sábado. 15.03.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: O Xallas tropeza ante o pechacancelas

Monte Louro-Porteno-FotoEdu Olveira 3
Imaxe do Monte Louro-Porteño-FotoEdu Olveira
2ª FUTGAL: O Xallas tropeza ante o pechacancelas

Como está o alto da Liga da Costa. Camariñas e Xallas están protagonizando unha fermosa loita tendo capítulos novos cada semana. Desta volta o beneficiado por o Camariñas, que non fallou na casa ante o Muros e aproveitou o tropezo do Xallas na casa do pechacancelas. Quedan agora os camariñáns con 3 puntos de vantaxe sobre os xalleiros, con 8 xornadas por diante.

Na segunda loita, Soneira e Baio superaron complicados exámenes ante Mazaricos e Ponteceso respectivamente, e se perfilan como os dous aspirantes á terceira praza, unha vez que o Monte Louro deixou escapar os puntos de Agra da Filgueira nun partido estrano ante o Porteño.

Cee - Xallas (1-1)

  • Cee: Iván Bouzón, Oreiro, Diouck, Dani Fontaíña, Josiño, Anxo, Carlos, Iago Trillo, Fidalgo, Eze e Trini. Tamén: Jorge, Rober, Alex Muíño e Víctor Agulleiro.
  • Xallas: Iván Couto, Joel, Ra, Asier, Fidi, Steven, Adriñan, Doro, Sergio Barbeira, Ruben Blanco e Rubén Sande. Tamén: Iván García, Julián, Dani Barbeira, Makareno e Adri Couto.
  • Goles: 0-1, m.11: Doro de cabeza; 1-1, m.18: Eze.

Partido trampa o que se atopou o Xallas en Cee ante un cadro ceense que estivo moi serio. O Cee comezou co vento a favor, e malia recibir un tanto de cabeza de Doro moi pronto, conseguía resarcirse cun gol de Eze pouco despois. Os balóns longos dos locais provocaban que o partido se xogase en campo xalleiro.

Na segunda, o Xallas buscou o balón e entrar pola amplitde por bandas, e a pesar da súa superioridade física, non conseguiu de acabar de romper o partido. Pouco a pouco os xalleiros foron apretando os de Doriño varias ocasións como unha de Doro, unha de Makareno e outra de Barbeira.Pero tamén Anxo tivo unha clara contra o final para os de Rafa.

Baio - Mazaricos (2-1)

  • Baio: Rodri, Bruno, Pablo, Alex Muíño, Manuel Vila, Pazos Carreira, Sergio Antelo, Chechu, Josiño, Sergio, MC. Tamén: Yago, Bieito, Rubén e Mamadou.
  • Mazaricos: Iker, Luís, Fabio, Borja, Sergio, Matías, Mario, Bryan, Marcos, Sandelo e Kevin. Tamén:
  • Goles: 1-0, m.16: Sergio Antelo; 2-0, m.71: Pazos; 2-1, m.83: Bryan.

Partido xogado en campo baiés, cun Mazaricos de Marcos, que malia a súa sensación de “frustración” pola “inxustiza deste deporte”, segue apostando polo control do balón e o xogo combinativo. O equipo de Felix esperaba atrás e buscaba perigosas contras, tendo varias ocasións claras ademais dos dous tantos. Os amarelos mereceron o empate pero o gol de Bryan a 10 do final, non foi suficiente para acadalo.

Soneira - Ponteceso (3-2)

  • Soneira: Pity, Maikol, Gusa, Adrián, Brais, Oreiro, Cachi, Pichi, David LP, Vía e Richi. Tamén: Sergio, José Antonio, Carlos, Sergio, Bieito.
  • Ponteceso: Brais, Ángel, Dani Rod., Mario, Javi Souto, Brais Simal, Mendieta, Puente, David Castro, Mara, Iván Rod. Tamén: Darío, Ures, Juan Rey, Neira e Camilo.
  • Goles: 0-1, m.14: Dani Rod.; 1-1, m.55: Brais; 2-1, m.71: Gusa nun córner; 3-1, m.78: Richi; 3-2, m.83: Neira.

