2ª FUTGAL: O Porteño frea ao Camariñas e o Xallas volve recurtar

Disputábase a xornada 17, adiada a finais de xaneiro por un temporal, na Liga da Costa. E a cousa por arriba volve apretarse. Se a semana pasada era o Camariñas o que aproveitaba o tropezo do Xallas para abrir fenda, esta semana o Xallas volve colocarse a só 1 punto do líder, tras vencer o venres ao Outes e aproveitar a vitoria do Porteño no derbi camariñán.
A xornada deixaba tamén outros dous derbis, un soso no Pinguel, onde o Ponteceso foi máis eficaz e superou ao Corme; e outro moi vivido en Vimianzo, coa loita pola 3ª praza en xogo, no que o Soneira deu un paso fundamental, superando ao Baio na táboa.
Sorprendeu aí a derrota do Monte Louro na casa ante un Corcubión que vén de menos a máis, meténdose agora tamén o Porteño, e ata Ponteceso, Corme e Corcubión, na loita pola terceira praza.
Por abaixo, destacar a reacción do Mazaricos, ao que por fin lle entraron as ocasións, así como a ocasión perdida polo Lira de engancharse á loita pola permanencia, peor o Muros venceu en Lombáns e escapa a 9 puntos. O Coristanco tamén espantou pantasmas en Cee deixando a lirachos e ceenses cun pé en 3ª a falta de 9 xornadas.
Porteño - Camariñas (2-1)
- Porteño: Mariolo, Pejo, Braus Mouzo, ablo, Iván, Martín, Mayor, Darío, Nico, Alfredo e Yuyo. Tamén: Rodri, Ventoso, Miguel, Joseba e Martín Carrabete.
- Camariñas: Jorge. Víctor, Borja (Caamaño), Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Hugo), Roi, Javi, Nazo, Mario e Djibril.
- Goles: 1-0, m.13: Yuyo; 1-1, m.84: Javi Antelo de falta; 2-1, m.89: Yuyo.

Impresionante ambiente na Grixa para o derbi camariñán. O encontro foi moi igualado, o Camariñas intentando mandar co balón nos pés ante un Porteño ben colocado e sen fisuras. Non estiveron finos os de Cabrejo co balón e o Porteño aproveitaba para meterse pronto por diante cun tanto de Yuyo que aproveitaba un despexe de Jorge.
O Camariñas tiña un par de chegadas de Mario e de Djibril, e os de Pirucho puideron ampliar a renda cunha de Martín que salvou Jorge e outra de Alfredo a centro de Mayor.
A segunda metade foi máis bronca, con máis interrupcións, onde o Camariñas non conseguía profundidade, pero coas liñas adiantadas permitindo algunha contra local. Yuyo e Pablo tiveron cerca o segundo para os locais, pero a falta de 7 minutos, unha falta ao borde da área, lanza Javi Antelo, pega nun defensa e se cola ante a mirada de Mariolo. O Porteño reaccinou e saíu da área, forzaba unha protestada segunda amarela para o goleador Javi, e tras un tiro alto de Darío, un centro chut de Yuyo acaba colándose na meta de Jorge.
Aínda quedaba un longo desconto, co Camariñas envorcado buscando o empate.
Soneira - Baio (2-1)
- Goles: 1-0, m.5: Pichi; 2-0, m.80: Bieito a pase de Sergio; 2-1, m.92: Chechi.
Intenso derbi en Vimianzo, coas bancadas ateigadas dos dous equipos da comarca, moitas disfrazadas de Entroido, ademais. O Soneira moi serio saía a mandar no partido e pronto, no min 3, Pichi seguiría co seu idilio goleador e tras un erro de saída de balón do Baio levaría o balón ata as mallas do conxunto rival. O cadro local, mediante a posesión do balón fixo que o Baio apenas tivese chegadas claras.
No segundo tempo, xa co vento a favor, seguíu o Soneira tendo máis o balón. A cousa ía tranquila ata os últimos 10 minutos. Pegaba o cadro local, obrigando a Rodri a facer un paradón a un cabezazo do mariscal xuvenil Héctor, e facendo o segundo por medio e Bieito. Pero aí o Baio envorcouse aínda máis, recurtando por medio de Chechi, deixando un longo desconto tremendamente intenso e vivido. Unha vitoria moi vivida polo Soneira e inxusta para o cadro baiés.

