerando tanto como na primeira metade. Raúl e Luismo pecharon a vitoria.
Baio - Outes (2-0)
- Baio: Rodri, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Lucas, Carreira, Sergio Antelo, Rubén Sánchez, Josiño, MC. Tamén: Alex Muíño, Rubén Porteiro, Chechi e Aitor Vilas.
- Outes: Ryan, Stefan, Paullo, Sergio, Jura, Aarón, Iván, Xabi, Keko e Yago Dosil. Tamén: Kevin, Mario Roo, Alberto, Veleiro e Cristian.
- Goles: 1-0, m.14: MC marca un golazo dende máis lonxe a esquina da área pola escuadra do segundo pau; 2-0, m.94: Rubén Sánchez nunha contra ben levada por Sergio Antelo.
Partido igualado en Baio, que comezaba cunha primeira metade na que os de Félix saían mellor, tendo un par de ocasións e meténdose por diante cun golazo tremndo de MC. A partir da media hora os de Gonzalo tiveron algunha ocasión, sobre todo unha chegada de Yago Dosil.
A segunda foi máis igualada, e pouco a pouco o Outes metía atrás ao cadro baiés, que intentaba saír á contra. Keko mandaba un balón á madeira e Kevin tiña dúas ocasións, pero xa no desconto, unha boa contra dirixida por Sergio Antelo era culminada por Rubén Sánchez para sentenciar.
Aquí podedes ver o partido completo gracias a Santi Soneira:
Camariñas - Corme (1-1)
- Camariñas: Pablo, Víctor, Caamaño, Carlos, Pablo Suárez, Moriño (Hugo), Roi, Javi, Soule, Mario e Djibril.
- Corme: Quique, Laik, Eloy Villar, Joshua, Senén, Mauro, Figueroa, Isra, Borja Torrado, Lucas e Teo. Tamén: Noel, Brais Pailos, Yago, Samu Costa e Álvaro.
- Goles: 0-1, m.11: Lucas Figueroa; 1-1, m.22: Djibril.
Partido moi disputado no Vicente Carril que demostra a dificultade que ten a Liga da Costa. Os dous equipos saíron pola vitoria, e se ben o cadro de Cabrejo saía dominador, nun erro de Pablo Lucas Figueroa adiantaba aos de Adrián Lema. Foron malos minutos dos locais ante un Corme que presionaba moi ben e seguía avisando, ata que aparecía, pouco despois, Djibril para facer un golazo e poñer as táboas no marcador. De aí ao final da primeira, o cadro local dominaba pero non sufría demasiado, se ben os locais pediron un penalti por unhas posibles mans a un centro de Mario.
O Corme aguantou moi ben na segunda, e sen cometer erros non sufría demasiado. Si Djibril tivo unha dentro da área pero salvou cun paradón Quique. Tamén apareceu Pablo nun par de lances, antes de que Soule protestase outro posible penalti.
Porteño - Xallas (3-2)
- Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Pablo, Darío, Mayor, Martín, Alfredo, David Pasantes e Yuyo. Tamén: Nico, Joel, Joseba, Ibra e Carrabete.
- Xallas: Iván Couto, Ra, Adrián Couto, Asier, Yago Facal, Adrián, Fidi, Steven, Rubén Sande, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamñen: Julián, Dani Barbeira, Alberto, Makareno, Marcos Carro.
- Goles: 0-1, m.10: Rubén Sande; 1-1, m.17: David Pasantes marca un golazo por riba de Iván Couto; 1-2, m.52: Fidi marca un golazo; 2-2, m.72: Martín; 3-2, m.95: Ibra.
Gran partido na Grixa, con dous equipazos sobre o céspede. O partido abríase co gol dun gran Rubén Sande, pero pronto empataban os locais. Caeron bos minutos dos de Pirucho aí, se ben os de Doriño buscaban tamén aos 3 de arriba tendo varias chegadas perigosas.
