2ª FUTGAL: O Xallas deixa escapar ao Camariñas

Imaxe do Ponteceso - Monte Louro. Foto- Edu Olveira

Novo tropezo do Xallas (os de Doriño levan 4 xornadas sen gañar, despois dunha serie de 8 vitorias seguidas) o que lle permite ao Camariñas ampliar a vantaxe. Os de Cabrejo sumaron a súa 5ª vitoria seguida goleando ao Cabana nas Redondas con dous tripletes de Djibril e Mario), e sacan agora 6 puntos aos xalleiros.

Na segunda batalla, Soneira e Baio sumaron sendos empates, permitindo que Porteño e Corme se acheguen por detrás uníndose á pelexa.

Outes - Corcubión (1-1)

  • Outes: Ryan, Stefan, Paullo, Berto, Martín, Sanchiño, Jura, Iván, Xabi, Yago Dosil e Keko. Tamén: Claudino, Cristian, Veleiro, Adri, e Aarón.
  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Castreje, Marcos, Dani, Alex Díaz, Luís Lojo, Mario, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Gorka, Samu Rama, Antón, Borja Bouzón e David Lojo.
  • Goles: 1-0, m.: 30: Stefan; 1-1, m.95: César Lojo de penalti.

Frouxo partido no Cunchido que comezaba con media hora de disputa pero poucas chegadas ata que Stefan abría o marcador cun tiro dende fóra da área. Pouco despois Sanchiño era expulsado por dous cartóns, e antes do descanso tocáballe saír do campo a Mario cunha vermella directa por protestar. Dúas decisións protestadas por ambos equipos. Keko tivo a última ocasión do primeiro tempo.

Non melloraba o partido na segunda, cun Outes máis pechado, pero sacando contras por medio de Keko e Berto que piodero sentenciar o partido. Pero non o fixo e no desconto, nunha barullo na área local, o colexiado sinala penalti que transforma en empate.

Xallas - Corme (1-2)

  • Xallas: Iván Couto, García, Ra, Facal, Asier, Fidi, Makareno, Adrián, Doro, Sergio Barbeira, Rubén Blanco. Tamén: Steven, Rubén Sande, Alberto Jallas, Álvaro e Carro.
  • Corme: Quique, Borja Torrado, Borja Seoane, Eloy Villar, Senén, Mauro, Isra, Joshua, Figueroa, Lucas e Teo. Tamén: Noel, Brais Pailos, Yago, Samu Costa e Álvaro Sanz.
  • Goles: 1-0, m.48: Sergio Barbeira; 1-1, m.50: Samu Costa aproveita o rexeite de Couto; 1-2, m.92: Isra marca un golazo pola escuadra tras recortar cara dentro.

Primeira metade igualada, sen demasiadas ocasións, con dominio dos de Doriño pero sen acerto. O Corme, que está nun bo momento físico, implantou un ritmo moi alto e obrigou a esforzarse aos locais.

Doro estaba marcando o tempo do partido, pero volveu romper, e o cadro local quedou orfo de timón. Antes, ao comezo da segunda, adiantárase o Xallas pero o Corme empatara de contado.

Ao equipo local non lle valía o empate e fose arriba, deixando espazos tamén para as transicións. Cos xuvenís Alberto e Álvaro, o Xallas tivo algo de aire, pero non acertaron as súas, e no desconto, un golazo tremendo de Isra nunha transicion rápida decantaba o choque para os de Adrián Lema.

Cabana - Camariñas (0-6)

  • Cabana: Manu (Alvarellos), Leis, Noé, Ferreiro, Aarón, Nando (David), Simón, Moreno, Miki (Hugo), Migueliño (Roi), Castro (Pablo).
  • Camariñas: Pablo, Víctor, Caamaño (Manuel), Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Gora), Roi (Hugo), Javi (Carlos), Soule, Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.4. Djibril a centro de Mario; 0-2, m.11: Djibril a pase de Soule; 0-3 m.45+2: Mario de cabeza remata un córner botado por Javi; 0-4, m.61: Mario; 0-5, m.81: Djibril de penalti; 0-6, m.83: Mario.