O Soneira e o Ponteceso vianse as caras nun partido ben disputado, a pesar das baixas nas dúas escuadras. O dominio sería dos locais durante case todo o partido ante un Ponteceso replegado esperando á contra nun choque moi físico.
Adiantaríanse os de Julio Vila moi pronto cun gol do xuvenil Daniel Rodriguez, nunha das poucas chegadas dos visitantes nunha primeira metade na que os locais tampouco conseguiron crear ocasións claras.

Cambiaron as tornas na segunda. O Soneira apretaba dende o comezo, máis vertical, e xa aos 10 min Camilo facía penalti sobre Richi que Vía mandaría ao pau. Pouco despois Brais conseguía empatar. Os de Josiño Abelenda, lonxe de conformarse, seguiron dominando e indo polo partido, e Gusa nun córner e Richi pouco despois tras roubar un balón en medio campo e marcharse de cantos defensas lle saían ao paso, abría fenda. O gol de Neira no 83 trouxo emoción a uns minutos finais nos que os visitantes buscaron a igualada con máis forza que xogo.

Monte Louro - Porteño (0-0)

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel Verán, Juan Lois, Abel, Xián, Álvaro Fary, óscar Fary, Luismi, Íker e Rodri. Tamén: Brais, Rapante, Chouza, Iago e David Pais.
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Joseba, Iván Lema, Alfredo, Darío, Mayor, Nico e Yuyo. Tamén: Ventoso, Martín, Miguel, Pablo e Carrabete.
Monte Louro-Porteno-FotoEdu Olveira
Foto: Edu Olveira

Partido igualado en Agra da Filgueira ao que chegaba o cadro local recuperando varios efectivos. En fronte, un Porteño que non fixo o mellor partido, ao que lle custou controlar o medio campo e que se viu superado polas bandas polos locais.

As mellores ocasións foron para os locais, pero os Íker, varias veces, Fary ou Pablo se atoparon cun excelente Mariolo. Así e todo, ao final aínda tivo arrestos, con 10 trala expulsión de Mayor a 15 do final, de sacar algunha contra perigosa o cadro de Pirucho. Polo que ambos dan o empate por bo.

Mariolo faille un paradon a Iker no Monte Louro-Porteno-Foto-Edu Olveira
Mariolo faille un paradon a Iker no Monte Louro-Porteño-Foto-Edu Olveira

Corme - Cabana (3-0)

  • Corme: Quique, Borja torrado, Aitor, Joshua, Eloy Villar, Mauro, Senén, Figueroa, Teo, Isra e Lucas. Tamén: Brais Pailos, Yago, Samu Costa, Álvaro e Xoel.
  • Cabana: Manu Nantón, Mario, Noé, Ferreiro, Aarón, Nando (David), Hugo (Miki) Moreno, Simón, Migueliño (Leis), Cristian (Pablo).
  • Goles: 1-0, m.31: Teo; 2-0, m.48: Borja Torrado; 3-0, m.80: Yago.

Primeira parte moi igualada ainda que o Corme estuvo mais cómodo no seu plan de partido buscando facer dan por bandas. Os de Mingui tiveron varias chegadas nos péss de Migueliño e na cabeza de Ferreiro pero serían os de Adrián os que acertarian nunha das poucas chegadas que tiveron por medio de Teo.

Saía forte o Cabana pero de contado Borja Torrado ampliaba a renda para os locais. Quedaban con 10 os locais pola expulsión de Aitor con 40 minutos por diante, pero nin así foron capaces de meterse no partido os cabaneses e o Corme sentenciou á contra.

