2ª FUTGAL: O novo empate do Xallas permítelle ao Camariñas volver distanciarse

O segundo empate consecutivo do Xallas, desta volta ante o Cabana, permítella ao Camariñas, despois de gañar apuradamente na Serra, ampliar a 4 a súa vantaxe no alto da táboa, nesa fermosa loita que ambos manteñen polo título da Liga da Costa e o ascenso directo á 1ª.
Na tamén fermosa loita pola promoción no segundo vagón, o Baio gañou no Pinguel e segue terceiro, pero só cun punto de vantaxe sobre un Soneira que arrincou un empate na Grixa. Segue aí tamén o Monte Louro, con Corme e Porteño sen descolgarse.
Por abaixo, o Lira aférrase á Liga da Costa, coa segunda vitoria dende a chegada de Óscar Leis, tras superar ao Coristanco, o equipo que pode aínda alcanzar, ao que deixa a 5 puntos (menos o golaveraxe).
Mazaricos - Corcubión (1-2)
- Mazaricos: Íker, Luís Mayán, Fabi Barbeira, Borja, Chumiko, Bryan, Sandelo, Rodri, Kevin, Marcos e Molinos. Tamén: Ángel, Adrián, Alex Calvo.
- Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Mario, Samu Rama, Juan Castreje, Dani, Luís Lojo, Martín, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Gorka, Íker, Samu Trillo, Borja Bouzón e David Lojo.
- Goles: 1-0, m.45+1: Rodri; 1-1, m.57: Iago Lema; 1-2, m.71: César Lojo.
Segue tendo mala sorte o Mazaricos de Marcos, que volveu disputar un bo partido co balón, sobre todo nunha primeira metade na que foron dominadores, combinaron moi ben dirixidos por un gran Sandelo, e gozaron de numerosas ocasións de gol, coma un remate de Bryan dentro da área pequena e sae alta, un man a man de Marquiños que salva Bruno, un tiro Bryan ao longueiro; outro tiro de Marquiños que toca nun defensa e salva Bruno cun paradón pegando no pau ou un remate de cabeza de Luís. Só no desconto do primeiro tempo, Rodri conseguía abrir a lata corcubionesa.
Cambiou o conto na segunda, se ben Rodri tiña unha nova ocasión para os amarelos que salvaba Mario baixo paus. Pero o equipo de Ángel e Isi comezaba a estirarse e pronto Iago Lema acadaba o empate. Eran os mellores momentos dos visitantes e César Lojo aproveitaba un despiste defensivo tras un saque de banda longo para meter por diante aos branquiazuis.
Quedaban 20 minutos, e os locais volveron poñer o balón en campo contrario, tendo varias ocasións para empatar como un remate de Raúl, un tiro de Kevin, ou unha internada de Álex. Pero non chegaría o empate ante un Corucbión que se aferrou a sumar 3 puntos que os alonxan dos postos de perigo.
Outes - Camariñas (0-1)
- Outes: Ryan, Stefan, Paullo, Kevin, Chúa, Xabi, Chía, Jura, Sanchiño, Veleiro e Keko. Tamén: Adrián, Yago Dosil, Aarón e Mario Roo.
- Camariñas: Pablo, Víctor, Carlos, Oliver, Pablo Suárez (Borja), Moriño, Hugo (Caamaño), Javi, Nazo (Manuel), Mario e Djibril.
- Gol: 1-0, m.42: Mario.
Solventou un partido complicado o líder no Cunchido. Os locais comezaron mandando, controlando moi ben aos homes de arriba do rival, e chegando moi ben por bandas, creando ata 4 ocasións claras, tres de Kevin e unha de Keko. Pouco a pouco o equipo de Cabrejo e Faus comezaba a ter o balón e a ter algo máis de profundidade buscando aos tres de arriba (Nazo, Mario e Djibril), e con Javi, na media punta. E nunha das primeiras ocasións con perigo, xusto antes do descanso, Mario gaña un balón longo, fai un gran control e marca de tiro cruzado.
A segunda foi algo menos vistosa, co líder agazapado buscando unha contra, e o Outes percutindo a base de balóns áreos, pero sen demasiado claridade. Puido chegar o segundo dos visitantes pero apareceu Ryan a un tiro dende a frontal, pero tamén puido ter caído o empate.
Destacar a volta de Djibril no Camariñas tras 2 meses de viaxe ao seu Senegal natal, un xogador que seguro vai ser importante para o que queda de liga, esperando tamén o cadro de Cabrejo a volta de Soule.
Xallas - Cabana (2-2)
- Xallas: Iván Couto, García, Asier, Adrián Couto, Makareno, Yago Facal, Fidi, Dani Barbeira, Peke, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén: Joel, Steven, Martín, Julián e Carro.
- Cabana: Alvarellos (Manu), Mario (Pablo), Noé, Ferreiro, Aarón, Fernando, Moreno, Miki (David), Migueliño, Cristian, Manuel (Leis).
- Goles: 0-1, m.40: Aarón dende o medio campo marca un golazo; 1-1, m.55: Fidi nun córner; 1-2, m.82: Ferreiro remata un córner botado por Moreno; 2-2, m.84: Makareno.
Segundo empate consecutivo dun Xallas que viña de sumar 8 vitorias seguidas. A semana pasada era o Monte Louro o que freaba ao cadro de Doriño, e esta semana foi o Cabana de Óscar Mingui o que sacou un punto de Fontenla. Un Cabana que vén de menos a máis neste segundo treito da temporada.