Repetíase o mesmo guión na segunda, co Xallas meténdose por diante cun golazo de Fidi. Tiveron bos momentos os xalleiros, ante un Porteño que facía cambios ofensivos, e comezou a facer máis dano por banda. Así chegaba o empate, obra de Martín, a 20 do final. O choque estaba roto, co Porteño máis arriba, pero co Xallas lanzando contras perigosas. E xa no último suspiro do desconto, gol local para o delirio da bancada.
Soneira - Lira (2-1)
- Soneira: Brais, Gusa, Oreiro, Adrián, Javi Lema, Josiño, Brais, Cachi, Bieito, Pichi e Richi. Tamén: Pity, Álvaro, David LP, Sergio Martínez e Sergio Suárez.
- Lira: Aitor, Isaac, Cartamil, Lois, Ángel, Marcos, Migueliño, Juan, Pablo Leis, Cibrán e Oli. Tamen: Ramón, Christian, Ángel, Hugo e Felipe.
- Goles: 1-0, m.7: Bieito de cabeza a centro de Richi; 2-0, m.63: Pichi; 2-1, m.82: Ángel.
Partido moi entretido no que se enfrontaban unha das defensas máis novas da liga (no Soneira formaban xuvenís Javi e José Antonio e o porteiro cadete Brais, que debutaba co primeiro equipo noutro partido con numerosas baixas para os de Josiño Abelenda) contra unha das máis veteranas da liga (Cartamil e Migueliño formaron no lado dos de Óscar Leis).
O Soneira saía moi enchufado dende o principio poñíase aos 7 min por diante tras unha xogada de Richi que se ía por banda e serviría un gran centro ao segundo pao para que Bieito fixera diana coa cabeza. Levou o peso da primeira parte o Soneira sen pasar moitos apretos en portería propia, se ben os lirachos tiveron un remate de Pablo e unha combinación de Cibrán e Ramón que chega ben o cadete Brais, que debutaba co 1º equipo noutro partido no que os locais sufrían 7 baixas. Aitor tampouco tivo moito traballo na outra área.
Na segunda parte máis do mesmo, cun Soneira dominador do xogo facía o segundo gol por medio de un gran disparo do seu novedoso killer Pichi. Pero o partido foise rompendo, indo e vindo. Oli avisaba nun man a man, e se ben Aitor si que tiña que aparecer nalgunha contra, Ángel recurtaba e de aí ao pitido final si pasou máis apuros o conxunto de Vimianzo, que acabaría pedindo a hora.
Corcubión - Muros (5-0)
- Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Gorka, Juan de Elvira, Marcos, Borja Bouzón, Alex Díaz, Luís Lojo, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Jon, Samu Rama, Íker, Martín e Samu Trillo.
- Muros: Ginki, Fran, Alon, Gesto, Antón, Benji, Xaco, Ra, Dani, Je e Javi. Tamén: Aitor, Peski, Flavio, Manuva e Ángel.
- Goles: 1-0, m.5: Juan de Elvira de cabeza; 2- 0, m.10: Iago Lema de bo disparo; 3-0, m.24: César Lojo; 4-0, m.50: César Lojo; 5-0, m.93: Iago Lema fai un golazo dende 30 metros.
Gran partido do Corcubión que practicamente deixaba sentenciado o choque en 25 minutos. Xa aos 10 minutos, aproveitando a zozobra visitante, e facendo un gran xogo por banda, se colocaban 2-0. Os de Ángel Ventanas e Isidro estiveron moito máis intensos e precisos que os de Vinto. Si que tiveron os muradáns unha ocasión de Fran e protestaron un gol anulado, pero non era o seu día.
Na segunda non cambiaría moito o guión e pronto César faría o cuarto. Despois de moitos minutos inertes, xa contra o final chegou o golazo da tarde cun tremendo disparo de Iago lema des 30 metros por toda escuadra.
Coristanco - Cabana (1-2)
- Coristanco: Rubén, Chechu, Jonathan, Belar, Prego, Dani Vázquez, Damián, Javi Bermúdez, Kevin, Dani Casti e Castro. Tamén Xoel, Nico García, Dani Lou e Pazos.