Lira - Muros (0-2)
- Goles: 0-1, m.62: Dani Jurjo de latigazo dende a frontal; 0-2, m.64: Pelos.
Vitoria chave do Muros en Lombáns, que frea a remontada do Lira e o deixa aínda 8 puntos por debaixo dos postos de salvación.
Foi un partido igualado, cun Lira algo máis metido na primeira metade, cunha ocasión deo xuvenil a Cibrán obrigaba a facer un paradón a Aitor e un tiro de Raúl. Tamén o Muros tiña un tiro de Dani Jurjo a pau.
Na segunda, mesma dinámica, tiña tamén o cadro local unha falta ao pau de Juan. Pero nun balón na frontal, Dani Jurjo lanzaba un latigazo para abrir o marcador, e case que na xogada seguinte Pelos facía o segundo que deixaba KO aos lirachos.
Ponteceso - Corme (3-0)
- Goles: 1-0, m.28: Martín Puente; 2-0, m.40: Eloy Álvarez; 3-0, m.95: Neira.
Ponteceso e Corme disputaron o derbi do Concello nunha tarde fría no ambiente e no fítbol desplegado polos dos equipos. Os locais deronlle a iniciativa a uns visitantes que nunca estiveron cómodos e aos non lle saíu nada, esperaban no seu campo replegado. Máis acertados estiveron os de Julio Vila, que abriron o marcador gracias a un golazo de tiro libre executado maxistralmente por Martín Puente á media hora. Os de Corme intentaban reaccionar pero apenas chegaban á meta de Darío, e antes do descanso, unha boa internada de Ángel pola dereita permitiría a Eloy Álvarez facer o segundo.
Na segunda o Ponteceso volveu ceder terreo, e buscando contras nun patido sen tensión nin ritmo. O postreiro gol de Neira no desconto cerrou un partido bastante insulso.
Xallas - Outes (1-0)
- Goles: 1-0, m.23: Rubén Sande aproveita un rexeite de Ryan e tiro de Macareno.
Venres noite de partido en Fontenla, comezando o partido co Outes moi metido no partido, dominando e chegando por bandas. Pero pouco a pouco o Xallas ía facendo dano por banda coa velocidade de Blanco, Macareno e Sande, e nun roubo lanzaban unha contra e colocaban o equipo por diante.
Pero o equipo xalleiro está nun momento físico algo máis frouxo, e o Outes estaba moi enriba, tendo ocasións claras para empatar. Si que pode volver contar Doriño co capitán Doro, que volvía despois de 3 meses, e os verdes tamén tiveron algunha ocasión para sentenciar.
Mazaricos - Cabana (3-0)
- Goles: 1-0, m.5: Kevin; 2-0, m.41: Kevin; 3-0, m.93: Molinos.
Entráronlle, por fin, os goles ao Mazaricos de Marcos, que levaba moitas semanas practicando moi bo fútbol pero fallando cara gol. Os locais, co vento a favor, tiveron boas ocasións. Na segunda, os cabaneses tiveron unha ocasión clara para meterse no partido, que puido ser penalti pero a vantaxe acabou co balón no poste.
Gañan os amarelos así un partido chave para sacar a cabeza da zona perigosa, deixar o descenso a 10 puntos, e intentar meter áis xogadores na zona baixa.
Cee - Coristanco (3-4)
- Goles: 0-1, m.67: Diego Castro; 0-2, m.67: Dani Casti; 0-3, m.70: Diego Castro; 1-2, m.75: en propia; 1-4, m.77: Diego Castro; 2-4, m.78: Eze; 3-4, m.90: Eze.
Partido aburrido na primeira parte que acabaria 0-0, sin apenas ocasións e igualado en posesión. Sería na segunda cando o partido se rompe e ambos equipos disponrían de ocasións sendo o Coristanco o que se adiantaría aproveitando os habituais erros defensivos ceenses. Pero a pesar de colocarse 1-4, o Cee apretaba no treito final e, con dous goles de Eze, metía a incerteza no marcador, pouco antes de protagonizar o susto do partido, cando despois dun mareo quedaba no chan uns segundos.
Monte Louro - Corcubión (1-4)
- Goles: 1-0, m.6: Iker; 1-1, m.18: Isaac; 1-2, m.36: Mario; 1-3, m.49: Isaac; 1-4, m.81: Castreje.
Sorpresa en Louro cun Corcubión que vén de menos a máis ante un Louro que segue pelexando moi arriba. A pesar do gol inicial dos de Bibi, o Corcubión tomaba o mando, facendo un gran partido. Empataría Isaac de tiro cruzado e Mario pouco despois faría o segundo. Os de Ángel López e Isi maniataban a zona de creación dos locais o que lle impedia crear ocasións.
Na segunda, moi pronto Mario facía o terceiro. O cadro loureán viríase arriba con máis corazón que cabeza e á contra sentenciaba o cadro visitante.

Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.21: O novo empate do Xallas permítelle ao Camariñas volver distanciarse.
- X.20: Camariñas e Soneira aproveitan as táboas dos rivais directos.
- X.19: Xallas e Camariñas manteñen a pelexa.
- X.18: O Xallas alcanza no alto ao Camariñas.
- X.16: O Xallas supera a proba do Baio e persegue ao líder.
- X.15: O Monte Louro tamén frea ao Camariñas e o Xallas apreta por detrás.
- X.14: O Soneira impide que o Camariñas remate o ano invicto.
- X.13: O Camariñas tamén pode co Baio.
- X.12: O Camariñas amplía a renda mentres Mazaricos e Porteño selan táboas demostrando melloría.
- X.11: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento.
- X.10: O Xallas empata no Vicente Carril.
- X.9: 4 perseguidores detrás do intratable Camariñas.
- X.8: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio.
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.