Partidazo do Camariñas nas Redondas, sorprendendo cun ritmo moi alto dende o comezo, e, co vento a favor, xa conseguía dous goles en 10 minutos, con Mario e Soule facendo das súas por banda e Djibril rematando todo. Apenas chegou unha vez o Cabana á área contraria na primeira metade, nun remate de Ferreiro á saída dun córner, mentres que Mario no desconto do primeiro facía o terceiro, tamén nun córner.

Saían algo mellor os de Mingui na segunda, pero pronto chegaba o cuarto nunha contra de Mario. Pouco despois o meta Diego era expulsado nunha xogada que ademais foi penalti para o quinto. O Cabana aínda lanzou dosu balóns á madeira de Moreno e Castro, pero o que marcaría o sexto sería Mario.

Tripleta para Djibril e Mario. O senegalés colócase de novo pichichi en solitario con 22 goles, polos 20 do corcubionés César Lojo. MC ten 15 e precisamente Mario ten 13 xa.

Muros - Coristanco (1-1)

  • Muros: Aitor, Fran, Alon, Gesto, Juan, Xaco, Dani, Flavio, Peski, Xavi e Javi Pelos. Tamén: Ginki, Quin, Antón, Jesús, Ra.
  • Coristanco: Rubén, Chechu, Belarmino, Jonathan, Sergio, Javi, Dani Vázquez, Kevin, Dani Lou, Prego e Diego Castro.
  • Goles: 0-1, m.23: Chechu a centro de Kevin nunha falta lateral; 1-1, m.64: Xaco de cabeza a un centro de Ra.

Chegaba o Coristanco a Miraflores con 11 xogadores xustos, pero comezaba máis dominador, entrando ben por bandas, ante un equipo de Vinto máis espeso. Adiantábanse os de Iván Vázquez, e puideron ter ampliado a renda con sendas ocasións de Kevin e Dani Lou. Co paso dos minutos o Muros ía tomando o mando e Xavi avisaba cun roubo e disparo lambendo o pau.

Na segunda metade, coa saída de Ra e Jesús, o equipo local saíu moito mellor, tomando as rendas do partido e aproveitando que as forzas dos visitantes ían decaendo. Foron chegando ocasións, ata un penalti que Rubén lle parou a Pelos, que aparecía unha e outra vez. Só Xaco de cabeza nun centro de Ra, foi quen de superalo, pero Fran, Jesus, Alonso, Xavi ou Dani non acertaron as mellores ocasións para os locais. Aínda así, un mancado Sergio Lorenzo tería unha ocasión clara antes do pitido final para os visitantes.

Ponteceso - Monte Louro (2-1)

  • Ponteceso: Darío, Juan Rey, Pedro, Luca, Mendieta, Iván Rey, Martín Puente, Camilo, Mara, David Castro e Neira. Tamén: Brais, Ures, Ángel, Eloy Álvarez e Hugo Veiga.
  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Rodri, Miguel Verán, óscar Fary, Abel, Álvaro Fary, Brais Íker, Luismi e Raúl. Tamén: Xián, Iago, Javi, Samuel e Manolo Chouza.
  • Goles: 0-1, m.15: Brais á saída dun córner; 1-1, m.19: Iván; 2-1, m.46: Luca nun córner.
Ponteceso - Monte Louro

Tres goles de córner no Pinguel demostran a importancia no balón parado. O choque comezaba igualado, con dous córners en cada área que facían moverse ao marcador. De aí ao descanso poucas oportunidades agás un man a man de Iker que regatea a Darío pero se lle vai o balón longo.

Na segunda, nada máis saír, Luca metía para os de Julio Vila. Parecia que levaban a iniciativa o Ponteceso ante un Louro un pouco aletargado e mesmo puido sentenciar nalgunha que outra aproximación. Pero non foi tal e os de Bibi pouco a pouco foron cercando a meta de Darío e mesmo dispuxeron dunha boa oportunidade que o árbitro interpretou como fóra de xogo e que foi moi protestada.