Camariñas - Muros (3-0)

  • Camariñas: Jorge, Víctor (Pablo Carril), Borja, Caamaño, Oliver, Moriño (Manuel), Roi, Nazo (Gora), Soule (Hugo), Mario e Djibril.
  • Muros: Aitor, Fran, Alon, Gesto, Quin, Dani, Xaco, Benji, Peski, Xavi e Javi. Tamén Flavio, Ginki, Jesús, Antón Sel. 
  • Goles: 1-0, m.18: Djibril tras xogada de Mario por banda; 2-0, m.34: Soule a centro de Mario; 3-0, m.79: Djibril de espectacular remate a un córner botado por Mario.

Bo partido do líder ante o Muros, no que se demostra a importancia dos dous senegaleses do equipo. Comezaban os de Cabrejo xogando rápido e entrando por banda con Soule e Mario que desbordaban seguido, creando ocasións e deixando o 1-0 para que Djibril anote o primeiro tanto do ano. Puideron ampliar Mario, Soule e Nazo, pero non sería ata preto do descanso cando se repetía a internada de Mario desta volta para que Soule fixee o segundo.

Na segunda o Muros buscou máis o campo contrario, pero con espazos os Mario e Nazo facían moito perigo. A falta de 10 minutos o corner que saca Mario, remata espectacular Djibril para facer o 3-0. Puido meter o da honra o Muros pero fallaron unha pena máxima.

Corcubión - Lira (1-0)

  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Gorka, Jose, Castreje, Mario, Borja, Alex Díaz, Samu Rama, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Jon, Luís Lojo, Martín, Samu Trillo e Marcos.
  • Lira: Carlos, Isaac, Cartamil, Lois, Ángel Vigo, Goyes, Migueliño, Juan, Cibrán, Oli e Raúl. Tamén: Christian, Fran Periko, Pablo Leis, Ramon e Carlos.
  • Gol: 1-0, m.83: Iago Lema a pase de César Lojo.

Partido trabado no Cubaleiro, cun Corcubión que dominaba pero que non conseguía abrir a tea de araña do cadro liracho. Non ata que a 10 do final unha xogada da dupla corcubionesa permitíalle aos de Ángel Ventanas e Isi romper a igualada.

O Corcubión tivo máis chegadas, e mesmo pediu tres penaltis, pero o cadro de Óscar Leis tamén puido levar o partido en varias contras. Ao final, puntos que quedan na casa para un Corcubión que mira para arriba.

Coristanco - Outes (3-3)

  • Coristanco: Rubén, Chechu, Damián, Jonathan,Sergio,Javi, Dani Vázquez, Kevin, Samuel, Dani Castiñeiras e Diego Castro. Tamén: Hugo Fraga, Xoel Álvarez, Nico de la Fuente, Rodrigo Prego e Dani Loureiro.
  • Outes: Ryan, Stefan, Babu, Alberto, Sanchiño, Mario, Iván, Xabi, Kevin, Martín e Keko. Tamén: Cristian, Veleiro, Yago Dosil, Adri e Aarón.
  • Goles: 0-1 m.60: Sanchiño nunha falta lateral; 11, m.60: Diego Castro; 1-2, m.66: Martín noutra nova falta lateral; 2-2, m.78: Dani Vázquez; 3-2, m.93: Diego Castro de penalti cometido sobre Dani Vázquez; 3-3, m.95: Yago Dosil de penalti cometido sobre Keko.

Partido con varias fases que comezaba moi espeso pero que acababa case que de infarto. Os dous equipos chegaban coa necesidade de non verse en líos, pero os xogadores estaban atenzados, con pouco fútbol e moita disputa.

Abriuse algo máis na segunda. Os de Gonzalo Macrón se adiantaban pero de contado empataban os Iván Vázquez. Poríase por diante o Outes, outra vez de balón parado, e, de novo, empataría Dani Vázquez despois do rexeite do porteiro visitante. O Outes, que quedaba con 10 pola expulsión de Babu, tería unhas canta ocasións que salvaría Rubén. Pero aínda quedaba a traca final, con dúas penas máximas case consecutivas unha en cada área para selar o tolo empate final.

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Comentarios