O Xallas saída dominador, presionando arriba, pero era o Cabana, que tiña o vento a favor, o tiña as mellores ocasións na primeira metade, sobre todo nos pés de Manu, Fernando, Migueliño e Aarón, que se atoparon cun gran Iván Couto. O meta xalleiro unicamente encaixou u golazo impresionante de Aarón, a bote pronto dende case o medio campo que se colaba por toda a escuadra.
Na segunda, o Cabana replegouse algo máis e o Xallas pisaba área rival dirixido por un gran Steven, que soubo dar a pausa necesaria, conseguindo empatar nun córner e tendo unha ocasión clara nun 3 para un pero que fallaron por egoísmo. Case que na xogada seguinte Ferreiro metía por diante aos cabaneses de novo, pero apenas 2 miutos despois empataría de novo Makareno para os locais.
O partido aínda estaba moi vivo, con apenas 7 minutos por diante, e puido caer de calquera lado, tendo a mellor ocasión o Cabana que protestou un gol anulado a Pablo por fóra de xogo de Migueliño.
Ponteceso - Baio (1-2)
- Ponteceso: Brais, Ángel, Pedro, Luca, Brais Simal, Alberto Recarey, Mendieta, Mara, Martín Puente, Javi Souto, Castro. Tamén: Darío, Adrián Ures, Neira, Eloy Álvarez e David Lema.
- Baio: Rodri, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Alex, José Ángel, Lucas, Manuel Vila, Josiño e MC. Tamén: Yago, Rubén, Chechi, Mamadou, e Sergio.
- Goles: 1-0, m.38: Martín Puente de penalti; 1-1, m.68: José Ángel; 1-2, m.73: Josiño.
Partido bastante reñido no Pinguel. A primeira parte foi de dominio dos locais ante un Baio posicionado en medio campo, moi duro atrás, e esperando as súas opcións á contra. Os locais protestaban algunha decisión arbitral nunha primeira metade áspera, con poucas ocasións agás a internada que propiciaba a tamén protestada pena máxima que permitía a Puente abrir o marcador ao fío do descanso para os locais.
Na segunda, o Baio metía cambios e metía algo máis atrás a un ben posicionado cadro de Julio Vila. Pero a lesión de Alberto Recarey, e o gol de José Ángel pouco despois deixaban tocados aos locais e espoleaban aos de Félix, que seguiron buscando unha vitoria que conseguía pouco despois Josiño. Aínda tivo algunha o equipo local tras recuperarse do doble mazazo, sobre todo un remate do xuvenil David Lema que tivo que sacar a defensa baiesa baixo paus.
Muros - Corme (1-2)
- Muros: Fran, Alon, Gesto, Juan, Benji, Xaco, Peski, Ra, Quin, Xavi e Ginki. Tamén: Anton Sel, Flavio, Dani, Xavi e Je.
- Corme: Quique, Xoel Amado, Senén, Aitor, Eloy Villar, Mauro, Lucas Figueroa, Borja Torrado, Lucas, Teo e Samu Costa. Tamén: Noel, Brais Pailos, Ista, Joshua, e Xoel Castro.
- Goles: 0-1, m.36: Xoel nun córner; 1-1, m.74: Flavio de falta; 1-2, m.93: Isra.
Igualado partido no Eleuterio Balayo que, cando todos asinaban o empate, se decantou polo cadro cormelán no desconto.
Primeira parte sosa por parte dos dous equipos, con poucas ocasións de gol, tendo iso si, unha de Benji que cruzaba demasiado. Pasada a media hora o Corme adiantaríase nun córner.
A segunda comezaría co Corme avisando cunha gran ocasión, pero o choque estaba igualado, con control e ocasións en ambos lados. Fran e Xavi avisaban para os de Vinto, pero tamén Ginki tiña que lucirse para evitar que os de Adrián Lema sentenciasen. O empate chegaría nunha maxistral falta lanzada por Flavio a 15 do final, e aí, coa inercia, o Muros veuse arriba, partíndose por momentos, e permitindo que o Corme nunha contra no desconto, levase os puntos de Miraflores.
Lira - Coristanco (1-0)
- Lira: Aitor, Cortizo, Ángel Vigo, Xoel, Lois, Golpes, Cibrán, Juan, Migueliño, Pablo Leis. Tamén: Xián, Fran Periko, Ramón, Felipe e Alex Beiro.
- Coristanco: Rubén, Samuel, Chechu, Jonathan, Prego, Dani Vázquez, Javi, Xoel, Kevin, Dani Lou e Dani Casti. Tamén Hugo Fraga, Matteo, Izan Pena e Anxo.
- Gol: 1-0, m.73: Cibrán.
Importante partido da zona baixa que permite ao Lira seguir soñando coa permanencia, ao que chegaban os dous equipos co baixas. O Coristanco comezaba tendo a posesión, ante un Lira que esperaba ordeado atrás e buscaba aproveitar os espazos que xeraba ese control dos de Iván Vázquez, que trataba de avanzar con accións combinativas pero deixaba moitos metros ás costas da súa liñaa defensiva. Si que tiveron os visitantes un par de tiros lonxanos que repeliu o longueiro, mentres o Lira, con Raúl e sobre todo con Cibrán estiveron moi activos atacando os espazos.
Non cambiou a dinámica na segunda, co Coristanco dominando e tendo tamén algunha chegada como outro tiro ao longueiro. No ecuador do segundo tempo, unha combinación entre o veterano Fran Periko e o xuvenil Cibrán permitíalle a este, cunha gran definición, anotar o gol da vitoria para os de Óscar Leis, nunha das únicas chegadas claras que tiveron.
O Coristanco apretou e envorcouse a polo empate pero con máis corazón que cabeza, tendo aínda o Lira algunha contra.
Porteño - Soneira (1-1)

- Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Joseba, Iván, Alfredo, Mayor, Darío, Yuyo e Alan. Tamén: Joel, Martín, David Pasantes, Ibra e Carrabete.

- Soneira: Pity, Maikol, Pichi, Héctor, Adrián Canosa, Javi Lema, Brais, Oreiro, Cachi, Richi e Vía. Tamén: Gusa, David LP, Sergio, Carlos e Bieito.
- Goles: 1-0, m.3: Alfredo; 1-1, m.94: Pichi.

Partido con máis emoción que fútbol na Grixa, sobre un céspede algo recuperado pero castigado. Comenzaba golpeando moi rápido o equpo de Pirucho, e nun saque de esquina que tras un mal despexe Cachi Alfredo abría o marcador. O equipo local tivo momentos bos, con ocasións para Darío que mandaba un remate ao longueiro, ou un remate arriba de Alftedo, ou un remate de Brais nun rexeite a tiro de Mayor. Pero tamén o Soneira conseguía mandar na medilar en moitos momentos, pedindo tamén un posible penalti por mans de Mayor, ou unha gran parada de Mariolo.
Na segunda saían ben de novo os locais e Alan e Pejo facían lucirse a Pity, e Mayor obrigaba a un defensa sacar baixo paus. Pero pouco a pouco o Soneira comezaba a inclinar o campo, e meter balóns arriba, lanzar moito balón parado sobre área local. Xa acabando, despois dunha ocasión de Ibra a centro de Carrabete, o Soneira fixo unha boa combinacion entre Vía e Sergio, que Pichi culminaría para o empate final.

Cee - Monte Louro (1-5)
- Cee: Jorge, Regueiro, Diouck, Dani Fontaíña, Rober, Carlos, Anxo, Jose, Eze, Oreiro e Trini. Tamén: Noé, Óscar, Jonathan, Iago e Sergio.
- Monte Louro: Pedro, David Pais, David Lestón, Samuel, Miguel Verán, Raúl, Xián, Riki, Brais e Fari. Xacobo, Manolo Chouza, David, Fabio e Javi.
- Goles: 0-1 m.38: Brais; 0-2, m.41: Brais; 0-3, m.55: en propia; 0-4, m.82: Fari; 1-4, m.86: Jose; 1-5, m.90: Javi.
Pouca historia no partido nun horario frío, no que os locais competiron ben durante a primeira media hora, ata que en dous dúas combinacións antes do descanso, Brais marcou dous goles aproveitando erros da defensa local. Antes, xa o cadro de Bibi, tivera un par de chegadas por banda de Íker e Fari, pero que sufrira a lesión de Riki.
Xa entregara a culler na segunda o Cee cando aínda se marcou en propia meta para deixar sentenciado o partido.

Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.20: Camariñas e Soneira aproveitan as táboas dos rivais directos.
- X.19: Xallas e Camariñas manteñen a pelexa.
- X.18: O Xallas alcanza no alto ao Camariñas.
- X.16: O Xallas supera a proba do Baio e persegue ao líder.
- X.15: O Monte Louro tamén frea ao Camariñas e o Xallas apreta por detrás.
- X.14: O Soneira impide que o Camariñas remate o ano invicto.
- X.13: O Camariñas tamén pode co Baio.
- X.12: O Camariñas amplía a renda mentres Mazaricos e Porteño selan táboas demostrando melloría.
- X.11: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento.
- X.10: O Xallas empata no Vicente Carril.
- X.9: 4 perseguidores detrás do intratable Camariñas.
- X.8: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio.
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.