- Cabana: Manu Nantón, Aarón, Samuel Leis, Noe, David Rey, Ferreiro, Miguel, Nando, Diego Castro, Diego Méndez e Simón. Tamén: Christian, Roi, Hugo, Pablo Pose e Micky Pose.
- Goles: 0-1, m.15: Diego Castro; 0-2, m.56: Diego Méndez; 1-2, m.76: Casti.
Partido no cal o Cabana saía co equipo moi replegado deixando o control do balón a un Coristanco que non estivo para nada fino con balón. Tiveron os de Iván Vázquez un par de chegadas de tiros lonxanos pero sería o Cabana quen se poñería por diante despois dun erro dun pase en defensa do Coristanco que saca de banda rápido o Cabana e Diego Castro faría o 0-1. Así remataría a primeira parte na cal a pouca velocidade de circulación do Coristanco faría que o partido non fose moi vistoso para o público.
Na segunda metade intenta o Coristanco ser máis profundos e chegaría con opcións de facer o empate pero o Cabana poríase por diante cun golazo de Diego Méndez desde 3/4 de campo. Tardaría o Coristanco en facer o 1-2 obra de Casti dun tiro lonxano.
Con pouco tempo para rematar o partido intentaría o Coristanco crear perigro con balóns largos e con pases a espacio. Esto faría que Kevin quedara man a man co porteiro aínda que o colexiado pitaría un polémico fóra de xogo. Tamén tería o Cabana dúas ocasións moi claras para rematar o partido. No desconto un cabezazo de Chechu despois dun córner pasearíase pola área sen atopar un segundo rematador.
Cee - Ponteceso (0-0)
- Cee: Jorge , Iago, Diouck, Fontaíña, Oreiro, Anxo, Jose, Queco, Eze, Carlos e Trini. Tamén: Óscar, Munitis, Alex Muíño, Jonatan e Santos.
- Ponteceso: Brais, Ures, Ángel, Juan Rey, Mario, Dani, Mendieta, Martín Puente, Camilo, Eloy Ávarez, e Neira. Tamén: Darío, Nico e Rubén.
Empate a cero goles no San Paio dos Refoxos nun partido no que se rendiu un sentido homenaxe a Veronica Alborés Castro que tanto e tan ben traballou para a entidade ceense.
Unión Cee (que sufría ademais a marcha esta semana de Iván Bouzón ao Muxía) e Ponteceso brindaron un partido con pouco xogo e con escasas oportinidades tanto por unha banda coma por outra. A primeira foi para os locais nos primeiro minutos que a punto tiveron de adiantarse a pés de Queco. O Ponteceso tamén tivo as súas por medio de Neira que non puido acertar.
Na segunda parte, máis do mesmo, pouco xogo e poucas ocasións sendo a máis clara un cabezazo de Neira no segundo pao tras unha boa xogada de Eloy Álvarez que rematou as mans de Jorge, o mellor do partido. Poideron quedar os tres puntos en Cee nunha ultima xogada na que o árbitro pituou falta o porteiro nun remate dos locais que acabou en gol sendo esta a única polémica da tarde.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.23: O Xallas deixa escapar ao Camariñas.
- X.22: O Xallas tropeza ante o pechacancelas.
- X.17: O Porteño frea ao Camariñas e o Xallas volve recurtar.
- X.21: O novo empate do Xallas permítelle ao Camariñas volver distanciarse.
- X.20: Camariñas e Soneira aproveitan as táboas dos rivais directos.
- X.19: Xallas e Camariñas manteñen a pelexa.
- X.18: O Xallas alcanza no alto ao Camariñas.
- X.16: O Xallas supera a proba do Baio e persegue ao líder.
- X.15: O Monte Louro tamén frea ao Camariñas e o Xallas apreta por detrás.
- X.14: O Soneira impide que o Camariñas remate o ano invicto.
- X.13: O Camariñas tamén pode co Baio.
- X.12: O Camariñas amplía a renda mentres Mazaricos e Porteño selan táboas demostrando melloría.
- X.11: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento.
- X.10: O Xallas empata no Vicente Carril.
- X.9: 4 perseguidores detrás do intratable Camariñas.
- X.8: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio.
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.