Porteño - Cee (2-0)

  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Pablo, Joseba, Alfredo, Martín, Yuyo, Nico Ventoso, Carrabete. Tamén: Darío, Alan, David, Joel, Thiam.

  • Cee: Iván Bouzón, Iago, Diouck, Fontaíña, Rober, Carlos, Anxo, Jose, Fidalgo, Eze, Trini. Tamén: Jorge, Munitis, Alex Muíño, Mauro e Víctor Agulleiro.
  • Goles: 1-0, m.72: Darío; 2-0 m.82: Alan.
Os capis Josiño e Pejo co colexiado Carlos Señarís. Fotos Parker

Partido moi igualado no que un mellorado equipo de Rafa formulou un choque intenso, moi firme atrás e sen erros, tendo ata dúas contras que tivo que salvar Mariolo.

Os de Pirucho foron madurando o partido a lume lento, e non conseguiron romper a tea de araña ata ben entrada a segunda metade. A entrada dos Alan, David, Darío e Thiam incrementou o ritmo de xogo dos locais, e o dominio xa foi total dos locais, marcando dous tantos. 

Lira - Baio (2-0)

  • Lira: Aitor, Isaac Maceiras, Cartamil, Lois, Golpes, Miguel, Juan, Cibrán, Raúl, Pablo Leis, Oli. Tamén: Ramón, Christian, Ángel, Xoel, Carlos.
  • Baio: Rodri, Pablo, Norberto, Pazos, Lucas, Carreira, Manu Vila, Sergio Antelo, Álex Muíño, Rubén e MC. Tamén: Bruno, Josiño, Mamadou, Chechi e Aitor Vilas.
  • Goles: 0-1, m.26: Lucas; 1-1, m.31: Juan; 2-1, m.48: Pablo Leis; 2-2, m.80: Manu Vila.

Partido de empate en Lombáns, que comezaba co equipo de Félix máis dominador e adiantándose no ecuador do primeiro tempo cun centro chut que se foi envelenando. Pouco despois Juan facía ás táboas.

Na segunda adiantábase os lirachos nad máis comezar, e o equipo de Óscar Leis aguantou cómodo ata que pouco a pouco, dende o m.25, o Baio comezou a apretar. MC comezaba a facer dano por banda e nunha das súas internadas lanzaba un centro que rematou Manu Vila para facer o empate. Puido caer o terceiro para os visitantes pero os lirachos aguantaron as embestidas.

Mazaricos - Soneira (2-2)

  • Mazaricos: Ángel, Luís, Fabio, Borja, Marcos, Pereiro, Bryan, Brais, Sandelo, Kevin, Molinos. Tamén: Íker, Chumilo, Adrián, Alex Calvo e Sergio.
  • Soneira: Pity, Adrián, Javi, Brais, Pichi, Jose, Cachi, Bieito, David LP, Richi, Vía. Tamén: Maikol, Sergio, Nico, Sergio e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.34: Luís nun córner; 1-1, m.45+2: Vía; 2-1, m.40: Bryan de rexeite a un tiro de Moli; 2-2, m.77: Richi tras un rexeite a un tiro na cruceta.

Fermoso partido na Peña do Ouro, ao que chegaba o Soneira con moitas baixas. Primeira metade igualade con dominio alterno, e un Soneira que estivo xogando ben, e conseguía meterse por diante nun córner. Pero Vía, no desconto, antes do descanso poñía 1-1, nunha xogada na que os locais pedían fóra de xogo.

Moi pronto Bryan facía o segundo para os de Marcos roubando un balón en campo contrario. Tivo un par de ocasións o Mazaricos por medio de Kevin e outro remate remate sen porteiro de Molinos a un centro de Rodri, pero tamén os de Josiño Abelenda apretaban. Nunha boa xogada que termina cun centro e logo do rexeite fai o 2-2 Richi.
De aí ao final aínda puido caer o partido para calquera equipo, como dous mans a mans que salvou Ángel para o Mazaricos.

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL